Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 18 de febrero de 2014

Nova petición atendida polo Concello

Fai xa tempo amosamos a situación de abandono na que se atopaban algunhas das infraestructuras e lugares senlleiros do noso Concello, facendo públicamente unha petición de actuacións de mellora os reponsables municipais, como podedes ver no enlace seguinte:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2012/10/deficiencias-importantes-no-concello.html

A situación do pabellón de Cobelle subsanouse o pouco tempo, pero a demanda de melloras no Campo da Feira Vella da Peroxa non foi atendida.

A situación de abandono e de perigosidade continuaba como amosamos nas imaxes seguintes:




Ante o paso do tempo e a falta de actuacións, trasladamos a situación e as peticións o Pleno do mes de novembro dese mesmo ano 2012 como se pode comprobar na pregunta nùmero 3 feita o Sr. Alcalde:



A resposta feita neste Pleno polo Alcalde foi a seguinte, como podedes ver no extracto da acta correspondente.....(ver resposta pregunta 3):


As obras de mellora, no foron precisamente a principios de ano, pero sí se realizaron as actuacións comprometidas e solicitadas tanto polos veciños e veciñas da zona como trasladadas esas peticións veciñais polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista o órgano plenario do Concello.

As actuacións realizadas melloraron significativamente a situación anterior, con actuación tamén de mellora do asfaltado do contorno do campo....






NESTA ÚLTIMA IMAXE TODAVÍA OBSERVAMOS QUE QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN OU REPARACIÓN DO BANCO EXISTENTE.


Tamén chama a atención a "corrección" que se fixo no cartel anunciador da financiación da obra con modificacións posteriores en canto a cuantía da subvención concedida....

Este è o primer cartel anunciador das obras que foi instalado no lugar....


E posteriormente a cantidade da subvención concedida modificouse ata quedar o cartel seguinte....



Unha diferencia da case 3.000€ que comprobaremos no expediente da citada obra nas oficinas municipais para ver a orixe da citada "modificación".


SEGUIMOS APORTANDO PETICIÓNS DE MELLORA E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR.....

                   ...................E INFORMANDO A VECIÑANZA ¡¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario