Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 14 de febrero de 2014

Coa verdade por diante.....¡¡¡¡

Neste artigo non queríamos extendernos moito xa que creo que é de sobra coñecido por todos a triste situación que estamos a vivir estas pasadas semanas tras a publicación dos problemas existentes no Colexio da Peroxa e publicados polos membros da nosa Agrupación con único fin de acadar unhas solucións que parece non chegan nunca.....

Tal e como dí o refrán....o tempo è o mellor xuiz e coloca a cada quen no seu lugar....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/02/12/psoe-confirma-agua-colegio-peroxa/965627.html?utm_medium=rss

Todos recordaredes a polémica sobre o asunto da dudosa potabilidade da auga no Centro Escolar.

Dende o Concello negouse o problema cando xa no mes de novembro trasladamos esta cuestión o Pleno, posteriormente a raiz nunha publicación na prensa local o propio Sr. Alcalde saia negando problema algún. Asimesmo o propio responsable da xestora do servicio publicaba tamén que os rapaces bebían auga dos grifo e que "en ningún momento lles entregaron auga embotellada os rapaces".

Acusabanos de causar "alarma social".

Tamén se manifestou a dirección do centro garantindo e negando problemas de potabilidade, sin embargo si admitía, en contra do manifestado polo responsable da xestora que "los niños siempre llevaron agua embotellada".....polo tanto alguén estaba a faltar a verdade ¡¡¡¡

Quíxose magnificar o problema da auga a todo o Concello, cando nòs centramos o problema únicamente no Colexio.

Mesmamente, solicitamos o Concello resultados das últimas analíticas, que tras ter que solicitalas por escrito..... presentaronnos análisis de dous puntos do concello que nada tiñan que ver co asunto do Colexio.

A raiz destas publicacións feitas polo Concello, polo responsable do servizo de xestión da auga e pola dirección do Centro (que negaba problemas coa potabilidade da auga, pero que lle daban a auga os cativos embotellada, tal e como indicou a anterior directora...."para previr males"), surxiu una marea de opinións e comentarios nas redes sociais apoiando as súas versiónss, recibindo os membros da nosa Agrupación calificativos como mentirosos.......e afirmacións como que eramos creadores de alarma social, de xogar coa saude das persoas para buscar protagonismo.....etc.

Mesmamente por parte da xestora do servizo de aguas se nos ameazou con denunciarnos xudicialmente pola nosa publicación.

Aguantamos as críticas con total tranquilidade por ter a conciencia moi tranquila pola nosa labor na defensa dos servizos da veciñanza.

TRISTEMENTE, e repito, tristemente para o usuarios do Colexio, as nosas manifestacións confirmábanse en todos os seus puntos trala realización de sendos análisis en diferentes datas onde o resultado foi que a auga era NON APTA PARA CONSUMO HUMANO.

Lamentablemente os analisis poñían de manifesto que se estaba a perder un precioso tempo en buscar culpables en lugar de solucións por parte dos responsables.

Por circunstancias relacionados coas normativas sobre a protección de datos non podemos publicar os analisis neste blog, pero quedan a disposición de tódolos aqueles pais e nais que teñan interese en confirmar os resultados, así como tamén calquer outra persoa interesada.

Con esta publicación queríamos por fin a este sin sentido da polémica que por fin parece vaiselle por solución.....e para chegar a este punto porquè perdemos máis de 3 meses ¡¡¡¡

Antes de rematar queríamos comentar unha recente publicación na prensa de hoxe mesmo onde novamente o Sr. Alcalde confirma a potabilidade da auga do Colexio, buscando novamente culpables....desta vez pondo en duda o traballo dos profesionais do laboratorio (que lembramos son os mesmos que analizan a auga do concello habitualmente), manifestando que colleron as mostras nun grifo que levaba meses sin abrir. A extracción realizouse en presencia da directora actual, e onde indicamos que para recoller as mostras sí se deixou correr a auga un bo pedazo por cuestións que os técnicos calificaron como "clorificación".

Permítese a licencia de indicarlle os técnicos do laboratorio como deben facer o seu traballo, criticando que colleron a auga sin deixar sair a agua estancada.....curiosamente, e sendo o mesmo laboratorio....... que diferencia na súa profesionalidade pode haber en recoller mostras a peticións de uns ou de outros ????

Confirma tamén o Sr. Alcalde que dous analiticas realizadas os días 10 e 12 deste mesmo mes confirman a potabilidade da auga.....situación da  nos alegramos polo ben dos usuarios do Colexio, pero as actucións para chegar a este resultado ben se poderían ter tomado fai tempo.

Con estas aclaracións pola nosa parte cerramos este tema agardando que non volten a producirse incidencias neste asunto.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE ACONTECE NO SEU CONCELLO......AS CONCLUSIÓNS DÈBENAS SACAR OS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario