No DOG de hoxe venres día 7 convocaronse as probas para a OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, para maiores de 18 anos.
Unha interesante convocatoria para completar e rematar os estudos básicos de moitos dos xóvenes que entre outros temos no noso Concello da Peroxa, como requisito básico e imprescindible hoxe en día para o acceso a calquer posto de traballo.
Polo tanto, animamos os interesados a consultar a completa información e requisitos no seguinte enlace a citada convocatoria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0164-300114-0001_gl.pdf
Asimesmo, como sempre, e en cada convocatoria quedamos a vosa disposición para calquer dúbida ou axuda na tramitación da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario