Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Anomalías que precisan melloras ¡¡¡¡¡

Como ben sendo costume publicamos aquí situacións que afectan os veciños e veciñas do Concello da Peroxa e que necesitan actuacións de mellora e arranxo de deficiencias.

Estas situacións son trasladadas os órganos de goberno municipal para que tomen as medidas oportunas para a súa corrección.

En primer lugar queremos amosar a que consideramos de máis importancia pola perigosidade que supón para a veciñanza, sobre todo na circulación de vehículos.

Desta vez é unha caida de troncos de arbores a carretera a altura do pobo das Lamelas que pola súa perigosidade, e sobre todo por unha sinalización escasa pode ocasionar algún dano material pola circulación de vehículos polo citado lugar. Polo que solicitamos a súa retirada.

As imaxes da situación son as seguintes:






Tamén se precisa o arranxo da cancilla de acceso o recinto Feiral de A Peroxa, xa que se desmotou, por causas que descoñecemos das súas guías e permanece inutilizada, segundo se pode comprobar na imaxen seguinte....


No mesmo pobo da Peroxa tamén existe un cartel indicador das ubicacións do pobo do que se desprenderon algunha das chapas indicadoras, situación que precisa tamén o seu arranxo para evitar que se siga deteriorando....


NA PARTE SUPERIOR FALTAN AS INDICACIÓNS QUE PERMANECEN NO CHAN


Finalmente, solicitamos cando o tempo o permita un repaso as soldaduras da baranda da nova grada do campo de fútbol, recentemente construída e que en algúns dos puntos xa comenzan a soltarse e mesmo desprenderse caendo o chan coa perigosidade que supòn para os seus usuarios, especialmente os moitos nenos e nenas compoñentes dos diversos equipos do clube.




AGARDEMOS POLO TANTO, UNHAS ACTUACIÓNS DE MELLORA NAS SITUACIÓNS EXPOSTAS ¡¡¡¡

 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario