UNHA VEZ MÁIS, OUTRO SERVIZO BÁSICO SE SUPRIME NO NOSO CONCELLO. DESTA VEZ TOCOU A UN DOS SERVIZOS MÁIS USADOS, NECESARIOS E DEMANDADOS POLA VECIÑANZA COMO É O SANITARIO.
SUPRIMIUSE UNHA DAS PRAZAS DE MÉDICO DO CENTRO DE SAÙDE DA PEROXA. O MÉDICO EXISTENTE ATA AGORA XUBILOUSE E NON SE VAI CUBRIR CON OUTRO O NON CONSIDERALO O SERGAS NECESARIO COA COMPLICIDADE DOS MANDATARIOS DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP NO CONCELLO DA PEROXA.
Un servizo mèdico que atendía a boa parte dos veciños e veciñas da Peroxa, que ven agora como pasan a súa atención sanitaria o ÙNICO MÉDICO EXISTENTE QUE QUEDARÁ NA PEROXA, para atender os máis de 1.300 posibles pacientes, mermando claramente o servizo e a súa atención sanitaria que ocasionará graves perxuizos no servizo.
Non coñecemos ata o de agora ningunha actuación por parte dos responsables do Concello para tratar de parar este novo recorte por parte da Xunta de Galicia, nun novo ataque a poboación rural, que día tras día se ve privada dos seus dereitos fundamentais.
A única información que teñen os veciños e veciñas do Concello da Peroxa sobre esta situación está resumida no cartel que se colocou na porta do médico, xa que a persoa que da as citas no propio Centro de Saúde da Peroxa, manifesta que non dispón de información da situación.
Este é o cartel que indica a "nova" situación........è pouco explicativo¡¡¡¡
A política sanitaria da Xunta de Galicia é totalmente abusiva e recortadora de dereitos adquiridos e consolidados durante moitos anos e agora está seriamente ameazada coa inclusión do PAGAMENTO DE MEDICAMENTOS, PAGAMENTOS DE PRÒTESIS, PAGAMENTO DE AMBULANCIAS, SUPRESIÓN DA ATENCIÓN SANITARIA A INMIGRANTES E MESMO A PARADOS DE LONGA DURACIÓN, ETC. ETC.
No seguinte artigo de prensa resume a política actual no tema sanitario:
COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO, NON SE QUEDARON DE BRAZOS CRUZADOS E TRASLADARON A GRAVE PROBLEMATICA QUE SURXE NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA OS RESPONSABLES DO SERGAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, EXPONDO A SITUACIÓN NA QUE QUEDAN OS NOSOS SERVIZOS SANITARIOS E SOLICITANDO UN ARRANXO DESTA GRAVE SITUACIÓN QUE PERXUDICA SERIAMENTE OS SERVIZOS BÁSICOS SANITARIOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA.
Nas seguintes imaxes o escrito presentado diante dos responsables do Parlamento de Galicia, expondo e solicitando a reposición do médico suprimido:
Tamén preguntaremos no vindeiro Pleno do Concello, o Sr. Alcalde e os concelleiros do goberno municipal do PP se van a loitar por unha solución para defender os servizos do concello para os seus veciños e veciñas ou van axeonllarse diante dos dictados do Sergas que perxudican gravemente o noso Concello.
AGARDEMOS RESPOSTAS A ESTA PROBLEMÁTICA E SOBRE TODO UNHA SOLUCIÓN, XA QUE A SITUACIÓN QUEDARÍA NUN ESTADO PRECARIO DE ATENCIÒN SANITARIA PARA A NOSA VECIÑANZA.
LOITAREMOS POR DEFENDER ESTA INXUSTA DECISIÓN E INFORMAREMOS DAS RESPOSTAS QUE VAIAMOS OBTENDO POR PARTE DOS RESPONSABLES, TANTO DA XUNTA DE GALICIA, COMO DO PROPIO CONCELLO DA PEROXA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario