Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Curiosidades...¡¡

Afortunadamente, a semana pasada poidemos circular por outro treito aberto da "nova" carretera cara Vilarchao.

Un treito que novamente reduce o tempo do traxecto entre o noso Concello e a capital.

Observamos a publicación que se fixo no xornal local "La Región" onde se anunciaba a citada apertura dese novo treito e chaman a atención as explicacións que da o Sr. Alcalde da Peroxa sobre os orzamentos desta infraestructura, ademáis de augurar un novo prazo de apertura, que por sorte para os cidadáns parece que vai ser factible, xa que leva anos anunciando a apertura desta vía e nunca se facía realidade.

A nova na prensa é a que sigue:


O enlace a esta nova pinchando a continuación...

http://www.laregion.es/noticia/265347/nuevo/tramo/carretera/peroxa-vilarchao/


REPETIMOS QUE NOS CHAMA A ATENCIÓN O TEMA DOS ORZAMENTOS DO QUE O SR. SEOANE DA DATOS, XA QUE UNHA VEZ MÁIS, OU SE TRABUCA, OU MINTE, OU REALMENTE O ORZAMENTO DESTA OBRA SE INCREMENTOU "SOSPEITOSAMENTE" EN MÁIS DE 1.200.000€¡¡¡¡ OU O QUE É O MESMO 200 MILLÓNS DE PESETAS ¡¡¡

DA DATOS DO ORZAMENTO DESTA OBRA DE 4.300.000€ CANDO O CONVENIO ASINADO E APROBADO NO SEU DÍA E PUBLICITADO EN VARIOS PUNTOS DO PERCORRIDO A TRAVÉS DOS CARTEIS DE LICITACIÓN DA OBRA DABAN UNS DATOS DE.....3.131.000€ ¡¡¡

PODEDES COMPROBALO VOS MESMOS.....





CREEMOS QUE ALGÚEN TERÁ QUE EXPLICAR PÚBLICAMENTE O INCREMENTO DESORBITADO DO ORZAMENTO, XA QUE ESTAMOS A FALAR DE CARTOS SAÍDOS DOS NOSOS IMPOSTOS ¡¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario