Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 5 de septiembre de 2013

Petición atendida parcialmente.....

Unha das nosas propostas de mellora feita no seu día os responsables do Concello da Peroxa, realizouse nestes pasados días.

Tràtase da mellora do aparcamento do campo de fùtbol. Non è a solución definitiva nin a solicitada polos membros da nosa Agrupación que pedìamos que se reparase e se lle botase unha capa de asfalto para facer definitiva a reparación, porque a que se fixo, è certo que solucionou o problema, pero creemos que serà so temporalmente, porque as choivas e o uso dos moitos vehículos que o usan pronto o volverán deteriorar.

Asì estaba ata fai uns días dende facía anos.....





POR ESTE MOTIVO OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN SOCIALISTA NO CONCELLO PRESENTARON NA DATA DO 22 DE MARZO DO 2012 UNHA PETICIÓN DE MELLORA DESTA SITUACIÓN.


Tratouse o asunto no Pleno Ordinario do 30 de abril de 2012 respostando a esta demanda por parte do Sr. Alcalde que "taparán os buratos e arranxarase pronto".


Pronto, pronto non foi, pero máis vale tarde que nunca.

A situación mellorou moito con respecto a como estaba.......




Agardamos que se solucionen algunha pequena anomalía nesta obra como è a de facilitar o acceso as fincas existentes.....

Reiteramos a nosa ledicia por esta mellora, para un mellor servizo desta instalación deportiva, que como ben se indica nas redes sociais do Concello para anunciar esta actuación se fai ante o inicio das competicións dos nosos equipos nesta tempada..........ainda que na pasada tempada 2012/2013 tamén houbo competición e non se acometera esta mellora.

SEGUIMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario