A pasada semana o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposicíon no de Lei do Grupo Socialista para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e EXIMILOS DO PAGO DE SANCIÓNS.
Os Socialistas lamentan que se trate aos pensionistas "como delicuentes fiscais", mentres o Sr. Rajoy lles ofrece unas Amnistía Fiscal aos verdadeiros delincuentes e defraudadores deste país.
Non entendemos que o goberno teña amparado unha inpección masiva aproveitando unha EVIDENTE FALTA DE INFORMACIÓN dos pensionistas para requerirlles os pagos a facenda por non ter declarado as pensións dende o ano 2008.
È a primeira vez en que se lles require aos pensionistas que tributen polas pensións que están percibindo de países estranxeiros, esixindo ademáis o pago de intereses de demora, sancións, e establecendo un prazo de 18 meses para os pagos, que para moitas familias supoñen uns grandes desembolsos económicos xusto nun momento crìtico das economías galegas por mor da crisi e o paro.
O documento presentado e aprobado para garantir e defender os dereitos dos galegos e galegas é o seguinte:
POLO TANTO, E CONTINUANDO COA NOSA LABOR DE INFORMAR E DAR A COÑECER A NOSA VECIÑANZA DO CONCELLO AS SITUACIÓNS E PROBLEMÁTICAS QUE LLES INTERESAN, FACENDO UNHA LABOR QUE DEBERÍA TAMÉN PARTIR DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS COMO COLABORADORES PARA ARRANXAR E INFORMAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA DOS SEUS DEREITOS, PERO QUE UNHA VEZ MÁIS DEBEN DE ESTAR OCUPADOS EN OUTROS ASUNTOS DE INTERÉS PROPIO.
AVISAMOS E ACONSELLAMOS A VECIÑANZA AFECTADA DO NOSO CONCELLO DA PEROXA QUE PARA QUE LLE DEVOLVAN O DIÑEIRO DAS SANCIÓNS É IMPRESCINDIBLE PRESENTAR UN RECURSO AÍNDA QUE OS PRAZOS ADMINISTRATIVOS XA ESTÉN AGOTADOS.
COMA SEMPRE, POÑEMOS A DISPOSICIÓN DOS POSIBLES VECIÑOS/AS AFECTADOS DO CONCELLO A NOSA COLABORACIÓN PARA AXUDARLLE E INFORMARLLE DOS TRÁMITE E LUGARES A ONDE ACUDIR A RECLAMAR OS SEUS CARTOS, INXUSTAMENTE COBRADOS POLA FACENDA ESTATAL.
Seguimos informando e traballando por un Concello mellor ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario