Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 31 de enero de 2013

Resumo do "lamentable" Pleno no Concello do 29/01/2013

O calificativo do título deste artigo fai boa referencia o ocurrido no Pleno Ordinario celebrado no Concello de A Peroxa este pasado martes 29 de xaneiro as 12:00.

Lamentable pola actuación de desprezo total cara a nosa labor de CONTROL do goberno municipal por parte do Sr. Alcalde; un pleno que se esperaba curto e tranquilo tornouse nunha batalla dialectica que para nada beneficia os intereses dos veciños e veciñas do Concello.

O Sr. Alcalde cada vez parecen molestarlle máis as nosas peticións de mellora a travès dos rogos e especialmente das preguntas sobre cuestións que afectan o noso Concello, chegando a manifestar en varias ocasión que son feitas con "moi mala intención".

Non sabemos si lle afectou que o pleno se celebrase en horario matinal (escollido por èl), ou que por primeira vez non houbese ninguén no pùblico para observar cal è a sua actitude de reproches e desprezo cara a labor dunha oposición que creemos que estamos a facer unha boa labor, xa que trasladamos as peticións, necesidades e demandas dos veciños, xuntamente con propostas nosas para mellorar a vida neste concello. (Quizàis sexa ese o problema, que se aportan ideas e sobre todo que a información da vida municipal comenza a chegar a toda a poboación).


Na súa primeira intervención o Sr. Alcalde xa comenzou cos seus reproches, calificando a celebración deste pleno ordinario como innecesario, salvo pola "ansiedade" da oposición.
Manifestou que non era "normal" a celebración deste pleno ordinario (que lembramos se fixan por LEI cada dous meses, e mesmo co seu voto favorable no seu día a celebración o derradeiro luns de cada bimestre as 20:00, que posteriormente, por decisión única del mesmo decidiu cambiar e non por data fixa, ainda que respetando a normativa de obligatoriedade cada 2 meses).
O noso portavoz referiuse a que non era por "ansiedade" da oposición senón por NECESIDADE dos veciños e veciñas que se tratasen os seus asuntos no lugar previsto polas leis e simplemente había que respetar as leis e os acordos tomados no seu día.

O Sr. Alcalde seguiu insistindo en que a celebración deste Pleno Ordinario lle costaba o Concello 600€¡¡

O noso portavoz indicoulle que a cuantía por asistencia a plenos de 60€ fixouna él.
Seguía insistindo en que a convocatoria só tiña 4 puntos na orde do día.
Neste punto informamos que igual que ocurríu nos anteriores plenos, parte importante da ausencia de máis puntos da orde do día dèbese a ausencia de propostas, mocións, etc, por parte do goberno do PP que unha vez máis se presentan nun pleno sin nada que aportar nin que tratar.
As ùnicas propostas neste pleno (rogos de mellora e arranxo de deficiencias) e preguntas sobre cuestións que afectas os veciños e veciñas do concello chegan coma sempre dos membros da oposición socialista, exercendo así na súa labor para a que foron escollidos polos votantes do Concello, onde a parte maioritaria dos votantes escolleu os membros do PP para que gobernen, non para que vaian cas mans vacías os órganos de decisión.
Como indicamos con anterioridade parte da nosa labor de control pasa por preguntas o Sr. Alcalde para coñecer as solucións as nosas demandas, esas que tanto lle molestan e que cada día amosa un maíor nerviosismo, xa incluso preocupante.

Para argumentar o exposto informamos que no total dos 8 plenos celebrados nesta lexislatura que comenzou en Maio de 2011, a Agrupación Municipal Socialista a través dos seus 3 concelleiros leva presentado no Concello para o seu control, debate, analise e aprobación o seguinte:

MOCIÓNS: 10
PROPOSTAS: 5
ROGOS: 9
PREGUNTAS: 46
SOLICITUD INFORMACIÓN: 7

Todo perfectamente comprobable neste mesmo blog a través dos menus correspondentes onde se coloca toda a información que queremos facer chegar os veciños e veciñas deste concello para que coñezan a nosa labor.

Pola contra, fronte a este traballo o PP presentou para tratar nos plenos 4 propostas e unha moción.

Tan só a súa proposta de solicitar a Subdelegación do Goberno para pedir máis vixiancia antes os moitos roubos foi apoiada por nós, dada que as outras sempre afectaba negativamente os veciños da Peroxa, como son subidas nas taxas da basura, nos servizos sociais de axuda no fogar, na gardería, na auga.....

Estes reproches sobre a celebración deste Pleno polo seu "custe" están inxustificados xa que como informamos so se limitar a cumplir o que marca a lei, cousa que nos moitos anos anteriores de goberno non se estaba a facer.

Tamén ten a súa gracia que se preocupe polos gastos deste pleno un Alcalde que se atopa no posto 31 dos 315 mellor pagados de Galicia e que lle custa os veciños e veciñas da Peroxa dos seus impostos preto de 30.000€ anuais, por tan só 20 horas a semana de adicación (segun consta na publicación oficial do Boletín Oficial da Provincia).
Que segundo a mesma publicación ten 2 concelleiros con asignación económica polos seus servizos e tamén outro concelleiro que cobra pola súa firma como Tesoureiro 12€ díarios¡¡¡¡¡¡
O que lle supón as arcas municipais según reflexan os orzamentos municipais en anos anteriores uns gastos en DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVIZO case 35.000€ ¡¡¡

UNHA GRANDE DOSIS DE CINISMO E HIPOCRESÍA ¡¡¡¡

Para seguir argumentando informamos que este Alcalde foi quen de crear no Concello un òrgano "NON OBRIGATORIO, NIN NECESARIO", como è a Xunta de Goberno Local onde "se cocen" os asuntos do Concello formada por èl mesmo  e 3 concelleiros que tamèn cobran pola súa asistencia 60€¡¡¡¡¡ e que acordaron celebrar CADA MES ¡¡ o primeiro luns as 13:00 e que en 15' liquidan os asuntos do día, eses que lle pareceron poucos no pleno que estamos a tratar e que segundo podedes ver na imaxe seguinte nestas Xuntas de Goberno non chegan a pasar de 3 ¡¡¡¡¡¡¡


Como curiosidade indicar que aquí tampouco respetan o acordo do día nin a hora, xa que se celebrou as 20:15 e as 20:30 .......XA REMATARON ¡¡¡¡

Xustamente, e que casualidade, que as 20:30 comenzaba o Pleno Ordinario de Setembro ¡¡¡

Como se suele decir nestes caso.....APROVEITARON A VIAXE PARA COBRAR TODO XUNTO¡¡¡

ESTE È O GOBERNO MUNICIPAL QUE TEN O CONCELLO DA PEROXA E A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS SEUS VECIÑOS ¡¡¡¡¡¡¡

Os asuntos tratados nestas Xuntas de Goberno Local a normativa indica claramente que ben se poderían tratar nos Plenos (aforrando así 180€ cada mes os veciños e veciñas da Peroxa), de feito este òrgano so è obrigatorio en Concello se máis de 5.000 habitantes.


ESTA È A FALSA AUSTERIDADE DO SR. ALCALDE E MEMBROS DO GOBERNO DO PP¡¡

A sùa principal preocupación non è aforrarlle cartos os veciños dos seus impostos, senòn seguir gobernando na total ESCURIDADE, FALTA DE TRANSPARENCIA E DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES¡¡¡¡

NON FORON ELEXIDOS POLOS VECIÑOS E VECIÑAS PARA FACER ESTE TIPO DE POLÍTICAS, O CONCELLO DA PEROXA NON MERECE ESTAS ACTUACIÓNS ¡¡¡¡

Unha vez analizada esta situación e informados tod@s da situación real......continuamos cos asuntos do Pleno:

No que se refire os Rogos e propostas de mellora feitas por nós e xa publicadas con anterioridade neste blog, informamos dos seguintes respostas e solución por parte do Sr. Alcalde:

Indicounos que xa coñecía todo o solicitado, do cal nos alegramos, pero non demandamos coñecemento senón arranxos:

No acceso o Recinto Feiral da Peroxa buscará unha solución definitiva, mesmo con cemento cando acaben as choicas.

Nos baches do Amido actuarase cando o tempo o permita.

No deterioro da pista de Forxán segundo èl está todo arranxado, non hai nada que mellorar. Neste punto o noso portavoz negou tales feitos e demandou o seu arranxo.

Na carretera e na ponte deteriorada en Lentomil indicou que se arranxarà cando se acometa a obra pendente de asfaltado a través de subvención pendente de executar.

 Nos desprendementos do acceso a Cidadella afirmou que o pobo ten acceso o mesmo gracias a actuación dende o Concello o mesmo día que se produciron, e que  non se acometerá con urxencia a espera de que sexa a Deputación que o arranxe para que non lle coste nada o concello.

O seguinte punto da orde do día que poñía final a este pleno contestou as nosas preguntas, logo de calficalas como xa dixemos de "moi mal intencionadas" e que mesmo algúnha delas se debería ter evitado facer no pleno e que con unha chamada o seu teléfono teríamos resposta......¿?

1) dende a Subdelegación solicitaron máis presencia a través do cuartel de Tamallancos. No do alumeado afirma que non inflúe e que está todo ben apagado.

2) a súa paga devolveuna as arcas municipais para o "superavit" do Concello, insistindo que entre outros gastos para pagar os Plenos agora que hai tantos¡¡¡¡¡¡ 
Aquí temos que comentar que unha vez máis prefire ter os cartos "sobrantes" en contas bancarias que en atender as moitas necesitades da poboación, nalgúns casos de urxencias sociais.

3) na estructura de goberno resposta que "todos fan de todo" e a maioría "desinteresadamente".
A nosa opinión è que os concelleiros básicamente teñen unha función en èpocas electorais, xa que en moitas das demandas de mellora que nos presentamos e que afectan a pobos nos que residen manifestan sempre descoñecelas......¿?

4) o despremento a carón do Pabellón de Peares vaise subsanar xa.

5) o retraso nas cita indica que se debeu o aumento de traballo na parte inicial do ano por ter que facer traballo administrativo e varios informes anuais. Atende os martes e xoves, baixo cita previa no teléfono do Concello.

6) afirma o Sr. Alcalde que no que respeta as persoas que viviían en duras condicións, uns deles xa está nunha residencia do Concello, tras serlle ofrecido xa con anterioridade. No outra caso no è veciño deste concello e que èl decide levar esa vida así, e vive das axudas dos veciños e veciñas da zona.


A maiores das preguntas por escrito fixemos 3 orais:

1) Preguntamos sobre a definitiva apertura do Parque Infantil e o Sr. Alcalde resposta que leva tempo tentando falar co director de obra para que subsane "deficiencias" (curiosos, antes incluso de inaguralo), que cando teña unha resposta se nos comunicará, pero que de todas formas, neste tempo tampouco é necesario.
Manifestamos que entre as "deficiencias" a arranxar comtemplen a substitución das àrbores xa secas, cansas de agardar....¡¡¡ 

 2) Preguntamos a qué correspondían os 40.000€ (unica aportación da Xunta nos orzamentos 2013 para o noso Concello), que aparecen nos orzamentos da Xunta e que indican para equipamentos de Centros de Saùde no Concello da Peroxa. O Sr. Alcalde manifestou descoñecer ese aportación.

3) Interesamonos polo coñecemento por parte do Sr. Alcalde sobre o estado do local social de Graíces, onde a raíz da construcción dos baños chove dentro e os veciños teñen cubos dende xa fai varios anos. Solicitamos arranxo antes de males maiores e comprometeuse a mirar e solucionar esta demanda.

Ata aquí a nosa analise deste pleno, onde invitamos a tod@s a informarse do exposto e a recapacitar das situacións das que dimos conta.



SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡




 





No hay comentarios:

Publicar un comentario