Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 24 de enero de 2013

Execución de obras dos Plans Provinciais 2011

Logo dun retraso que parecía interminable, completaronse as obras pendentes dos Plans Provinciais 2011 no noso concello, concretamente as obras no pobo de Abertesga e accesos a Outeiro.

Obras con certa dose de polémica e parte de incumplimento polo Concello e o seu Alcalde diante dos veciños por un proxecto que non se executou como estaba previsto, e que foi modificado para non ter que devolver os cartos da subvención obtida.

Solventados parte dos problemas plantexados polos veciños púxose fin a este proxecto que non deixou satisfeitos a tódolos veciñas polas moitas deficiencias que presenta a obra unha vez rematada, xa que non atende as demandas reais necesarias para subsanar os problemas de acceso as vivendas do pobo.

O cartel que anunciaba esta actuación è o seguinte:


Este cartel "rehabilitado" de outras actuacións pasadas no Concello sembrou de dùbidas esta actuación o considerar (con razón) os veciños que os cartos que de orzamentaron para este proxecto non se executaron na súa totalidade.

Lamentar tamén que non fosen capaces nin de poñer o ano correctamente........indica ano 2002 ¿?

Parte desta obra realizouse no centro do pobo para facilitar o acceso a vivenda dunha veciña, onde indicamos que non obtivo solución satisfactoria, posto que a mellora do acceso estaba previsto por outro lugar onde permitira o acceso a vehículos o domicilio, obxetivo que no se acadou.



Continuàbase a obra coa mellora dos accesos a Outeiro, onde existe unha vivenda pendente de rehabilitación por parte dos donos que demandaban esta actuación, pero polo que poidemos observar tamén esta actuación se quedou incompleta.

Esta era a imaxe anterior as obras no seu primeiro tramo....


E esta imaxe despois das obras neste mesmo lugar....


Non existen grandes diferenzas, limpeza de maleza e pouco máis ¡¡

Agora a seguinte imaxe amosa a segunda parte deste camiño, onde se acometeu a maior actuación. Asì era orixinalmente.....

E agora o seu aspecto despois da mellora.....




Unha das demandas máis frecuentes dos veciños diante desta actuación refírense ao estado de dificil acceso que quedou en algúns lugares as fincas, con restos acumulados da obra.....


Tamén observamos como algúns "remates" podían ser mellorables.....

 
A citada falta de entendemento e acordos cos veciños fixo que esta actuación quedase...."incompleta", entendendo dende o noso punto de vista que este tipo de actuacións deberían ser consensuadas e acometidas unha vez obtidos os permisos pertinentes por parte de tódolos afectados e invertir realmente os cartos públicos en proxectos de futuro e non en "parches"....¡¡

(estreitamento da vía que dificulta o acceso a vehículos)

 
(acabouse o cemento.......)


Finalmente a imaxe da outra "obra" que formou parte deste proxecto modificado e que non estaba prevista inicialmente......

 
 

CREEMOS DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL QUE "ACTUACIÓNS" COMO ESTAS DEBERÍAN DE FACER RECAPACITAR O NOSO ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS QUE A INVERSIÓN DOS CARTOS DOS VECIÑOS DEBE DE SER CON CRITERIO E ACTUACIÓNS REALMENTE DE MELLORA E NON POR CAPRICHOS E PROMESAS PERSOAIS.

IGUALMENTE INVITAMOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ABERTESGA E DOUTROS POBOS DO CONCELLO A ANALIZAR, REFLEXIONAR E PENSAR SI ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS POR PARTE DO SR. ALCALDE SON REALMENTE O QUE O NOSO CONCELLO DEMANDA NESTES TEMPOS DE AXUSTES E RECORTES ECONÓMICOS.


Seguiremos informando ¡¡

 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario