Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 22 de enero de 2013

Efectos do temporal no Concello

Estamos a pasar unhas datas complicadas climatolóxicamente falando, diante dun inverno duro, con choivas contínuas, fortes ventos e mesmo hoxe con neve.

Estas condicións climáticas deixan os seus devastadores efectos en complicacións para as nosas carreteras e instalacións, así como desperfectos importantes, nalgúns casos moi perigosos para os veciños e veciñas do Concello.

Nas seguintes imaxes un resumen dos desperfectos que este xa longo temporal deixou nas nosas terras, que polo ben de tod@s agardemos sexan arranxados coa urxencia necesaria, e que en algúns dos casos máis perigosos xa trasladamos esa petición por escrito as oficinas municipais para que teñan constancia das mesmas.


(CASETA DO BUS NA PEROXA)


(DERRUMBE DO MURO NA ENTRADA DO PABELLÓN DOS PEARES)


(DESPRENDEMENTO DE ROCAS NA CARRETERA DA CIDADELLA)


(BARRIZAL E DERRUMBE DE PARTE DA CARRETERA EN LENTOMIL)


(POSTE DO ALUMEADO PUBLICO CAIDA NA PEROXA TRAS UN ACCIDENTE DUN VEHÍCULO POLO ESTADO RESBALADIZO DO ASFALTO)


(DETERIORO DOS ACCESOS O RECINTO FEIRAL DE A PEROXA)




No hay comentarios:

Publicar un comentario