Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 1 de febrero de 2013

Resposta as nosas propostas.

Ante as preguntas que nos levan feito moitos veciños e veciñas interesados na proposta sobre a celebración dunha Carreira Popular que os membros da nosa Agrupación presentaron no Concello de A Peroxa, informamos que o Sr. Alcalde comprometeuse a levar a cabo esa proposta, analizando previamente as condicións..

Na seguinte imaxe amosamos un extracto da Acta do Pleno onde se tratou o tema e a manifestación de compromiso xa citada:



Nun primerio momento alegaba que posiblemente tivese un custo elevado. Insistimos que se buscase financiación a través do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra do que formamos parte e organiza noutros concellos da provincia de Lugo.

Seguramente non sexa de custe máis elevado que calquera das probas que se realizaron no noso concello en disciplinas do motor, das bicis, etc. e onde lembramos a grande afición a esta disciplina que existe no noso Concello, polo que reiteramos a nosa petición e agardemos se faga realidade, para paralamente amosar o noso Concello a tod@s os participantes chegados seguramente de gran parte de Galicia.


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario