Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 16 de enero de 2013

Subvencións recibidas no Concello de A Peroxa

Nestas pasadas semanas recibiuse no noso Concello de A Peroxa subvencións de determinados organos da Xunta de Galicia.

No DOG do pasado 2 de xaneiro publicase a aportación da Consellería de Traballo e Benestar unha cuantía de case 17.000 para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, desempeñada esta labor desde as oficinas municipais.

Màis información no seguinte enlace ( o noso Concello na páxina 21):

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130102/AnuncioCA05-211212-0003_gl.pdf

Tamèn no día de onte 15 de xaneiro se publicou no DOG na súa paxina 1161 unha cuantía de 16.747 euros que a Consellería de Medio Rural aporta o noso concello por "cederlle" o vehículo motobomba para a defensa contra incendios forestais.

Agardemos contar este verán con máis medios e máis àxiles na defensa do incendios que nestes dous anos anteriores xa que asolaron os monte do noso Concello.

Màis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130115/AnuncioG0165-070113-0004_gl.pdf


Seguimos informando ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario