Esta é a convocatoria:
Trataranse temas de importancia para os veciños e veciñas do concello, onde unha vez máis as únicas propostas, preguntas e preocupacións pola mellora da situación actual do noso concello saen da nosa Agrupación Municipal Socialista, que leva a pleno as seguinte cuestións:
No apartado de Preguntas, os membros da nosa Agrupaciòn formulan as seguintes, relacionadas con temas de actualidade e preocupacións manifestadas por veciños e veciñas do concello:
Nas seguintes imaxes as preguntas feitas que agardamos sexan resoltas nos pleno polo Sr. Alcalde:
No que respecta a pregunta 1:
Este acordo de petición de máis vixiancia para evitar esta lacra de roubos foi aprobada por todos no pleno pasado....e así se publicou na prensa local:
Na pregunta 2:
Seguimos agardando 2 meses despois pola información da Alcaldía de explicar a qué adicou a renuncia a sua paga extra, continuando coa súa politica de falta de transparencia e ocultación da información os veciños e veciñas do Concello.
Na pregunta 3:
Coñecemos o nome dos concelleiros de Urbanismo e de Servizos Sociais porque se publicaron os seus nomes tras acordar por parte do goberno do PP de adxudicarlle aportación económica polo seu "traballo",, como tamén a través da prensa da concelleira de Cultura, pero descoñecemos do resto de concelleiros cales son as súas adicacións e funcións neste goberno.
Mediante este acordo ubicamos a Jose Manuel Rodriguez Blanco en Urbanismo e a Jose Manuel Rodriguez Feijoo en Servizos Sociais.....
A través desta publicación na prensa sabemos que a Concelleira de Cultura e Fernanda Fernandez Fiuza:
Na pregunta 4:
Esperamos unha resposta e plazo para subsanar esta grave e perigosa anomalía:
Na pregunta 6 esperamos que dende a Alcaldía e os Servizos Sociais do Concello se teña xa posto solución a un problema dunhas graves necesidades das condicións de vida de dous veciños deste concello.
Neste enlace seguinte refirese a unha persoa "sin teito".....
http://www.laregion.es/noticia/237987/denuncia/contra/parroco/de%C3%A2%E2%82%AC%C2%A9os/peares/cerrar/local/
Completaremos este apartado de preguntas por escrito con algunha outra oral.
Tamén se tratarán no pleno os Rogos que presentamos para mellora de deficiencias detectadas:
Este è o listado de peticións que fan os nosos membros da Agrupación Socialista no concello:
Argumentamos estas peticións coma sempre coas imaxes reais da situación actual, agardando solucións urxente por parte da Alcaldía.
( Accesos o Recinto Feiral da Peroxa)
( Baches no Amido)
( Estado de deteriro da carretera no Amido)
( Situación lamentable da pista de acceso a Forxán)
( O regato fundiu parte da carretera en Lentomil)
Tamén no apartado de escritos solicitamos información sobre as cuestións de legalidade nos asuntos tratados e tramitados dende o Concello con responsabilidade do Secretario municipal.
Pola importancia dos asuntos a tratar e de interese para todo o Concello invitàmosvos a participar da vida política municipal asistindo aos plenos, así como manifestando que con rapidez seredes coma sempre informados dos acordos que se tomen nos temas anteriormente expostos.
SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR, E MÁIS INFORMADO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario