Os ciclistas tomaràn a saída dende Marin e logo de percorrer moitos concellos galegos, entre eles, os outros 3 da Mancomunidade Santa Agueda chegarán o noso concello, subindo dende A Barra pola carretera "nova", ata Lamagrande, onde se poderá disfrutar da dificultade desta proba, xirarán cara o pobo, subirán polo centro, fronte o bar O Agro xiran a esquerda para rematar na meta pasada a rotonda.
Os ciclistas chegarán sobre as cinco da tarde, motivo polo cal dende aquí solicitamos a máxima colaboración de todos para facilitar a celebración deste evento, e no que invitamos a tòdolos veciños e veciñas do concello se acerquen a calquer parte do percorrido para apoiar os corredores.
No seguinte enlace tedes a información completa desta proba, na pàxina 4 a correspondente a etapa que remata na Peroxa:
http://www.fgalegaciclismo.es/historico/galicia2012/previa.pdf
COLABORA E DISFRUTA DESTE EVENTO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario