Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 18 de septiembre de 2012

A TVG "fala" da carretera dende Vilarchao

Lamentable información e cobertura por parte da TVG sobre o estado de parálise nas obras da construcción da nova carretera ata A Peroxa dende Vilarchao.

As obras certamente levan un retraso de máis de 20 anos e de varios cambios nos proxectos e de cartos "desaparecidos" cando xa estaban orzamentados.

Non podemos permitir que a Televisión "PUBLICA" Galega faga unha reportaxe sen contrastar certas informacións.....escoitamos decir o comentarista da noticia......"estase a gastar cartos nunha obra que nadie solicitou"...PERO QUE SE CRE ESTE TIPO, DE ONDE SACOU ESA INFORMACIÓN.....Pode ser que algúns veciños limítrofes non teñan interés nesta obra pero un concello enteiro coma o noso leva sufrido un retroceso na súa evolución por culpa de non ter uns accesos DIGNOS.

Esta data nos seus inicios sobre o ano 1997 e no seu día se optou pola súa construcción pola necesidade de mellora das vías de comunicación. Neste longos anos de espera a pasividade e falta de interese dos políticos responsable fixo que se metese nuns litixios que ainda hoxe non están resoltos....lembramos que por moitas obras que se fagan "en campaña electoral", parte importante das expropiación están todavía sen resolver.

No seguinte enlace tedes acceso a "reportaxe" que se emitiu o martes pasado 11 de setembro nos informativos locais da TVG, e a partires do minuto 25:15 tratan o asunto indicado.

Botadelle un ollo e comprobade a falta de transparencia e manipulación a que nos acostuma cada día a nosa Televisión Galega, pagada cos nosos impostos.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-416059


INFORME QUE INFORME, DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SEGUIMOS NUNHA CONTÍNUA LOITA PARA O REMATE DESTA NECESARIA INFRAESTRUCTURA, QUE BEN PODERÍA SER REMATADA CUN NOVO GOBERNO NA XUNTA QUE MIRE POLOS NOSOS INTERESES COMO CONCELLO, PORQUE O QUE SE CONSIDERABA "VECIÑO", O ACTUAL PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO MIROU PARA OUTRO LADO.......COMO FIXO TAMÉN CO ENGANO NA PONTE SOBRE O MIÑO DOS PEARES.





No hay comentarios:

Publicar un comentario