Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de septiembre de 2012

Resumo do interesante pleno do 10 setembro de 2012

No seguinte artigo resumimos os aspectos máis importantes do interesante pleno ordinario celebrado onte luns no Concello de A Peroxa.

Informar da ausencia por diferentes motivos de 2 concelleiros do PP.

Seguindo a orde establecida na orde do día enumeramos por puntos os aspectos máis destacados:

1) Aprobada a acta anterior por unanimidade, matizando polo portavoz do Grupo Municipal Socialista un dato erróneo na transcripción dunha cantidade correspondente a modificación de créditos aprobada no anterior pleno.

2) Ratificamos por unanimidade a condición de Pleno Ordinario.

3) Comprobamos e analizamos os decretos da Alcaldía emitidos dende o anterior pleno, sen atopar nada salientable.

4) Neste punto, novamente o grupo do PP propuxo a subida das tasas da basura os domicilios particulares nun 10%, pasando de 50 a 55€, que se fará efectiva a partires do 1 de xaneiro de 2013. Aprobado tan só cos votos favorables dos concelleiros do PP. 

Non entendemos como segundo os datos que facilita o Sr. Alcalde fai uns meses dispoñemos de superávit nas contas do concello nunha cantidade tan elevada como son o redor de 300.000 euros, que son cartos que se deixaron de investir no ano 2011, coas moitas necesidades que conta o noso concello, e cando en moitas das nosas propostas de mellora a negativa viña sempre pola ausencia de orzamento para realizalas, e agora "castiga" os veciños e veciñas do concello cunha desproporcionada suba dun 10% neste recibo. A nosa pregunta è porqué se seguen a subir os impostos nestas porcentaxes tan elevadas cando o concello ten unhas contas, sempre segundo o Alcalde, saneadas ?? Non ten lóxica ¡¡

5) Neste punto temos que felicitarnos porque por fin ¡¡ o grupo de goberno do PP aproba unha das nosas propostas para a mellora dos servizos que presta o concello. Aprobouse por unanimidade, matizando que só se anunciarán casos estudiados e analizados e que sexan coherentes coa realidade.
Agardemos que neste caso non só quede no aprobado da moción, senón que se leve a cabo porque lembramos que todavía están algúnhas do ano anterior e deste mesmo sen realizar: Tràmites tráfico no concello, mellora campo Villarrubin, mellora local social de Graìces, etc, etc.....

A nosa moción presentada foi a seguinte:



Argumentamos do seguinte xeito a nosa proposta:

Puxemos exemplos de outros concellos que levan a cabo estas iniciativas.....

http://www.castrelo.org/gl/vivenda/listado-de-inmobles/

Mostrámoslle exemplos de anuncios existentes no noso propio concello:


Fixemos referencia a gran cantidade de anuncios que se poden atopar a través de portais especializados:




Sobre esta proposta o noso concello xa formou parte dalgún convenio que nunca se executou....


Màis sobre o supuesto "acordo".....


Neste caso se buscamos resultados deste convenio de colaboración e buscamos no noso concello....



Seguiremos e verificaremos o cumprimento deste acordo plenario.

6) Presentamos as seguintes preguntas no pleno:




Resposta a pregunta 1:

Segue na súa liña demagóxia o sr. Alcalde de xustificar o seu excesivo soldo decindo que él se adica o concello as 24horas (pois na oficina è complicado atopalo a diario). 
Voltou a compararse co alcalde de Amoeiro no soldo (lembramos que este é profesor universitario e o noso creemos que non chega de "momento" a esa titulación). Podía compararse co de Coles que coa súa mesma dedicación cobra 800€ (que por certo rebaixa para solidarizarse cos seus traballadores), fronte os 2.400 que cobra o noso rexidor.
Esta pregunta veu a colación das recentes noticias saidas na prensa onde aparece como un dos 30 alcaldes mellor pagados dos 315 concello galegos en canto a porcentaxe do orzamento, por encima dos de vilas como Celanova, Ribadumia, Fisterra, A Cañiza, Muxía, etc, segundo os datos publicados na prensa:


  Os seus propios mandatarios e "compañeiros" de partido solicitan unha rebaixa salarial....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/08/09/pp-insta-alcaldes-renuncien-paga-navidad/0003_201208G9P4991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz


O seu "xefe" provincial tamén llo propón, ainda que como en outros temas....ignórano completamente:


O goberno coma sempre "deixa" as medidas importante para despois dos procesos electorais nun exercicio de cobardía e oscurantismo como nos ten acostumado o goberno de Rajoy en moitos temas....


Amosamoslle o sr. Alcalde a hipocresía e cinismo do seu partido, o PP, nun concello "denuncia" o que o noso Alcalde considera xusto......."CADA UN FALA SEGÚN LLE VAI NO MERCADO....":



Resposta a pregunta 2:

 O sr. Alcalde manifestou que os veciños e veciñas da parroquia de San Xes, e especialmente os do pobo de Casundila pódense considerar uns priviliexiados por ter recibido fai pouco tempo unha inversión millonaria para o seu Local Social (cos cartos do tan criticado Plan E de Zapatero precisamente).
Polo tanto esta petición non se vai atender porque segundo o Alcalde polo momento están servidos e teñen o mellor local do Concello. O mesmo tempo tivo un acordo no seu día con eles de que non ían usar os baixos e por ese "simple" motivo non considera prioritario o seu arranxo.

Fotos que ilustran e xustifican a actuación...




 Na nosa rutinaria visita os pobos poidemos comprobar o deterioro nos baixos e a existencia de cubos para recolle a auga das múltiples goteiras, o estado é como podedes observas lamentable.


A petición da mellora do estado da terraza tampouco estaría fora de lugar, e voltando os datos económicos antes sinalados, a desculpa de non ter cartos está fora de lugar por dispoñer o concello de màis de 300.000 euros que deixou de invertir no exercicio pasado, que non é o mesmo que aforralos como quere vendernos o sr. Alcalde.

Resposta pregunta 3:

Nun primeiro momento e seguindo a súa respota negativa a tódalas nosas propostas que nos fan chegar os veciños dixo que non era necesario nin baranda nin luz, máis tarde explicamoslle que non era onde el pensaba (no campo da festas), e dixo que no Local Social el non apagou ningunha luz pùblica, que estaría fundida e que a arranxaría. A baranda non a cree necesaria e tamèn nos reprochou que ningún veciño lla teña pedido a èl persoalmente. Lembramoslle que nos somos respresentantes do pobo e dos veciños elexidos lexítimante e podemos trasladarlle as peticiòns veciñais. 

NON DEBE ESTAR MOI ACOSTUMADO A ESTA FORMA DE TRABALLAR, E MOLESTALLE QUE OS MEMBROS DA OPOSICIÓN VISITEN, FALEN E ESCOITEN E ATENDAN AS SUAS DEMANDAS. QUERE TER TODO "POLA MAN".

Estado do lugar...


 
Resposta pregunta 4:

Tras varias manifestacións do Sr. Alcalde descoñecendo a tramitación dunha nova lei de bases, tentamos centrar o tema no que realmente afectaría o noso concello.....a reducción do numero de concelleiros o que respostou que lle daba igual 11 que 9 que 7, que non era o seu problema.
Por desgraza neste punto posiblemente si esta reducción è finalmente aprobada veremos como o noso concello quedaría con só 9 concelleiros en lugar dos 11 actuais. Pero tamén estamos seguros de que o nùmero baixará ata os 7 nas vindeiras municipais do 2015 pola gravísima perda de poboación que fai que estemos xa moi preto de baixar dos 2.000 habitantes, limite que suporá graves pérdidas tamén económicas nos ingresos do concello (esto sí debería importarlle), e isto non è máis que o resultado dunhas nefastas políticas pola parte do Sr. Alcalde nestes ultimos 30 anos de mandato onde o concello se desangra poboacionalmente a pasos axigantados e con falta de medidas axeitadas. Os ùnicos movementos poboacionais foron dos pobos e parroquias do concello cara a capitalidade, cara A Peroxa.

No tema referente a supresión das Mancomunidades manifestou a súa negativa por ser un servizo que está a funcionar correctamente.
En canto o Consorcio dos Peares indicou que descoñece o seu futuro pero que a súa situación actual non é a máis axeitada para unha boa xestión dos seus servizos.

Noticias relacionadas con esta situación plantexada....

http://www.20minutos.es/noticia/1523347/0/antonio-beteta/suprimir/mancomunidades/

http://www.farodevigo.es/galicia/2012/06/28/gobierno-eliminara-mancomunidades-dara-protagonismo-diputaciones/660563.html

http://www.laregion.es/noticia/215468/suprimirmancomunidades/rechazan/disolucion/

Resposta pregunta 5:

No tocante o espinoso tema do alumnado no noso colexio, o Sr.Alcalde indicou que finalmente o numero de alumnos será de 15 e que o servizo de comedor será no propio colexio. Falta ainda por decidir que grupo de alumnos irá en cada unidade, e que idades abarcarán.

Voltou a molestarse neste punto cando lle preguntamos por ser un tema que lle fixo moito dano pola "fuga" de varios alumnos cara outros centros. Voltou a personificar no noso portavoz o exemplo de porqué non leva a súa propia filla o centro do concello, respostandolle que no pleno estase como concelleiro e as decisións na vida privada de cada ún son decisións propias e cada un è libre de elexir o que queira para a educación dos seus fillos. Manifestándolle que habería outras situación que lle resultarían máis dolorosas como podían ser as dos seus colaboradores máis cercanos que optaron por sacar os seus rapaces e rapazas do noso colexio. Debate sen sentido por parte do Sr. Alcalde ante a súa impotencia por non ter tomado con antelación outras medidas que eviten estas desagradables situacións.

Agardemos que para o vindeiro curso non se repitan estas situacións que para nada benefician o futuro dos nosos nenos e nenas.

Noticias relacionadas....

 



7) Neste punto o Sr. Alcalde con informe favorable do secretario propòn máis flexibilidade na celebración  dos plenos ordinarios. Respetando a legalidade e periodicidade dos 2 meses, quere anular o día e hora previstos (por certo, propostos por èl mesmo sen consultarnos no seu día).
Agarda convocalos no mes correspondente pero segundo as necesidades do concello si ten algún tema pendente que levar o pleno, polo tanto agora tan só sabemos que en novembro teremos o seguinte pleno ordinario, tan só falta que o Sr. Alcalde poña o día e hora que el estime ¡¡¡¡¡

8) Neste punto acordouse por unanimidade reducir nun 50% as tasas da licencia de obra que solicitou a residencia Los Olivos para unha importante ampliación que creará novas prazas e máis postos de traballo no concello.





ESTE É O RESUMO DUN PLENO INTERESANTE E ONDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL VOLVEU A INTERESARSE E PREOCUPARSE POLOS PROBLEMAS REAIS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS E QUE TENTA BUSCAR SOLUCIÓNS DENDE OS ORGANOS DE GOBERNO COMO È O PLENO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO E A CALIDADE DE VIDA DOS SEUS HABITANTES ¡¡

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario