Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 25 de septiembre de 2012

Resumo do pleno celebrado o 24 de setembro de 2012

Pouca materia importante na celebración deste pleno extraordinario, onde a orde do día so reflexaba 3 puntos:

No primeiro en canto a aprobación da acta anterior, a nosa Agrupación a través do portavoz manifestou o noso voto en contra por primeira vez dunha acta no que vai de lexislatura.
Os motivos son ben sinxelos, con anterioridade tiñamos advertido o señor secretario que non estabamos dacordo coa redacción das actas dos plenos, xa que carecendo en moitos casos da imparcialidade que se lle presupón, céntrabase en reflexar todo tipo de argumentarios e comentarios que o señor Alcalde expoñía e manifestaba nas súas intervencións......non facendo o mesmo cos nosos argumentarios nen respostas as súas manifestacións, sentíndonos ninguneados nese aspecto. As nosas matizacións nunca están reflexadas nas citadas actas e polo tanto consideramos un agravio que nos fixo votar en contra.

Agardamos que nas vindeiras redaccións recibamos a atención igual que o grupo de goberno.

No segundo punto sortearonse os membros das mesas electorais para as eleccións autonómicas do vindeiro domingo 21 de outubro.

No terceiro de escritos e comunicacións non houbo materia.

SEGUIREMOS INFORMANDO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario