Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de septiembre de 2012

15000 GRACIAS ¡¡

Nesta semana superamos neste blog as 15000 visitas ¡¡

Un feito impensable cando comenzamos esta andadura para poñerlle voz e datos a escuridade dun concello sumido na falta de información e transparencia.

Sentìmonos orgullosos de ter sido útiles a moitos dos veciños e veciñas que nos trasladaron as súas inquedanzas e os que poidemos darlle solución......esta é a ùnica nosa aspiración.

Un humilde lugar de información polo que recibimos os parabéns por parte de moitos seguidores habituais que atoparon aquí unha ferramente para coñecer máis o funcionamento do seu concello e o seu contorno.

Recentemente recibimos a grata "sorpresa" de que POR FIN ¡¡¡ o noso Concello saltou as redes sociais e ofrece información PARA TODOS ¡¡¡ publicitando  diferentes actividades que realiza. Algo polo que levamos loitando neste ano de lexislatura dende as sesións do pleno onde reiteradamente solicitamos igualdade para todos, que a información e oportunidades cheguen a toda a poboación e non so os "escollidos" por capricho do Sr. Alcalde e o equipo de goberno do PP.

Neste senso botamos de menos nesa publicidade que se ofrece do Concello que inclúan tamén as datas dos plenos para os veciños e veciñas que queiran participar e abrir así definitivamente a política que alí se fai para todos.

O mesmo tempo agardamos e solicitamos en reiteradas ocasións que non se "oculten" as diversas ofertas de traballo que surxen dende as oficinas municipais como ocorreu recentemente, ou tamèn os procesos selectivos que se están a levar a cabo dendo o Consorcio dos Peares.

UNHA POBOACIÓN INFORMADA   =   UNHA POBOACIÓN LIBRE ¡¡¡¡

Moitas gracias a todos por seguirnos, seguiremos traballando para vos ¡¡

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario