Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de septiembre de 2012

A nosa visita a Toubes

Moi interesante a nosa visita aos pobos da parroquia de Toubes este pasado sábado. Visita dentro do noso proxecto Os Sabados coa Veciñanza.
Neste caso a visita foi feita polos 3 concelleiros da Agrupación Municipal Socialista do Concello de A Peroxa: Rocío, Artemio e Toño.
Estivemos en contacto e conversación con varios veciños nalgúns pobos. Non tivemos tempo de pasar por todos, polo que quedan pendentes para outra próxima visita que realizaremos en breve.
Sempre è un pracer poder atender as demandas dos veciños e escoitar as súas inquedanzas, e dentro das nosas posibilidades servir como enlace para levar as súas peticións os organos de goberno municipais.

Estivemos en Goiàs, tomando café e compartindo uns minutos cos veciños que se atopaban no bar do Teleclub.
Continuamos a visita a Outeiro, analizando e vendo algúns problemas que nos trasladaron os seus veciños e veciñas.
Pasamos polo Fontao, observando algúnha deficiencia plantexada por un veciño sobre maleza e residuos nun camiño público.
Xa no pobo de Fiestra comprobamos o estado de deterioro no firme da pista que atravesa o pobo, entre outras situacións sinaladas polos propios veciños do lugar.
Logo desplazàmonos a Vila, onde tamén se necesita arranxar o asfaltado da pista que vai o fondo do pobo, como tamén a limpeza dalgunha reixa para recoller augas que está completamente obstruída.
Aquí tamén poidemos observar e comprobar unha das deficiencias máis graves que atopamos:
Existe un poste do alumeado público caìdo dentro dun tanque de auga, o poste ten corrente o que pode ocasionar un risco para os veciños e veciñas do pobo. O problema xa foi trasladado o concello pero meses despois seguen sen unha solución.





Neste mesmo tanque pùblico demandan a limpeza do mesmo para poder enchelo de auga para o seu servizo ou mesmo como lugar de carga ante posibles emerxencias como pode ser un incendio, como ocorreu o ano pasado por estas datas e onde os camións motobomba non atoparon lugares axeitados para poder cargar auga e así pode actuar con máis dilixencia.


Demandas veciñais coma as anteriores que trasladaremos o concello para o seu arranxo inmediato.

A nosa visita finalizou no pobo de Pacios, onde o igual que os anteriores fomos recibidos amablemente polos seus veciños cos que tivemos unhas largas e productivas conversas sobre a situación do seu pobo e da parroquia en xeral.

Indicar que na chegada a parroquia xa nos atopamos coa primeira anomalìa importante: ausencia (e xa fai tempo) do espello no cruce coa carretera que vai dende Gueral a Peroxa, co peligro que conleva a saida de vehículos neste compricado cruce.



Como resumen desta xornada destacar que nos sorprendeu moi negativamente, que toda a súa parroquia carece do servizo de alcantarillado e saneamento nos pobos, unha necesidade para os veciños e unha obriga para o Concello. Non podemos esquecer que nesta parroquia hai màis de 120 personas censadas e pagando os seus impostos como en calquer outra parte do concello.

O mesmo tempo tamén queremos destacar positivamente as moitas vivendas novas ou restauradas que lle dan vida aos pobos mencionados, e que agardemos teña continuidade no futuro para manter ou aumentar o número de veciños e veciñas.

Agardamos volver axiña os pobos que nos quedaron sen visitar.


SEGUIMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO.





No hay comentarios:

Publicar un comentario