Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de octubre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 30 e 31 de outubro e 1 de novembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

A PEROXA C.F. - C.D. RÚA: Domingo 1 as 16:15 no campo do Marco.

SP CARBALLIÑO. - A PEROXA C.F. "B"Sàbado 31 as 20:00 no campo da Uceira en Carballiño.

OURENSE C.F. "C" - A PEROXA C.F. INFANTIL : Domingo 1 as 12:00 no campo de Oira.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. ALLARIZ: Sàbado 31 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - C.D. ALLARIZ: Sàbado 31 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - RIBEIRO C.F. : Venres 30 as 18:00 no campo do Marco. 


En canto a liga de veteranos:

ATL. PEROXA - CAFE AVENTURA: Sàbado 31 as 18:00 no campo do Marco.

COTO DO RANO - LLOVIZNA: Sàbado 31 as 16:30 no campo do Poligono.

VILAR DE ASTRES - GADAFFI : Sàbado 31 as 16:30 no campo de Vilar de Astrés.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

OS PEARES F.S. - OURENSE PROLSPORT.: Sàbado 31 as 19:00 no pabellón dos Peares.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Unha vez máis por iniciativa dos locais de hostelería da Peroxa teremos un interesante e competido Torneo de Futbolín no Bar IVARI, anunciado con este cartel:


Tamén no BAR1984 un ano máis celebrarase a xa tradicional e orixinal Festa de Samain:


Tampouco podemos deixar de anunciar unha Andaina que se celebrará no veciño Concello de Coles e onde poden participar todos os que o desexen, ademáis de ter un fin benéfico. Anunciase co cartel seguinte:


Finalmente, non podía faltar a parte festiva e gastronómica, esta fin de semana en varios puntos do noso Concello, onde os veciños dos nosos pobos e parroquias terán xornada de convivencia en torno a unha das festas máis tradicionais como son so magostos......anunciamos a través do seguinte cartel o de Carracedo, ainda que reiteramos, que serán moitos os nosos pobos que terán eventos similares.



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario