Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 15 de octubre de 2015

Revisión do IBI

Levouse a cabo foi uns meses unha revisión dos inmobles no Concello por parte dunha empresa privada, para actualizar datos do Catastro e lograr así completar unha revisión catastral.

Foron moitos os veciños e veciñas do concello que tiveron que regularizar a súa situación, por non ter comunicado antes, tal e como se debía, tanto altas novas como modificacións.

As noticias sobre este asunto que recollía a prensa eran entre outras como a seguinte:


Tal e como se recolle na noticia, o noso Concello da Peroxa està entre eles.

A publicación oficial a que se refire o artigo publicouse no BOE: ( o noso concello aparece na paxina 86931).


A noticia do artigo anterior do xornal La Voz de Galicia non contaba toda a verdade, xa que esta revisión seguramente vai ocasionar en prácticamente tódolos concellos un incremento importante tal e como se publica no artigo seguinte:


Sobre este asunto, onde dende algúns gobernantes municipais manifestan "erróneamente" que esto é unha revisión "obrigada" por facenda, temos que informar que segundo o extracto da acta do Pleno do mes de xullo pasado, esta solicitude foi feita por parte do concello e aprobada cos votos favorables dos membros do Partido Popular.

Indicar, unha vez máis, que na redacción da acta deste pleno neste asuntos, faltan por reflexar cuestións importantes que se deron no debate deste asunto, onde o noso portavoz manifestaba con datos que esta revisión iba supoñer un incremento neste imposto. 

Foi respondido polo Sr. Alcalde que en ningún momento o Concello solicitaba incremento, senón tan só revisión. 

Expuxémoslle que a revisión levaba implícita a alza, cuestión que manifestou descoñecer, pero que de todas formas o Concello da Peroxa tan solo manifestaba a súa petición de revisión, pero non de incremento.

O TEMPO DARÁ E QUITARÁ RAZÓNS ¡¡

Estas manifestacións e acordos non se reflicten na acta e polo tanto, segundo podedes comprobar o que se solicita é "incorporar ao catastro todos os bens inmobles omitidos qu estean inscritos de forma incorrecta ou incompleta no Catastro, de maneira que a tributación destes inmobles sexa a que lles corresponda conforme coa súa realidade inmobiliaria".....con este punto de acordo totalmente.

O asunto està no final do acordo..."COA FINALIDADE DE ASEGURAR A SÚA CONCORDANCIA COA REALIDADE".

Este é o extracto deste asunto:



NOS COMA SEMPRE......INFORMAMOS E ARGUMENTAMOS CON DATOS E DOCUMENTOS¡¡¡

PARA VÓS É O ANALISE E A REFLEXIÓN ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario