Este martes días 6 as 20:30 celebraremos o Pleno Ordinario no Concello da Peroxa.
Un pleno que correspondería terse celebrado no mes de setembro tal e como se acordou para cumprir coa lexislación vixente.
Unha vez máis, os responsables municipais interpretan e acatan as leis "o seu xeito", non só neste asunto, senón en outros de vital importancia que agardemos non traian graves consecuencias para as arcas municipais.
A orde do día é a seguinte:
Unha vez máis as únicas cuestións e asuntos a tratar serán os propostos polos membros da nosa Agrupación Municipal a través do turno de Rogos e Preguntas.
Curioso o punto 2, onde se votará a ratificación deste pleno como "ordinario" por non terse celebrado nas datas acordadas tal e como se reflicte nos seguintes documentos, onde o propio Secretario do concello argumenta o acordo nada máis e nada menos que en 3 páxinas do pleno de organización tal e como podedes comprobar no extracto da acta:
Como ben poidestes comprobar, o acordo foi únicamente tomado polos concelleiros do Partido Popular co voto en contra dos nosos membros por considerar que estes argumentos e acordos non se axustan as leis.
Indicar tamén, que a pesar de non aparecer reflexado na acta do pleno (cuestion que ocorre habitualmente), e ante a nosa insistencia en que se cumpran os prazos e datas fixas para poder organizar e desenrolar a nosa labor eficientemente, o propio Sr. Alcalde se comprometía a avisarnos con unha semana de antelación a celebración dos plenos para poder presentar o que consideremos oportuno para a nosa labor....CUESTIÓN QUE NON FIXO¡¡¡¡..... É MÁIS, CONVOCOUSENOS NO LÍMITE DO PRAZO LEGAL.....O XOVES AS 14:00, DADO QUE SEGUNDO A NORMATIVA AO RESPECTO, DEBERÁN TRANSCURRIR DOUS DÍAS HÀBILES COMPLETOS ENTRE A CONVOCATORIA E O PLENO, NESTE CASO VENRES E LUNS ¡¡¡
ESTE É OUTRO EXEMPLO MÁIS DO QUE O SR. ALCALDE CONSIDERA COLABORACIÓN ¡¡¡¡ ESA QUE ÉL MESMO NOS SOLICITA CANDO ALGUNHA DAS SÚAS SITUACIÓNS ESTÁN NO "FÍO DA NAVALLA" LEGALMENTE FALANDO PARA ACOMETER DIVERSAS ACTUACIÓNS BENEFICIOSAS PARA A VECIÑANZA E ONDE SEMPRE NOS ATOPOU DISPOSTOS A COLABORAR E APOIAR O GRUPO DE GOBERNO E SEGUIRÁ ATOPANDO, FIEIS E CUMPRIDORES A NOSA PALABRA.....CUESTIÓN QUE POR PARTE DO GRUPO DE GOBERNO PARECEN INCAPACES DE CUMPRIR.
Rematamos informando e amosando algunhas das cuestións que plantexaremos o Pleno para o seu debate e aprobación, así como na búsqueda de respostas a asuntos cotiás.
SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN E TRABALLO PARA TODA A VECIÑANZA DO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario