Os asuntos a tratar, debater e aprobar son os que se indican na convocatoria do citado pleno:
No punto 1, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.
No punto2, tamén por unanimidade aprobrouse a ratificación como ordinario deste pleno, pese a estar fóra do plazo establecido.
No punto 3, o Sr. Alcalde manifesta que están a disposición dos membros do goberno os decretos da Alcaldía. Revisados polos membros da nosa Agrupación Municipal en días previos a celebración deste pleno.
No punto 4, dentro do apartado de ROGOS, presentamos para este pleno os seguintes, para solicitar o arranxo das deficiencias que enumeran:
A resposta do Sr. Alcalde, unha vez máis, xa que esta petición xa foi feita con anterioridade, e tamén respostou o igual que desta vez....." xa está comunicado a empresa encargada e se realizará nos vindeiros días".
POIS SEMANAS DESPOIS A SITUACIÓN SEGUE IGUAL....OU PEOR ¡¡
No turno de PREGUNTAS, presentamos as seguintes, sobre asuntos de interes e de actualidade do concello:
En resposta a pregunta 1, respostou o Sr. Alcalde que "o Concello emitira 10 tarxetas".
O noso portavoz reiterou o compromiso que o Concello debe cumprir a normativa, así como as propias ordenanzas municipais, e exixiu que se cumprise habilitando unha praza reservada para persoas con minúsvalía, polo menos a carón do Centro de Saúde da Peroxa, o Centro de Saúde dos Peares, así como tamén a carón do Concello, do Colexio ou do futuro Auditorio, para facilitar o aparcamento e acceso destas persoas.
O Alcalde comprometeuse a analizar a situación e executar esta petición.
No seguinte enlace pinchando en Ordenanza Reguladora Tarxeta de Estacionamenento tedes a normativa municipal completa.
Tamén na seguinte imaxe a parte onde se recolle este dereito no seu artigo 2:
Na pregunta 2, respondeu que "descoñecía cales foran as actividades que se xustificaran porque non atopaban o expediente do que facemos referencia".
O portavoz socialista expuso unha serie de actividades que non se organizaron ou ben NON foron organizadas pola persoa que está a cobrar ese soldo nese posto, como foron entre outras as seguintes:
---- organización maratón futbol-sala ¿?
---- xogos de mesa que se organizarán nos bares da Peroxa ¿?
---- campeonato futbolín nos bares da Peroxa ¿?
---- pait ball no Castelo da Peroxa ¿?
---- peregrinación a Santiago ¿?
---- andaina ¿?
---- curso pastelería Mañas Doces ¿?
---- Concurso gastronómico Tapas e Bocados ¿?
---- ciclo de cine nos centros sociais ¿?
O Sr. Alcalde manifestou "que algunhas delas non se realizaron por falta de participación ¿?, e outras confirma que non deberían estar nesta memoria xustificativa".
En resposta a pregunta 3, manifesta "que todavía está en estudio esa situación, e que están a espera das posibles solucións que se poden aportar dende a Deputación de Ourense".
As noticias sobre esta dantesca situación, entre outras, publicadas na prensa local foron as seguintes:
http://www.farodevigo.es/galicia/2015/08/18/hacienda-obligara-concellos-20000-habitantes/1297935.html
En relación a este asunto a Deputación de Ourense publicaba no BOP o seguinte escrito aclaratorio, o día 8 de setembro, que podedes consultar no enlace seguinte, a partir da páxina 2:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=206&fecha=20150908
Sobre este asunto da capacidade da Deputación, a prensa local publica estas noticias contradictorias...
Por un lado manifestase a súa incapacidade para resolver esta grave situación:
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/09/09/diputacion-carece-capacidad-proveer-tesoreros/1310313.html
E por outro ofrece axuda os concellos....
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/09/10/diputacion-ofrece-ayuda-concellos-gestionar-tesoreria/0003_201509O10C8991.htm
Agardemos polo tanto, unha resolución axeitada a este problema grave para os pequenos concellos creada polo Goberno de España a través do seu ministro Montoro.
Na pregunta 4 o Alcalde indicou "que se está a traballar na elección da imaxe do citado mural, así como da súa ubicación, que finalmente, salvo decisión contraria, será no muro de fronton da Praza do Concello".
A pregunta do noso grupo surxiu a raìz da seguinte noticia na prensa local:
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/08/25/ribeira-sacra-ataca-feismo-murales/1301673.html
Obra que xa está case rematada ¡¡¡
Tamén se fixeron algunhas preguntas de xeito oral:
Preguntamos...¿Porquè se publicou o extracto da acta do Pleno de Xullo no BOP onde se refire as declaracións do noso portavoz socialista no debate dun asunto sobre taxas?
A citada publicación é a seguinte:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=206&fecha=20150908
(O comenzo da pàxina 7)
O Secretario respostou "que é perfectamente normal e lícito facer estas transcripcións dos acordos do Pleno para publicar no BOP".
O noso portavoz rebatiu esa resposta indicando que esta publicación foi feita o 8 de setembro de 2015 e non sendo posible legalmente, xa que o propio día 9 de setembro (mèrcores) solicitouse nas oficinas municipais a acta do pleno citado e non foi entregada por estar todavía sen asinar......¿Porqué se publica entonces un acordo no Boletín Oficial da Provincia cando a acta dese Pleno Ordinario todavía está sin a sinatura correspondente e obrigatoria do Secretario e do Alcalde?
NON HOUBO RESPOSTA......UNHA VEZ MÁIS.......FANSE AS COUSAS O MARXE DA LEI¡¡¡
Tamén preguntamos, a raíz das noticias que se publicaron na prensa sobre a candidatura da Riberia Sacra a Patrimonio da Humanidade, cal era a parroquia do noso Concello incluída nese mapa proposto ??
A resposta foi "que sería únicamente a dos Peares, engadindo o Alcalde que se alegraba que fose tan só unha parroquia, polos moitos "inconvenientes" que este nomeamento poidera ter no noso Concello".
Lembramos neste punto, que o inicio da lexislatura pasada, xa dende a nosa Agrupación Municipal se solicitara información concreta para transmitir a veciñanza dos "riscos" que tería estar dentro dunha limitación Patrimonio da Humanidade, cuestión que se ingnorou completamente.
CREEMOS SINCERAMENTE, QUE A VECIÑANZA "AFECTADA" DEBERÍA COÑECER OS PROS E AS CONTRAS CON CLARIDADE DESTA POSIBLE INCLUSIÓN.
As noticias na prensa sobre este asuntos foron as que siguen:
http://www.laregion.es/articulo/ourense/valedor-revela-mapa-candidatura-ribeira-sacra/20151002070548572572.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/10/02/mapa-inicial-zona-patrimonio-humanidad-excluye-ocho-concellos/00031443727679406551334.htm
Algúns concellos, a través dos seus alcaldes, amosan a súa disconformidade:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2015/10/03/guitian-pide-calma-alcaldes-propuesta-ribeira-sacra/0003_201510M3C19911.htm
Preguntamos tamén, a raíz da inminente entrada en vigor da Ley de Transparencia nos Concellos, cales son as medidas que o Concello da Peroxa vai a tomar para cumplir cos requisitos e condicións desta necesaria lei??
A resposta do Alcalde foi "que o Concello da Peroxa, cumplirá extrictamente o requerido nesta lei, pero todavía non hai accións porque estamos saturados de traballo".
Vaga resposta, lle indicou o noso portavoz, que lle lembrou, asimesmo, que dende a nosa Agrupación Muncipal levamos anos reclamando o incio de actuacións neste sentido para poder estar o día co cumprimento desta Lei.....E A DÍA DE HOXE, MENTRAS MOITOS CONCELLOS ESTÁN XA A CUMPRIR OS PRECEPTOS DESTA LEI, NO NOSO DA PEROXA TODAVÍA NON DEMOS NIN O PRIMEIRO PASO.
INCIDE, EN QUE LEVAMOS TEMPO RECLAMANDO ACTUACIÓNS TAN SINXELAS, E AGORA OBRIGATORIAS COMO TER UNHA WEB OPERATIVA PARA A CIDADANÍA E COMO FONTE DE INFORMACIÓN ONDE POR EXEMPLO, SE PODERÍAN TER COLGADO OS CONTRATOS QUE REALIZA O CONCELLO (MANTEMENTO PISCINAS, ETC,) OU MESMO AS ACTAS DOS PLENOS (QUE ÚNICAMENTE CHEGAN A VECIÑANZA A TRAVÉS DA INFORMACIÓN QUE PUBLICAMOS NESTE BLOG).
Aquí tamén a Deputación de Ourense se "ofrece" a colaborar cos Concello rezagados no cumprimento desta lei, a través dun Convenio de Colaboración para usar "provisionalmente" a súa web provincial.
O portavoz socialista pregunta si xa se decidiu que persoa se nomeará en representación do Concello, tal e como se exixe neste Convenio??
O Sr. Alcalde manifestou descoñecer esta publicación e polo tanto non hai decisión.
Engadimos que ademáis esa persoa tal e como exixe a convocatoria debe ser ratificada polo pleno, cuestión que si se estivese o día a xestión municipal ben se podería ter traído xa a este Pleno.
A publicación deste Convenio e a súa apertura de prazo de adhesión foi o día 2 de outubro (e decir, días antes da celebración deste pleno) tal e como podedes ver no enlace seguinte, na súa páxina 2:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=227&fecha=20151002
SEGUIMOS A REMOLQUE NO CUMPRIMENTO DAS LEIS ESTATAIS ¡¡¡
Finalmente, preguntamos sobre o prazo final da prórroga para o remate das obras do Auditorio, xa que a data inicial do 30 de semtembro xa estaba finalizada.
O sr. Alcalde indicou "que hai unha nova prórroga para "toda a obra" e para "todas as subvencións" ata o día 31 de outubro".
DATA XA MOI CERCANA, E DE MOI DIFÍCIL CUMPRIMENTO, DEBIDO O ESTADO ACTUAL DAS OBRAS ¡¡¡
AGARDEMOS NOVAS INFORMACIÓNS SOBRE ESTE "DELICADO" ASUNTO.
SEGUIMOS FIEIS CO NOSO CUMPRIMENTO COA INFORMACIÓN¡¡¡
TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario