Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Actividade no Concello na fin de semana do 7 e 8 de novembro de 2015

Comenzando polo deporte, estes serán os encontros a disputar polos equipos representativos do Concello:


Dentro do fútbol rexional e de base:

MASIDE C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 8 as 16:15 no campo de Maside.

A PEROXA C.F. INFANTIL - S.D.C. ARRABALDO "B": Sàbado 7 as 11:00 no campo do Marco.

OURENSE C.F. "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Sàbado 7 as 16:00 no campo de Oira.

E.F.C. BARBADAS  "B" - A PEROXA C.F. BENXAMÍN: Domingo 8 as 12:00 no campo da Valenza.

S.D.C. ARRABALDO "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 8 as 10:45 no campo de Santa Cruz de Arrabaldo.


En canto a liga de veteranos:

ATL. PONTEDEVA - ATL. PEROXA: Sàbado 7 as 16:00 no campo de Pontedeva.

LLOVIZNA -  VILATUXE: Sàbado 7 as 16:00 no campo do Marco.

GADAFFI  - BAR A TERRAZA: Sàbado 7 as 18:00 no campo do Marco.


Na liga provincial de Fùtbol-Sala:

CIDADE DAS BURGAS F.S. - OS PEARES F.S.: Sàbado 7 as 18:45 no pabellón da Universidade.

Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


No eido festivo, estamos xa metidos de cheo na celebración dos tradicionais magostos, moi arraigados no noso Concello, e celebrados prácticamente en cada pobo e en cada parroquia e tamén nos diferentes locais de hostelería.

Anunciamos xa no día de hoxe tódolos previstos nas vindeiras datas dos cales temos constancia.

A continuación os carteis que anuncian estes concurridos eventos, os cales vos convidamos a participar e disfrutar da convivencia veciñal.









APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS DIFERENTES PROPOSTAS ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario