Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 16 de junio de 2015

Resumo dos recentes plenos celebrados no concello.

Na semana que remata, tivemos dous plenos estipulados legalmente que poñían fin a corporación 2011-2015 e daban constitución a nova 2015-2019.

No Pleno Extraordinario onde se daba por finalizada a lexislatura pasada, celebrouse o mércores 10 de xuño con un único punto na orde do día: "Aprobación da Acta anterior" (correspondente o que fora o debate de orzamentos 2015).

Neste punto, unha vez máis tivemos que votar en contra polos seguinte motivos que expoñemos:

1º- Consideramos unha auténtica burla que o Sr. Secretario lexos de facer a súa función de tomar nota e reflexalo na acta do que acontece e se debate no pleno se dedique agora a xogar a "psicólogo ou analista" e sexa capaz de entrar a valorar o xeito en que o noso portavoz socialista se expresa no pleno( recollendo literalmente na acta e calificándoo de "mal encarado").
Un xeito de expresarse provocado pola completa falta de información sobre asuntos relacionados cos orzamentos 2015 que xa analizamos noutro artigo deste blog, e ante as frases despectivas por parte do Secretario (que precisamente non recolle na acta) tratando de culpar os demàis dos seus descoñecementos sobre asuntos importantes.

2º- Non podemos seguir consentindo que sexa o Secretario o que tome parte nos debates políticos co noso portavoz socialista, cando debería ser o Sr. Alcalde como portavoz do seu grupo político.
As función do Secretario non son esas.

3º- Enlazando cos argumentos do punto anterior, e tendo en conta o que xa comentamos sobre a dudosa legalidade deste acordo do Pleno anterior, indicamos que SÎ están entre as súas funcións as de informar correctamente tanto o Alcalde como os concelleiros das posibles responsabilidades tanto administrativas como penais nos acordos tomados e aprobados neste pleno que tal e como agora sí recolle na acta...."DURANTE EL PERIODO QUE VA ENTRE EL 23 DE MAYO AL 13 DE JUNIO, AL AYUNTAMIENTO NO DEBERÍA CELEBRAR SESIÓN PLENARIA PARA APROBAR EL PRESUPUESTO MUNICIPAL...."

POLO TANTO CONFIRMANSE AS NOSAS SOSPEITAS SOBRE A DUDOSA LEGALIDADE DA CELEBRACIÓN DESTE PLENO E DOS ACORDOS  TOMADOS.

POLO TANTO, O GRUPO DE GOBERNO TERÁ QUE ASUMIR AS POSIBLES RESPONSABILIDADES DO ACORDADO NESTE PLENO CANDO DEBERÍAN SER CONSCIENTES DA SITUACIÓN QUE SE ESTABA A PRODUCIR.

NON SIRVEN POLO TANTO OS INCONGRUENTES ARGUMENTOS POR PARTE DO SR. ALCALDE QUE ALEGABA QUE ERA POR CUESTIÓNS DE TEMPO PARA TEMA DE SUBVENCIÓNS, QUE TIÑAN QUE APROBAR O "ANTES POSIBLE" OS ORZAMENTOS PARA NON PERDER OS CARTOS DE SUBVENCIÓNS OBTIDAS POLO CONCELLO.

RECORDAMOSLLE QUE O PRAZO PARA APROBAR OS ORZAMENTOS É NO ÚLTIMO TRIMESTRE DE CADA ANO.....POLO TANTO ESTA DISCULPA NON TEN SENTIDO ALGÚN CANDO LEVA MÁIS DE 6 MESES DE RETRASO....POR CERTO, COMO HABITUALMENTE FAI CADA ANO ¡¡¡

EN CANTO O TEMA DAS POSIBLES SUBVENCIÓNS, TAMPOUCO SE SOSTÈN COMO ARGUMENTO CANDO DURANTE TODO O ANO 2014 SE CELEBRARON POLOS MANDATARIOS DO CONCELLO INFINIDADE DE XUNTAS DE GOBERNO LOCAL SOBRE ESTE TEMA, CON DIVERSOS E DIFERENTES ACORDOS.

Finalizamos este pleno coa agradecemento por parte tanto do equipo de goberno como da nosa Agrupación Municipal Socialista aos concelleiros que traballaron polo Concello nestes últimos 4 anos como foron por parte Socialista JOSE ARTEMIO IGLESIAS e por parte Popular ODILO LÓPEZ,  e mención especial a unha persoa que traballou durante moitos anos en diferentes corporacións como foi JOSE OMAR BOUZO, a todos eles GRACIAS ¡¡¡



O sàbado día 13 as 12:00 tamén tivemos o pleno de constitución da nova corporación municipal onde se ratificou en votación por parte de tódolos concelleiros (con 7 votos dos concelleiros populares) a alcaldía para os vindeiros catros anos para MANUEL SEOANE, 


SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN ¡¡¡






No hay comentarios:

Publicar un comentario