Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 2 de junio de 2015

Resumo Pleno Orzamentos 2015

O noso compromiso coa información sobre o noso Concello continúa intacta, e aquí estamos de novo para resumir o que foi a celebración do Pleno Extraordinario do pasado 28 de maio, con un único punto na orde do día:

ORZAMENTO MUNICIPAL 2015

Resulta curioso que se nos convoque para este pleno o día seguinte da celebración das eleccións municipais.....segundo a versión dada polo Sr. Alcalde porque foi o día que chegou o acordo dunha subvención que estaba agardando dende principios de ano.....QUÈ CASUALIDADE¡¡¡

No comenzo do Pleno, como xa fixemos en algún outro lugar, como tamén persoalmente, por parte do noso portavoz, en nome dos membros da Agrupación Municipal Socialista felicitamos públicamente os membros do Partido Popular polo seu resultado electoral.

A continuación, o Secretario do Concello da lectura a súa versión e cuestións legais sobre a celebración deste "Pleno Extraordinario", xustificando e argumentando os motivos da súa celebración.

Por parte da nosa Agrupación Socialista no Concello, escoitamos con interés as súas explicacións que unha vez máis estiveron "aderezadas" con multitude de citas e referencias a moitos preceptos legales cos que trataba de xustificar a "legalidade" dos acordos que se iban a tomar neste pleno.

Como temos e tivemos antecedentes e motivos suficientes como para non conformarnos coas súas explicacións, fixemos as consultas pertinentes sobre as posibles "irregularidades" sobre a celebración nestas datas (goberno en funcións) deste pleno e os seus respectivos acordos, nos remitiron ao Artigo 39.2 do Real Decreto 2586/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Rèxime Xurídicos das Entidades Locais que segundo a imaxe seguinte ven a decir o seguinte....



POLO TANTO, ENTENDEMOS QUE NON È LEGAL XA QUE A APROBACIÓN DO ORZAMENTO NON É ADMINISTRACIÓN ORDINARIA.

CONSULTAREMOS OS SERVIZOS XURÍDICOS, ASÍ COMO AGARDAREMOS A ACTA DESTE PLENO, PARA COMPROBAR OS PRECEPTOS LEGAIS NOS QUE SE "AMPAROU" O SR. SECRETARIO, PARA POSTERIORMENTE, SÍ É O CASO......ACTUAR DIANTE DA XURISDICCIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA.

Posteriormente comenzou o debate sobre o punto que trataba dos orzamentos, onde unha vez máis o Sr. Alcalde se mantiña o marxe como si non fora o asunto con él, e era o Secretario quen expoñìa os datos económicos o resto de concelleiros, así como ser a persoa que, unha vez máis con moi pouco acerto....E NULA IMPARCIALIDADE, trataba de respostar as nosas cuestións, ignoradas polo Sr. Alcalde, xa que segundo él os orzamentos eran "tècnicos" e non "políticos", polas datas nas que nos atopàbamos.....¿?

Comenzamos por preguntar, xa que estaba relacionado con temas de persoal, e a raíz de que nunha recente resolución se lle denegaba axuda económica o Concello para os gastos da Axente de Emprego e Desarrollo Local para o exercicio 2014, motivo polo cal preguntamos si o Concello se facía cargo integramente das súas retribucións.

Neste caso se nos respostou que o exercicio anterior 2014 se lle pagaba coa subvención do ano 2013¡¡

A resposta non ten nin pès nin cabeza, pretenden unha vez máis facernos ver cousas diferentes as que por sorte de fan públicas a través dos diversos boletíns oficiais.

No seguinte enlace veredes a convocatoria de subvencións.....PARA O EXERCICIO 2014:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140721/AnuncioCA05-110714-0005_gl.pdf

¿ALGÚN DUBIDA QUE INDICA CLARAMENTE......EXERCICIO 2014?

Posteriormente, publicouse a resolución onde o noso Concello non percibía axuda ningunha, a pesar de estar todo o ano 2014 nas oficinas municipais, motivo polo cal todavía agardaremos a ver expedientes e facturas para saber quen se fixo cargos deses gastos, xa que ninguén nos quixo respostar coherentemente....

A citada resolución:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150408/AnuncioCA05-270315-0013_gl.pdf

Para entrar un pouco máis en detalle sobre os Orzamentos 2015 analizamos as seguintes cuestións:

-- Observamos que na Liquidación do ano 2014 no apartado de Taxas, Preciós Pùblicos e Outros Ingresos se recaudaron 106.850€, e para este vindeiro exercion de preven ingresar 115.000€....polo tanto preguntámonos donde vai a estar este incremento??

-- Chama poderosamente a atención o incremento no orzamento municipal con respecto o exercicio anterior de case medio millón de euros¡¡¡, que segundo o consultado irá destinado ese incremento no apartado de inversións a MÍTICA obra da Praza do Concello.

Agardemos que desta vez, por fin, sexa a definitiva, nunha obra que como xa temos indicado vai superar o millón de euros e onde o seu estado actual non fai reflexo do ahí investido ata o de agora, con un Plan E incluído e do cal todavía non temos a resposta de porquè está todavía sen uso a Biblioteca (que foi para o que se orzamentaron máis de 300.000€),

Esta obra xa se anunciou o seu remate para o ano 2088, logo para o 2011 e agora no 2015 esperamos poder creelo.

Recentemente, publicouse na prensa un interesante artigo sobre este asunto:

ccaa.elpais.com/ccaa/2015/05/09/galicia/1431189813_044081.html

-- No estado de Gastos 2015 na súa páxina 2, atopamos 20.100€ para Retribucións de Persoal para Centros Docentes....preguntamos a quén pertence esa retribución e non obtivemos resposta concreta, divagaron sobre diferentes cuestións e cambios nas denominacións dos orzamentos pero a resposta non foi dada.

E DIFÍCIL DE ENTENDER COMO NON SE SABE DAR RESPOSTA A SIMPLES PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS RECOLLIDAS NOS ORZAMENTOS POLAS PROPIAS PERSOAS QUE OS ELABORAN......¡¡¡¡NAS MÁNS DE QUEN ESTAMOS¡¡¡

Tamén neste mesmo punto, preguntamos a quen se destinan 6.100€ para Persoal para Promoción de Fomento do Deporte.......A RESPOSTA FOI A MESMA.....NIN IDEA ¡¡¡

-- Tamén debemos indicar, que o Sr. Alcalde en numerosas ocasións ao longo da pasada lexislatura sempre indicou que NUNCA lle pasaron os membros do goberno ningún cargo ao Concello.
¿Entonces porquè se orzamentan 10.000€ en Dietas?

-- Lamentamos tamén que unha vez máis teñamos que leer e releer a información, documentos e datos, neste caso dos orzamentos para atopar unha resposta a unha cuestión plantexada por escrito nas oficinas do Concello, e logo de meses sin resposta, atopámola na "letra pequena" dos orzamentos, onde se indica que con data do 30 de xuño de 2015 se adaptara (e reducirà) o soldo do Alcalde para adaptalo a nova normativa que limita os soldos tal e como solicitamos en reiteradas ocasións ¡¡¡

-- Novamente, volvendo o apartado de persoal, atopámonos con respecto ao exercicio anterior, coa creación de 2 novos postos de traballo dependentes do Concello, cando por lei está prohibido.

Son un para Monitor Deportivo e outro de Oficial de Servicios Varios, os dous aparecen como vacantes pero sí teñen aportación económica municipal.

Tanto o Sr. Alcalde como o Secretario, unha vez máis, non son quen de dar unha reposta coherente....primeiro alegan a cuestións de orzamento, despois si será o monitor de ximnasia e o peón de obras. NON É NINGÚN DOS NOMEADOS POLO QUE QUEDAMOS A ESPERA DUNHA RESPOSTA SOBRE ESTA CUESTIÓN ¡¡¡

-- Tamén fixemos no pleno a seguinte reflexión.....

È CURIOSO QUE LOGO DAS RECENTES PUBLICACIÓNS NEGANDO O QUE REFLEXABAN OS PAPEIS EN CANDO AO APARTADO DE SUBVENCIÓNS, VEMOS COMO ESTE ANO, DESAPARECE COMO BENEFICIARIO O MOTOCLUBE A PEROXA, E POLA CONTRA, SE INCLÚE A ESCUDERÍA OURENSE A QUE SE LLE ADXUDICAN 3.000€¡¡¡

PREGUNTAMOS SOBRE ESTE ASUNTO E O ALCALDE RESPOSTA QUE È PARA PAGAR O PASO DO RALLY POLO NOSO CONCELLO.

NESTE PUNTO, E GUIÁNDONOS POLA ORDENANZA DO CONCELLO POLA QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS VEMOS COMO NO SEU ARTIGO 7, ESTABLECENSE, ENTRE OUTROS REQUISITOS...."QUE A SEDE SOCIAL SE ATOPE NA PEROXA" .....POLO TANTO, TENDO EN CONTA QUE A SEDE DA ESCUDERÍA OURENSE ESTÁ NO PARQUE DE SAN LÁZARO Nº 3 DE OURENSE.......¿CÒMO SE XUSTIFICA ESTA SUBVENCIÓN?

A DANTESCA RESPOSTA DO ALCALDE FOI......"POIS A ORDENANZA ESA TEN UNHA FALTA" ¡¡¡¡........LAMENTABLE......INSULTANTE......E TOTALMENTE IRREGULAR ¡¡¡¡

Nas seguintes imaxes as mostras e documentos da nosa apreciación....




Finalizamos o debate....ou máis ben as preguntas sin resposta......manifestando que nos parece increíble que os responsables tanto das oficinas municipais como por parte do goberno municipal non sexan capaces de respostar a simples e sinxelas preguntas sobre uns orzamentos 2015 feitos por vostedes mesmos.

Noutros Concellos temos visto a través da prensa como dende a oposición sempre se argumenta para non votar a favor que non son uns orzamentos realistas..... que non son sociais...... que hai moito gasto en persoal,.....que hai poucos cartos para inversións......que hai moito gasto corrente.......

PERO NOS VÀMOS A QUEDARNOS DESTA VEZ CON OUTRO DOS ARGUMENTOS HABITUAIS QUE É QUE "SON UN CORTA E PEGA DE ANOS ANTERIORES", E PARA DEMOSTRALO LITERALMENTE AMOSAMOS COMO NAS IMAXES POSTERIORES DOS ÚLTIMOS 3 EXERCICIOS NON FORON QUEN NIN DE CAMBIAR O ENCABEZAMENTO NO MESMO DOCUMENTO ¡¡¡ (Fala de exercicio 2013)




POLO TANTO, O NOSO VOTO EN CONTRA NON É POR NINGÚN DOS MOTIVOS ANTES INDICADOS......È SIMPLEMENTE PORQUE ESTES ORZAMENTOS NON SON OS QUE O CONCELLO DA PEROXA NECESITA.

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN.

ESTA É A REALIDADE DO TEU CONCELLO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario