Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 11 de junio de 2015

Actividades de interés no Concello na fin de semana do 13 e 14 de xuño de 2015

No que se refire as competicións oficiais dos nosos equipos reprensentativos tan só un ten xornada.

Serà o equipo de PEARES FUTBOL SALA, que disputará a eliminatoria de Cuartos de Final o Sàbado 13 as 21:00 no Pabellón dos Remedios diante do SD OS ESCORNABOIS.


Tamén os compoñentes do PEROXA RUNNING se desprazaràn a algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana que podedes consultar no enlace seguinte...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Tamén hai que destacar outro evento importante, que un ano máis discurrirá polas estradas do noso Concello, como será o paso do Rallye de Ourense 2015, con pasadas polo tramo A PEROXA as 17:20 e as 20:00.

Toda a información no seguinte enlace:

www.rallyeourense.eu/rallye.aspx?id=322&ed=48

DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES DO PASO DO RALLY PERO EXTREMANDO A SEGURIDADE PARA EVITAR SUSTOS INNECESARIOS.


Tamèn continúan as nosas festas populares, desta vez en Mirallos, anunciadas a través do seguinte cartel:



Tamén informamos a veciñanza que na maña do sábado 13 as 12:00 no salón de plenos do Concello da Peroxa, constituirase a nova corporación para a vindeira lexislatura.

Por supostos, non vos esquezades que este sábado temos feira na Peroxa......un bó plan.....pulpo, carne......e rallye ¡¡¡


PARTICIPA E DISFRUTA DOS EVENTOS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡


SEGUIMOS CUMPRINDO O NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario