Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 19 de diciembre de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 20 e 21 de decembro de 2014....e outros eventos de interès ¡¡

Os equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións:

A PEROXA C.F. - C.D.C. STA. TERESITA: Domingo 21 as 16:00 no campo do Marco.

C.D. CALDELAO - ATL. PEROXA: Sàbado 20 as 16:00 no campo de Castro Caldelas.
 
SALAMONDE C.F. - A PEROXA C.F. "B": Sàbado 21 as 16:00 no campo de Salamonde.

NOGUEIRA DE RAMUIN S.D. - A PEROXA C.F. INFANTIL: Domingo 21 as 10:45 no campo de Luintra.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - E.D. CONCELLO BARBADAS "C": Sàbado 20 as 11:30 no campo do Marco.

ESCOLA DEPORTIVA OURENSE "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 20 as 10:30 no campo do Campus Universitario

ANTELA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 20 as 16:00 no campo de Xinzo de Limia.

OS PEARES FS - CIDADE DAS BURGAS "A": Sàbado 20 as 18:00 no pabellón dos Peares.



Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


En canto o anuncio de actividades previstas para as vindeiras datas festivas, destacamos os eventos adicados para os mais novos como son a visita a Pazolandia o próximo dìa 30 e anunciado a través do seguinte cartel:

Tamén teremos este ano, por fin, e pensando nos protagonistas principais destas datas festivas, unha importante novidade para os màis peques, como será unha festa infantil prevista para o Domingo 28 no Polideportivo da Peroxa, anunciado do seguinte xeito:

Tamén, por cercanía, e polos moitos aficionados existentes no noso Concello a boa música e os concertos e demàis actividades que se organizan asiduamente no Auditorio de Cambeo, no veciño Concello de Coles, anunciamos a través do seguinte cartel os eventos programados para estas datas próximas:


 
FINALMENTE, E PARA POÑER ALGO DE CRÍTICA A ESTE ARTIGO TEMOS QUE MANIFESTAR O NOSO PARECER CON RESPECTO O CARTEL QUE SE USA ESTE ANO DENDE O CONCELLO DA PEROXA PARA FELICITAR AS FESTAS A VECIÑANZA.

È OUTRO CLARO EXEMPLO DO QUE XA LEVAMOS MANIFESTADO DURANTE ESTES ANOS DE LEXISLATURA.......O PERSONALISMO E A CONCENTRACIÓN EXCLUSIVA SOBRE A PERSOA DO SR. ALCALDE QUE PARECE SER O ÚNICO SER E CENTRO TOTAL DE ATENCIÓN DUN CONCELLO, QUE XA SIN ENTRAR A VALORAR QUE A CORPORACIÓN ESTÁ FORMADA POR 11 CONCELLEIROS ENTRE OS QUE NOS ATOPAMOS, INDICAMOS QUE NOS PARECE UNHA FALTA DE RESPETO TOTAL OS SEUS PROPIOS COMPAÑEIROS E CONCELLEIROS DO GRUPO DO PARTIDO POPULAR.

O ASUNTO ESTÁ QUE NO CARTEL DE FELICITACIÓN QUE AMOSAMOS A CONTINUACIÓN TAN SÓ É O ALCALDE O QUE SE DIRIXE OS VECIÑOS E VECIÑAS PARA DESEXAR BOAS FESTAS.......CANDO O LÓXICO E O IGUAL QUE O RESTO DE CONCELLOS DEBERÍA FACER ESES BOS DESEXOS EN NOME DO CONCELLO E NON DE XEITO INDIVIDUAL E PERSONALISTA.



SEXA COMO SEXA, DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO, ASÍ COMO POR PARTE DE TODOS OS QUE FORMAMOS A FAMILIA SOCIALISTA TAMÉN DESEXAMOS E COMPARTIMOS ESES BOS DESEXOS DE PASAR UNHAS BOAS FESTAS E UN MOI FELIZ ANO 2015 ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario