Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Actividades e eventos variados....e importantes ¡¡¡

Anunciamos, como é habitual neste blog dende xa fai moitos anos, os eventos e actividades que se desenrolan no noso termo municipal, organizados por distintos promotores.

Informamos dun acto destacado, novedoso e de interès que se celebra este venres 12 no local da Asociación de Veciños de Armental, que se anuncia a través do seguinte cartel.

Continuamos co anuncio dun interesante Concurso de Fotografía que organiza o Concello e que se anuncia a través do seguinte cartel:


E tamén se publicaron as bases que rexiran o concurso:


Tamén se levará a cabo unha campaña de recollida de alimentos, este ano en colaboración cos establecementos do Concello. O anuncio è o seguinte:


COMO NON PODÌA SER DOUTRO XEITO, INVITAMOS A TODA A VECIÑANZA A PARTICIPAR E COLABORAR NESTES INTERESANTES EVENTOS.

AGARDANDO TAMÉN OUTRAS ACTIVIDADES NO NADAL DIRIXIDAS OS GRANDES PROTAGONISTAS DESTAS DATAS COMO SON OS NOSOS NENOS E NENAS.



Non queríamos deixar pasar a ocasión de referirnos o acontecido con unha campaña similar a que se realiza este ano coa recollida de alimentos, e que se fixo o pasado ano sendo un cúmulo de despropósitos.

Lembremos o anuncio que se facía o ano anterior da campaña convocada...

 

 A recollida de xoguetes e de alimentos non foi todo o exitosa que a ocasión o merecía, pero o procedemento posterior por parte do Concello da Peroxa, non estivo a altura dunha circunstancia tan especial e sensible como esta.

Os xoguetes e alimentos tardaron semanas en ser repartidos os seus destinatarios quedando polo tanto os cativos sin os seus correspondentes xoguetes nunhas datas tan sinaladas.

Esta circunstancia foi preguntada no pleno de xaneiro polos nosos concelleiros a través dunha pregunta o Sr. Alcalde, tal como amosamos na pregunta 6 do seguinte documento:


As respostas dadas polo Sr. Alcalde, segundo se recolle na acta do citado pleno celebrado o 21 de xaneiro de 2014 foron as seguintes:

"A VALORACIÓN NON FOI POSITIVA, XA QUE FOI POUCA A RECOLLIDA NESTA CAMPAÑA"

"OS ALIMENTOS E OS XOGUETES ESTÁN ALMACENADOS XA QUE NON SE PODEN REPARTIR POR ESTAR A ASISTENTA SOCIAL DE BAIXA".

"O CONCELLO NON APORTOU NADA A ESTA CAMPAÑA"

COMO PODEDES COMPROBAR TRISTES RESPOSTAS, E MÁIS TRISTE A ACTUACIÓN E XESTIÓN QUE O CONCELLO DA PEROXA FIXO DESTA CAMPAÑA.


EN CANTO O TEMA DA NULA APORTACIÓN DO CONCELLO A ESTA RECOLLIDA É UN TRISTE DATO QUE CONTRASTA CO DESPILFARRO QUE NESAS MESMAS DATAS SE FIXO NUNS CALENDARIOS QUE CUSTARON MÁIS DE 2.000€ DOS NOSOS CARTOS E IMPOSTOS.

Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello así o expresaron públicamente a través das seguintes noticias na prensa local:




POLO TANTO, E PARA FINALIZAR ESTA PUBLICACIÓN.....REITERAMOS A NOSA PETICIÓN DE COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN NAS DISTINTAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS E DESEXAMOS ESTE ANO UNHA CORRECTA XESTIÓN NA RECOLLIDA E REPARTO DE ALIMENTOS.


SEGUIMOS CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN ¡¡¡
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario