Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 23 de diciembre de 2014

Seguimos anunciando eventos....¡¡¡

A pesar de estar metidos xa de cheo nas festas do nadal 2014 e nos previos do novo ano 2015, temos que seguir dando información de interese para a veciñanza do concello.

Celebraránse maña día 24 de decembro, dìa de noite boa, festas nos locales de hostelería seguintes, anunciados a través destes carteis para tódolos interesados que queiran participar e disfrutar destas festas organizados por estos locais que enchen de vida e actividades o noso Concello:



Disfrutemos desta noite especial acompañados dos veciños, veciñas e grupos de amigos e amigas ¡¡


Tamén queríamos informar a veciñanza do Concello dun importante acto a celebrar o vindeiro sábado no concello veciño de Coles sobre a situación actual do trazado da Autovía A-76, que afecta tamén a varios pobos do Concello da Peroxa.
Animamos polo tanto os interesados a acudir, informarse e tamén preguntar e opinar.



NESTE ASUNTO XA É DE COÑECEMENTO PÚBLICO A NOSA POSTURA....ESTAMOS NA DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO E DA NOSA PAISAXE DA RIBEIRA SACRA, POLO QUE MANTEMOS QUE DEBERÍAN BUSCARSE ALTERNATIVAS MENOS DAÑINAS PARA ESTES PARAXES INCOMPARABLES....PERO TAMÉN INDICAMOS QUE NO CASO DE QUE ESTA INFRAESTRUCTURA PASE FINALMENTE, SE NON PROSPERAN AS DEMANDAS CONTRA ESTA VÍA, POLO NOSO CONCELLO, SE ABRA UN NOVO PERIODO DE ALEGACIÓNS, QUE XA RECLAMAMOS E ACADAMOS RESPOSTAS POSITIVAS NESTE ASUNTO, A PESAR  DAS TRABAS E DA IGNORANCIA DO PROPIO CONCELLO DA PEROXA CO SEU ALCALDE A FRONTE QUE NEGOU QUE FORA PASAR POLO NOSO TERMO MUNICIAPAL.

ASIMESMO, LOITAREMOS POR TER UN ENLACE NO NOSO CONCELLO, QUE BENEFICIE O NOSO DESENROLO E MELLORE AS INFRAESTRUCTURAS EXISTENTES, E NON SEXA O ÚNICO CONCELLO DOS 18 POLOS QUE TRANSCURRE DENDE PONFERRADA ATA OURENSE QUE QUEDARÍA SEN ÉL.



TAMÉN POÑEMOS EN COÑECEMENTO DE TOD@S QUE TEREMOS CONCERTO O VINDEIRO 3 DE XANEIRO NA PEROXA. ANUNCIADO CO SEGUINTE CARTE:


AGARDAMOS POLO TANTO A VOSA ASISTENCIA A ESTE EVENTO TRADICIONAL POR ESTAS DATAS E ORGANIZADO E PROTAGONIZADO POLO RONDALLA XUNTANZA DOS POBOS QUE PERCORRE CADA POBO E CADA PARROQUIA DO NOSO CONCELLO ENCHENDO DE MÚSICA E LEDICIA DURANTE TODOS OS DÍAS DO ANO.



Finalmente, querìamos aproveitar a ocasión para felicitarnos que por fín, dende o Concello se felicitasen públicamente na prensa local as festas a toda a veciñanza en nome de todo o Concello da Peroxa e de toda a corporación, e non como se fixo a través dos bandos feitos únicamente pola persoa do Sr. Alcalde, como xa indicamos e criticamos en artigos anteriores neste mesmo blog.

A imaxe corrobora a nosa xusta demanda...


FINALIZAMOS E NOVAMENTE DESEXAMOS BOAS FESTAS A TOD@S E UN MOI FELIZ ANO 2015 ¡¡¡

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario