Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 1 de septiembre de 2014

Resumo Pleno do 28 de xullo de 2014

Con certo retraso, pero o descanso vacacional, e logo a moita información sobre diversos temas de interese fixo que non editaramos o que foi o resumo do interesante pleno celebrado no Concello da Peroxa o pasado luns 28 de xullo de 2014.

O que se tratou, debateu e aprobou neste Pleno foi o seguinte.....

A convocatoria e a orde do día deste pleno sobre os asuntos a tratar foi a seguinte:



No punto 1: aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto 2: aprobouse por unimidade a modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos "Sta. Àgueda", para adaptalos a nova Lei de Rèximen Local.
 
No punto 3: aprobouse coa maioría dos seis concelleiros presentes do PP e a abstención dos nosos concelleiros a conta xeral do orzamento 2013.

No punto 4: aprobase por unanimidade cambios propostos no proxecto de convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación Provincial de Ourense e os Concellos de Coles e A Peroxa para a amplicacion da Senda Peonil entre Velle e Os Peares.

No punto 5: Sobre o debate da continuidade ou non do Punto de Atención a Infancia (P.A.I) no Concello da Peroxa, o secretario expón o informe económico onde reflexa un déficit anual deste servizo de preto de 23.000€ anuais, polo que insiste a conveniencia do cese deste servizo e a amortización dos postos de traballo do centro.
O Sr. Alcalde indica que para o curso vindeiro prevese a presencia de 3 ou 4 nenos e que se agarda algunha subvención para sufragar os gastos deste servizo.
O secretario advirte da posibilidade de que as traballadoras da gardería poidan chegar a converterse en indefinidas INCUMPRINDO ASÍ A NORMATIVA EN VIGOR SOBRE ESTA MATERIA ¡¡¡
O Sr. Alcalde manifesta que "CHEGADOS A ESA SITUACIÓN O SER PERSOAL LABORAL BOTANSE A CALLE COA INDENNIZACIÓN CORRESPONDENTE E LISTO"

MATIZA O SECRETARIO QUE INCLUSO SE PODE USAR A OPCIÓN DUN ERE ¡¡

O noso portavoz socialista argumenta que non entende porqué se está a cumpliar a nova Lei de Rèximen Local para unhas cousas (pon como exemplo as modificacións feitas no punto 2 deste mesmo pleno sobre os Estatutos da Mancomunidade), e pola contra non se CUMPRE O QUE INDICA ESA MESMA LEI OBRIGANDO AS DEPUTACIÓNS A ASUMIR OS GASTOS DOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE MENOS DE 20.000 HABITANTE COMO É O NOSO CASO.

O Alcalde matiza que a famosa Lei aprobada )lembramos únicamente no Goberno cos votos do seu Partido Popular), È UN AUTÉNTICO DESPROPÒSITO E PERXUDICA NOTABLEMENTE OS CONCELLOS QUE NON SÓ SE LLES SACAN COMPETENCIAS SENÓN QUE LLE AUMENTAN GASTOS...

O portavoz socialista insiste en que por Lei debe ser a Deputación a que asuma os gastos deste servizo e amosa unhas bases recentemente publicadas no Boletín Oficial da Provincial que así o recollen e que podedes comprobar vos mesmos no seguinte enlace na páxina  2: polo tanto tan sò hai que exixir que se cumpran as leis ¡¡¡

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=194&fecha=20140825 

Este argumento sostido e defendido polo noso portavoz tamén se ve reflexado nas noticias publicadas na prensa local, pero que unha vez máis parecen anuncios de artificio para quedar ben, pero que en realidade como vemos neste caso, non se están a cumplir.

Exemplo desta noticia na prensa local...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/26/diputacion-destina-1-millones-siete/1081602.html?utm_medium=rss 


POLOS ARGUMENTOS EXPOSTOS SOLICITAMOS O SR. ALCALDE E O SEU GRUPO DE GOBERNO QUE FAGA CUMPRIR AS LEIS A DEPUTACIÓN DE OURENSE E QUE ASUMA AS SÚAS COMPETENCIAS.

POLO TANTO, BOTAMOS A FAVOR DE MANTER ESTE SERVIZO XA QUE AINDA QUE O NUMERO DE USUARIOS SEXA ESCASO, XA LEVA ANOS FUNCIONANDO NESTAS CONDICIÓNS E AGORA OS NOVOS USUARIOS NON PODEN VERSE PERXUDICADOS POLA INCOMPETENCIA DALGUNHAS ADMINISTRACIÓNS.

FINALMENTE ACORDASE, POR UNANIMIDADE O MANTEMENTO DO SERVIZO E A RENOVACIÓN DOS CONTRATOS DAS TRABALLADORAS.

No punto 6: no apartado de escritos e comunicacións da Alcaldía, o Sr. Alcalde propòn a aceptación e aprobación dun escrito sobre os últimos roubos con violencia acontecidos no Concello, ademáis de roubos recentes de maquinaria, chatarra, gasoleo, etc.

"Considera que os habitantes dos concellos rurais estan nun total abandono (interesante manifestación, pero tamén aplicable o estado dos nosos servizos e infraestructuras. Parece que o subconsciente traicinou o Sr. Alcalde o manifestar esta frase tan certa ¡¡¡) e indefensión xa que non se aplican penas severas os delincuentes"

As noticias que publicou sobre esta triste situación forón, entre outras, as seguintes:

http://www.laregion.es/articulo/ourense/personas-asaltan-y-golpean-matrimonio-casa-peroxa/20140717100734482558.html 

http://www.laregion.es/articulo/provincia/concello-peroxa-robaron-maquinaria-valor-casi-10-000-euros/20140718072517482688.html 

http://www.laregion.es/articulo/ourense/son-violentos-utilizan-linternas-y-hablan-gallego/20140718072307482686.html 

http://www.laregion.es/articulo/provincia/ladrones-vigilan-cuando-cobran-pension/20140718072732482689.html 

http://www.laregion.es/articulo/ourense/ladrones-ancianos-podrian-esconderse-ciudad-robos/20140719074218482875.html 

Por este motivo propón a aprobación por parte do Pleno dos acordos seguintes:

1. Solicitar aos órganos competentes o aumento da vixiancia policial nas zonas rurais.
2. Solicitar das administracións competentes endurecemento de penas por delitos desta índole así como unha maior investigación dos delitos que se comenten.
3. Dar traslado deste acordo a Subdelegación do Goberno de Ourense para que faga traslado del aos órganos estatais correspondentes.

Ante esta exposición o noso Concelleiro Jose Artemio Iglesias Amorín considera que a Garda Civil debería velar máis pola seguridade e non polo afán recadador da imposición de multas. Propón que se incrementes os controis e roldas nocturnas polos pobos de todo o Concello.

Engado o Sr. Alcalde que durante as feiras e evidente que están só para recadar, manifestando a súa disconformidade polo seu proceder.

Por todo o exposto, aprobanse por unanimidade os acordos propostos.

No punto 7: aprobanse por unanimidade como festivos locais no vindeiro ano 2015 o 17/02/2015 (Martes de Entroido), e o 11/11/2015 (San Martiño).

No punto 8: o Sr. Alcalde indica que os decretos están a disposición para a nosa consulta.

No punto 9: 

No partado de ROGOS, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, como en tòdolos plenos anteriormente celebrados traslada o Sr. Alcalde as peticións de mellora detectadas polos nosos concelleiros, así como os que nos trasladan os veciños e veciñas do Concello e que neste pleno foron os seguintes:




No Rogo 1: indica o Sr. Alcalde que nas vindeiras datas se reparará o muro caído.

As imaxes que xustifican a nosa petición....





No Rogo 2: manifesta o Sr. Alcalde que "andamos en eso", que agora están de vacacións os das palas pero a volta se procederá a súa reparación.

Xustificamos esta petición coa imaxe seguinte..


No Rogo 3: a resposta do Alcalde a nosa petición que è o 3º ou 4º que rompen, pero que haberá que repoñelo.

Imaxe da nosa petición....



 
No Rogo 4: a resposta do Sr. Alcalde foi que nese lugar existe o problema de que si se entuba ese rego a auga non circula polo desnivel. Manifesta que cando se deixe de regar se valorará unha solución.

O noso portavoz indica que entonces sería necesaria sinalar a súa existencia coa correspondente señal na carretera nos dous sentidos.

A imaxe do lugar indicado é a seguinte...






Neste mesmo punto 9, presentamos as seguintes PREGUNTAS, sobre cuestións da actividade municipal para a súa resposta no pleno.

As preguntas presentadas foron as seguintes:




A resposta a pregunta 1, foi que os traballo foron poucos. Actuaron en Turbisquedo, campo da festa da Peroxa, Peares, arredores do Castelo. Tamén tiveron actividades como cocer pan, et.
A labor que desenrolaron nas residencias descoñecea.

En reposta a pregunta 2, o Sr. Alcalde informa de que os Concellos de Coles e Maside non cumprían os criterios establecidos para esta subvención e polo tanto se denegou esta subvención.

A resposta a pregunta 3, o Sr. Alcalde explica as funcións da persoa que está o fronte deste servizo.....que básicamente están a de colaboración co persoal dos concellos de Vilamarin e A Peroxa para o traballo coa documentación en galego. 3 días en Vilamarín e 2 na Peroxa.

O noso portavoz indica que para este mesmo fin, xa se solicitou subvención o ano anterior para a creación deste servizo, polo tanto, este ano, o igual que o resto de Concellos tocaría solicitar subvención para o seu mantemento, non novamente creación. O Alcalde indica que descoñece esa situación xa que esta subvención se tramitou dende o Concello de Vilamarin.

Na resposta da pregunta 4, o Sr. Alcalde indica que o Parque Infantil de Corbelle pertence o Concello. Que foron os veciños quen colocaron os columpios e o tobogán..
Indica o Alcalde que descoñece cal é o seu estado actual, que nunca ningún veciño lle trasladara queixa algunha, pero que en todo caso, si están deteriorados haberá que miralos.

Neste lugar, algún veciño voluntario xa fixo melloras no tobogán, pintando e mellorando para evitar problemas no seu uso polos nenos e nenas que o usan.

As imaxes seguintes amosan o estado actual, polo cal solicitamos o seu arranxo:





 Tamén preguntamos de xeito oral sobre outras cuestións de actualidade importantes:

1. CON DATA DO 4 DE ABRIL DESTE ANO SOLICITAMOS POR ESCRITO COPIA DO CONTRATO 2013 ADXUDICADO A EMPRESA MANTESIL, QUE NON NOS FOI FACILITADO O IGUAL QUE NESTE ANO 2014 TAMÉN A MESMA EMPRESA POR VALOR DE CASE 6.000€.  
¿QUE FUNCIÓNS E ACCIÓNS REALIZA ESTA EMPRESA NA PISCINA?

O Alcalde resposta que todo excepto a contratacion do Socorrista, è decir, limpeza, cloro, responsable ante Sanidade, depuradora, etc.

O noso portavoz socialista manifesta que entonces o Concello está a pagar por un servizo que xa ten GRATUITO,  segundo o que indica a acta do Pleno do 18/12/2006 que foi a data na que se adxudicou o servizo de augas municipais a empresa que o xestiona actualmente, e entre os puntos e compromisos a cumpliar atópase o de REVISIÓN PERIÓDICA DA DEPURADORA DA PISCINA MUNICIPAL, SIN COSTE ALGÚN PARA O CONCELLO.

Este documento, podedes comprobalo na seguinte imaxe por vos mesmos, para ver o tipo de xestión que se está a facer no noso Concello.



 O Alcalde, unha vez máis, defendendo intereses de empresas privadas, esforzase por xustificar esta situación, indicando que OS DOUS ESTÀN A CUMPRIR A SÚA LABOR ¡¡¡
Que a empresa de augas a revisa  a depuradora durante o inverno ¡¡¡

Preguntamos, relacionado con este asunto.....¿CAL É O DOMICILIO SOCIAL DESTA EMPRESA QUE TEN A CONCESIONARIO DE AUGAS NO CONCELLO?

O Sr. Alcalde responde que o descoñece.....que será o seu domicilio ¡¡¡

Informamoslle que figura como sede social a dirección:  A PEROXA Nº 25.

Tamén o Sr. Alcalde descoñece esa dirección....¡¡¡¡¡ informandoo que pertence o Centro de Saúde da Peroxa, onde esta empresa dispón dun local para, segundo nos indica outro concelleiro popular.......ATENDER O PÙBLICO ¡¡

Este é o lugar en cuestión....


 Tamén preguntamos quen paga os recibos de luz e outros gastos desta oficina, e se existe algún tipo de contrato co Concello?

O SR. ALCALDE NON RESPOSTA NADA O RESPECTO, SIMPLEMENTE AFIRMA QUE TERÁ QUE VER O CONTRATO DE CONCESIÓN DO SERVIZO ASINADO NO SEU DÍA PARA PODER DAR RESPOSTA A ESTAS CUESTIÓNS.

Tamén reiteramos que agora que se cedeu o Centro de Saùde o Sergas para o seu mantemento....igual estamos todos a través do Sergas a pagar cos nosos impostos os gastos desta empresa privada???

A cesión acordouse nun pleno do concello....


Polo tanto, reiteramos as nosas peticións de explicacións sobre esta situación, xa que è cando menos curiosa, e produciría un agravio comparativo con outras empresas que están a usar locais municipais e pagando os seus alugueres o Concello.

2. PREGUNTAMOS TAMÉN SI COÑECE XA O SR. ALCALDE CANTOS CONCELLEIROS VAI TER O NOSO CONCELLO NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE MAIO DE 2015, XA QUE CREEMOS QUE O DESCENSO POBOACIÓNAL OCASIONARÁ A PERDA DE DOUS PASANDO DE 11 A 9.

O Alcalde indica que todavía non ter confirmación oficial, pero polo que indagou informaronlle que o este dato se publicará co peche do censo a finais de 2014

3. INTERESAMONOS TAMÉN POLAS CAUSAS DE QUE SE CELEBRASEN 3 XUNTAS DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIAS URXENTES EN 11 DIAS PARA TRATAR O MESMO ASUNTO.

O Alcalde manifesta que oxalá tivesen unha cada día, xa que son para "conseguir billetes" e subvencións para o remate entre outros do famoso e multinome.....EDIFICIO MULTIUSOS, agora con nova subvención millonaria baixo o nome de "OFICINAS DE SERVIZO PARA A ECONOMÍA E A POBOACIÓN RURAL" e tamén con este outro que debe facer a denominación décima sobre este mesmo edificio en construcción..." AULA PARA A 3º IDADE".

Volvemos a calificar esta obra como "O GAIÁS DA PEROXA", xa que logo dunha inversión de medio millón de euros está na situación que todos podedes ver, e agora novamente para o seu remate (seica definitivo), volveremos a ter subvención doutro medio millón de euros ¡¡¡


VER PARA CREER ¡¡¡

 
ESTAS SON AS SITUACIÓNS QUE SE DAN NO TEU CONCELLO, E QUE  SEGUINDO O NOSO COMPROMISO E LABOR DE INFORMACIÓN POÑEMOS O TEU ALCANCE PARA QUE ANALICES, REFLEXIONES E SOBRE TODO.........DECIDAS ¡¡¡


SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario