Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 12 de septiembre de 2014

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 13 e 14 de setembro de 2014

Os representantes no eido deportivo do noso Concello da Peroxa terán a participación seguinte, nos seus respectivos deportes e competicións, asì como tamén algún evento importante cercano o noso Concello.

LEIRO C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 14 as 17:30 no campo de Leiro.

ATL. PEROXA - C.D. COLES: Domingo 14 as 18:30 no campo do Marco.

C.D. BARRA DE MIÑO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 14 as 11:30 no campo de Barra de Miño.

E.D. CONCELLO DE BARBADAS "C" - A PEROXA C.F INFANTIL: Sàbado 13 as 12:00 no campo da Valenzá.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - E.D. OURENSE: Venres 12 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - STA. TERESITA: Sàbado 13 as 11:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D. VELLE: Sàbado 13 as 11:30 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERANOS - VETERANOS OURENSE: Sàbado 13 as 16:30 no campo do Marco.



No deporte do Atletismo os respresentantes do PEROXA RUNNING participaràn en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, destacando a carreira de Penedos do Lobo en Esgos.

Consulta o calendario de probas:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Finalmente, informar tamén que teremos o paso da Volta Ciclista a España por preto do noso Concello, concretamente pola zona dos Peares, ainda que non polo noso concello como se indicou erróneamente dende o propio Concello.

O mapa que elaborou a Deputación sobre este evento è o seguinte....



Incomprensiblemente na web oficial da propia carreira o mapa do percorrido non reflexa este recorrido pola nosa provincia, como podedes comprobar no mapa seguinte, dando lugar a erros de interpretación e non recollendo a información correctamente, perxudicando o noso territorio ante a importancia deste evento polas carreteras da nosa provincia.

http://www.lavuelta.com/14/es/recorrido/index.html?e=20


Animamos a todos a disfrutar deste bonito e emocionante evento, ainda que reiteramos que non se debe enganar a poboación con informacións erróneas para "sair na foto", como fixo o noso Alcalde na presentación deste evento no pasado mes, como amosa a imaxe seguinte...


Os concellos afectados polo paso deste evento informaron correctamente a súa veciñanza a través de diferentes medios como tamén se recolle na prensa local....



Tristemente a información que se deu nas Redes Sociais do noso Concello da Peroxa sobre o paso dos ciclistas foi enganosa para a poboación, xa que en ningún momento esta proba transcurre polas nosas carreteras, o máis cercano é o paso polo viaducto dos Peares cara Monforte.

Así daban a enganosa noticia dende o Concello....



Presentación de la 20ª etapa de la “Vuelta a España” en los “Balcones de Madrid.

En el mirador de los "Balcones de Madrid" (Parada de Sil) tuvo lugar esta mañana la presentación de la 20ª etapa de la "Vuelta Ciclista a España" (Santo Estevo de Ribas de Sil-Porto de Ancares, de 185 kilómetros).
Esta 20ª etapa del Vuelta Ciclista a España será la que previsiblemente decida la carrera y contará con la presencia de 22 equipos y de las máximas figuras nacionales e internacionales en el ámbito del ciclismo, entre las las cuales figuran Alejandro Valverde, Nairo Quintana, Purito Rodríguez, Wiggins o Horner.
Los organizadores estiman que el impacto de una etapa de la Vuelta se sitúa alrededor de 300.000 euros, contando los ingresos directos en hostelería y combustible, entre otros, a los que hay que añadir el impacto mediático y promocional en todo el mundo (llega a 178 países). La 20ª etapa se correrá el sábado 13 de septiembre, será la penúltima de la Vuelta 2014 y recorrerá los ayuntamientos de Nogueira de Ramuín (salida en Luíntra), Esgos, Pereiro de Aguiar y A Peroxa (en la zona de Os Peares).
Las personas acreditadas para seguir la Vuelta, incluyendo a los periodistas nacionales e internacionales, son alrededor de unas mil, aunque la caravana completa, que incluye equipos, seguridad, organización y prensa, está formada por unas 2.500 personas.
En cuanto a los datos de audiencia, teniendo en cuenta los años anteriores, el seguimiento de la Vuelta está en torno al 17 % de share, el que supone una cifra próxima a los de los millones de espectadores sólo en España.


Un organismo oficial e responsable como debería ser un Concello debe transmitir a veciñanza información veraz. Ainda que non houbera estado mal que transcurrira polas nosas carreteras, pero desta vez non vai poder ser....


SEGUIMOS INFORMANDO A VECIÑANZA CLARA E TRANSPARENTEMENTE ¡¡¡

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario