Desta vez, amosamos a continuación da situación na que se atopa o contenedor da recollida do lixo no pobo de Couselo....
A SITUACIÓN COMO SE VE NA IMAXEN É TRISTE POLO SEU ESTADO.....PERO MÁIS TRISTE SON AINDA AS MANIFESTACIÓNS DOS VECIÑOS CANDO ASEGURARON...."QUE NON LEMBRABAN A ÚLTIMA VEZ QUE PASOU O CAMIÓN DA RECOLLIDA POLO SEU POBO".
Esto son situacións que se dan o teu carón, no teu Concello, e que as solucións non creemos que sexan difíciles de executar.....tal vez o único que falta dende os nosos gobernantes é gañas de querer atender as demandas da poboación e solucionar os seus pequenos problemas de cada día ¡¡¡¡
Tamén nos chamou a atención, na presentación e saída da etapa da Volta Ciclista a España que partiu de Luintra, que mentras algúns están moi preocupados por saír na foto e enganar a veciñanza publicando que este evento pasaría polo seu concello, non sexan capaces de verificar as campañas de publicidade e fomento do turismo do noso Concello a través do Consorcio da Ribeira Sacra e se permita que nos mapas aparezan nomes das nosas parroquias incorrectamente publicitados, como ocorre na imaxe seguinte que tiña exposta a denominación de orixa Ribeira Sacra onde nomeaba unha das nosas parroquias como Beatán ¡¡¡¡¡
Seguramente a indicación e nome dalgúns negocios de turismo rural e de bodegas sí estaban ven sinalizados.
Temos que cuidar os detallese mirar polo interès xeral de todo o Concello ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario