Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 11 de septiembre de 2014

Preocupándonos pola situación dos servizos básicos...¡¡

Volvemos, unha vez máis a atender as demandas e queixas veciñais sobre as posibles anomalías que se poden estar producindo no suministro do servizo municipal de augas.

Fomos requeridos pola veciñanza do pobo de Corbelle para comprobar o estado no que sae a auga nos domicilios, xa que consideran que non está  en condicións normais de uso.....xa que segundo nos informaron deixan marcas nos wc, baños, etc....así como tamén colle un color verdoso si se deixa uns días embotellada.

Por este motivo, solicitamos por escrito o Concello os derradeiros análisis que se fixeron desta auga que segundo indica a normativa debe ser de 4 anuais, para comprobar tanto a realización periódica dos análises obrigatorios como dos seus resultados favorables, estando a espera de contestación e agardando que si hai que facer algunha actuación se faga con urxencia.

O escrito presentado foi o seguinte....



Continuando con este tema, tamén observamos como despois de varios meses, segundo nos comunicaron os veciños e veciñas, e sendo xa informados tanto o Sr. Alcalde como o responsable do Servizo dunha anomalía grave no pobo da Pedreira, xa que existe unha fuga da caseta de contadores que debe ser arranxada polo gasto que se está a ocasionar e polo derroche incontrolado da auga. Por este motivo solicitamos dos responsables deste arranxo unha actuación urxente para poñer fin a esta situación.

A imaxe seguinte reflexa a situación denunciada...




SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario