Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

E nos porque non...???

Vemos con certa resignación e algo de sana envidia, como concellos limítrofes toman medidas pensadas para o presente e sobre todo para o seu futuro.

Gobernados afortunadamente por rexedores que pensan na veciñanza e no benestar da súa veciñanza.

A agradable noticia chegou para o veciño Concello de Coles onde se acaba de aprobar e abrir o prazo para solicitar axudas económicas para o nacemento ou acollemento de fillos.

A noticicia publicada na prensa local foi, entre outras, a seguinte, que ben merece ser leida e analizada con certo detenimiento para darse conta que medidas como estas son as que os veciños e veciñas agradecen, xa que ven como parte dos seus impostos repercuten en medidas para o futuro do seu concello:


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/29/coles-abre-linea-ayudas-100/1083456.html

As bases completas con todos os seus requisitos, prazos e dotación económica podedes leelas no seguinte enlace nas páxinas 8 e 9:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=197&fecha=20140828

Noticias como a anterior, contrastan lamentablemente con outras que reflexan a triste realidade de moitos concellos, entre eles o noso da Peroxa, que perde poboación a pasos axigantados (màis de 300 habitantes en 3 anos), entre outros motivos pola escasa natalidade, e sobre todo pola veciñanza que marcha a censarse a outros concellos limítrofes ou mesmo a capital na búsqueda de mellores servizos e oportunidades, xa que o estado de abandono dos nosos pobos e parroquias, principalmente nas súas infraestructuras é máis que evidente e coñecido por todos e todas.

A seguinte noticia reflexa a situación exposta, e na que unha vez máis, tristemente aparece o Concello da Peroxa como exemplo de despoboación no rural....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/05/18/quince-concellos-corren-peligro-perder-ediles-fondos-2015/0003_201405O18C3991.htm

A noticia fai referencia a perda de concelleiros de cara as vindeiras eleccións municipais como consecuencia da súa grave perda de poboación.

Un tema este da perda de concelleiros que afecta negativamente o noso Concello como xa expuxemos en varios plenos anterioremente celebrados o Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno, pero unha vez máis parece non interesarlle  nin preocuparlle  o máis mínimo o presente nin o que é máis preocupante......O SEU FUTURO ¡¡¡

Algúns de vos seguramente leestes o artigo anterior a este, onde facíamos o resumo do pleno celebrado o pasado 28 de xullo, onde novamente volviamos a preguntar por esta situación da perda de concelleiros, que para moita da veciñanza igual non lle dá a importancia que ten, pero significaría perder representación no Pleno Municipal a través dos veciños ou veciñas elexidas e o que é máis importante, baixar dos 2.000 habitantes no noso concello suporía tamén unha cuantiosa perda económica nos ingresos que aportan os nosos orzamentos anuais outras administracións, sobre todo a do Estado.

Os que leestes o resumo do pleno veredes que a resposta do Sr. Alcalde a nosa pregunta sobre esta cuestión foi que o número de concellais para as vindeiras municipais a celebrar xa o próximo 25 de maio de 2015 se decidiría en base o censo pechado a finais de ano (31/12/2104), amosando coma sempre unha falta de información e de coñecemento da realidade que é preocupante, e onde unha vez máis pon de manifesto que para él os asuntos do Concello xa non son prioritarios ¡¡¡

As noticias e información sobre este asunto que podedes ver na noticia anterior indica claramente que "SEA COMO SEA, YA ESTÁ DECIDIDO, PUESTO QUE EL PADRÓN DE REFERENCIA PARA FIJAR LOS CONCEJALES A ELEGIR EN EL AÑO 2015 SERÁ EL DEL 1 DE ENERO DEL 2014".

Os nosos 3 Concelleiros socialistas no Concello da Peroxa, na súa labor de aportar propostas de mellora de servizos, de loita por un concello mellor, e pensando no prensente para manter os servizos que temos, e por suposto tamén pensando no futuro do noso concello presentamos a seguinte moción que creemos que sería moi positiva, como xa dixemos para o presente e para o futuro do Concello, e sobre todo para manter os servizos básicos que hoxe temos, e están seriamente ameazados de peche, como son a Gardería e o Colexio Municipal:



A moción presentada, debateuse e votouse no pasado Pleno do 23 de xuño de 2014, onde o Sr. Alcalde e os seus concelleiros do Partido Popular votaron en contra da súa aprobación e aplicación inmediata alegando "QUE ESTO NON SERVÍA PARA NADA".

Engadindo o Sr. Alcalde "QUE SERÍA RAZOABLE QUE SE LLE DERÁN 6.000€", pero que a nosa proposta non sería efectiva nin daría resultados para unha maior natalidade.

Como sempre facemos, estas situacións, acordos e manifestacións.....por si alguén ten dúbida da súa existencia, nas seguinte imaxes podedes comprobalas con detalle, letra por letra no que é a redacción da acta do citado pleno;




Tristemente, o Sr. Alcalde, unha vez máis, non entendeu nada do obxeto desta proposta. NON SE TRATA DE TAN SÓ FOMENTAR A NATALIDADE, SENÓN DE PREMIAR E GARANTIR QUE MOITOS DOS NENOS E NENAS EXISTENTES NO NOSO CONCELLO NON MARCHEN CARA OUTROS CONCELLO NA BÚSQUEDA DE MELLORES SERVIZOS.

SORPRENDE TAMÉN NEGATIVAMENTE, QUE ALGÚNS DOS CONCELLEIROS QUE VOTARON EN CONTRA DESTA MOCIÓN TIVESEN NO SEU DÍA A OSADÍA E O ATREVEMENTO DE CRITICAR E DUDAR DA NOSA LABOR DE LOITA POR MANTER E MELLORAR O NOSO COLEXIO PÚBLICO MUNICIPAL, CANDO NOS ACUSARON E DANAR A SÚA IMAXE POR RECLAMAR UNHAS GARANTÍAS MÍNIMAS PARA OS SEUS USUARIOS, COMO FOI RECLAMAR A CALEFACCIÓN NO INVERNO E A POTABILIDADE DA AUGA......LAMENTABLE ¡¡¡¡


O TEMPO PON A CADA UN NO SEU LUGAR, E AGORA AGOCHAN A CABEZA E LEVANTAN A MAN PARA VOTAR EN CONTRA DUNHA MEDIDA QUE AXUDARÍA A GARANTIR O FUTURO DA GARDERÍA E DO PROPIO COLEXIO.....CANDO FAI BEN POUCO SE LLES ENCHÍA A BOCA VERTENDO CRÍTICAS E FALTANDO COMPLETAMENTE A VERDADE NO SUCEDIDO.


A VECIÑANZA É QUEN TEN QUE ANALIZAR, REFLEXIONAR.....E NO SEU MOMENTO TOMAR AS DECISIÓNS QUE CONSIDERE SOBRE OS/AS CONCELLEIRAS QUE TEÑEN A REPRESENTACIÓN E RESPONSABILIDADES DE GOBERNO NO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡


NOS SEGUIREMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡¡






No hay comentarios:

Publicar un comentario