Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Posto de traballo no Concello da Peroxa

Novamente, o Concello da Peroxa convoca a praza para a Oficina Municipal de Información Xuvenil a espaldas da veciñanza.

Publicouse esta convocatoria no Faro de Vigo (periódico de menos demanda e lectura en toda a provincia), do pasado luns 10 de marzo cun pequeno anuncio insertado nunha das súas páxinas.


O citado anuncio remitenos as bases expostas no taboleiro de anuncios do Concello......

O prazo para presentar as solicitudes, coma sempre, o máis breve posible para que non dé tempo a actuar.....polo que o fin do prazo será o LUNS 17 DE MARZO ¡¡¡¡

Lembramos que esta mesma convocatoria e proceso selectivo xa foi anulado no 2012-2013 trala denuncia e reclamacion dos membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello polas moitas ilegalidade cometidas, e cando xa tiñan a persoa nomeada e traballando.   Polo que analizaremos novamente polo miúdo as bases publicadas, así como o transcurrir do proceso.

De momento xa comenza con unha "DUDOSA" publicidade que impide e limita os dereitos de todos os veciños ou veciñas que poideran estar interesados.

PARA QUE TEMOS UNHA PÁXINA WEB DO CONCELLO????

PARA QUE SE USAN AS REDES SOCIAIS DO CONCELLO????

PARA QUÉ SE USAN OS BANDOS QUE SE COLOCAN NOS POBOS ???

¿¿PORQUÈ NON SE ANUNCIAN ESTAS OFERTAS DE EMPREGO NOS LUGARES DE MÁIS PUBLICIDADE PARA QUE SEXAN COÑECIDAS POR TODOS, E QUE REALMENTE LLE PODEN INTERESAR A MOITOS DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS ???

¿¿ RESPÉTASE A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES???......TÌ OPINAS ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario