Unhas labores solicitadas en reiteradas ocasións polos nosos concelleiros socialistas, e que finalmente foron atendidadas, deixando unha situación moi mellorada, a pesar de que as actuacións se realizaron nas épocas de maís caudal do regato, dificultando as súas labores.
A nosa solicitude de limpeza comenzou no Pleno Ordinario do pasado 1 de agosto de 2013 a través do turno de preguntas, nas cales, presentadas sempre por escrito, amosamos a nosa preocupación pola situación a través da pregunta nº 5 que vos amosamos no documento seguinte:
A RESPOSTA DO SR. ALCALDE SEGUNDO SE REFLEXA NA ACTA DESTE PLENO FOI A SEGUINTE...."fixose a solicitude fai un par de anos pero dixeron que non había fondos para estas obras"
A nosa petición fundamentabase nas actuacións que a Confederación Hidrográfica do Miño está obrigada a facer nos cauces dos seus rios e regatos, e que é unha das súas competencias segundo se indica na súa propia paxina web: (Restauración y acondicionamento de cauces para prevenir e intentar evitar los daños provocados por las inundaciones, así como para mantener y mejorar el estado ecológico de nuestros ríos )
Os argumentos que expoñìamos para solicitar estas actuacións eran as imaxes de abandono e maleza existente en todo o seus cauce como se ven nas imaxes seguintes:
As noticias relacionadas publicadas....
http://www.laregion.es/noticia/269931/medio/ambiente/destina/800000/euros/reparar/tramos/fluviales/
http://www.ourensedixital.com/_novas/13/11/14_02.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/14/medio-ambiente-restaura-83-kilometros/913965.html
http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=00031384346374264261156&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C
Como xa indicamos, no pasado Pleno Ordinario do 28 de novembro de 2013 volvemos, a traves dos nosos concelleiros socialistas no Concello da Peroxa, levar o asunto, novamente mediante unha pregunta por escrito como amosamos na pregunta 5 do seguinte documento:
DESTA VEZ, DIANTE DOS ARGUMENTOS QUE LLE AMOSAMOS O SR. ALCALDE..... A SÚA RESPOSTA XA NON FOI NEGATIVA.
MANIFESTOU EN RESPOSTA A NOSA PREGUNTA O SEGUINTE....."neste ano non se solicitou ningunha subvención para estas obras. Para principios do ano 2014 intentarase que se inclúa o noso Concello no Plan que se elabore".
Polo tanto conseguíamos unha boa nova para os veciños e veciños do Conchouso, que verían por fin atendidas unha das súas necesidades, propostas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello.
Como xa indicamos o principio deste artigo, as actuación levaronse a cabo, deixando unha nova imaxe para o cauce deste regato. Ainda quedando pendentes algúnhas actuacións e a recollida da maleza extraída do cauce do regato, que agardemos se realicen prontamente.
As imaxes que deixan estas actuacións son as que amosamos a continuación....
SEGUIMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario