Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 20 de marzo de 2014

O canon da auga.....e algo máis ¡¡¡¡

Moitos dos veciños e veciñas do Concello se preguntan quen e porqué se lles cobra unha nova tasa nos seus recibos da auga.

No seu día xa explicamos que se trataba dun novo imposto "creado" pola Xunta de Galicia, para os galegos e galegas nos seus recibos por consumo de auga.

Imposto ideado polo Sr. Feijoo.... ese Presidente que prometía que non ía subir os impostos, nin moito menos crear ningún novo ¡¡¡

Coma case sempre......mentía ¡¡¡¡¡

Facemos agora unha comparativa da "evolución" do recibo da auga no noso Concello da Peroxa, onde tamén se "presume" de non subir ningún imposto os veciños.

Na seguinte imaxe amosamos un recibo de principios do ano 2012:


Como podedes comprobar, non existía todavía a nova taxa de "canon agua".

Fixémonos en dous detalles màis.....NO PREZO DA COTA FIXA(10.05) E O IVA (8%)

A mediados deste mesmo ano 2012...."amablemente" o Sr. Alcalde a través dun escrito enviado a veciñanza do concello, daba a coñecer a creación deste novo imposto trimestral. Explicaba tamén unha serie de posibles bonificacións se cumpríamos os requisitos.

Informaba tamén e dictaba unhas instruccións sobre o servizo da rede de sumidoiros, inexistente en gran parte do Concello, falando da obrigatoriedade da conexión a este servizo si existía. Non falaba nada dos pobos onde sí existe e algúns domicilios quedaron fora do alcance deste servizo básico.

Advertía dunha serie de recomendacións de uso, que compartimos totalmente, ainda que "ameazaba" con crear outro imposto para o mantemento do servizo de limpeza das fosas, indicando que hoxe era gratuito......por suposto....GRATUITO E INEXISTENTE ¡¡ 
Onde podemos atopar fosas en calquer punto do Concello que levan anos e anos sen ser limpadas,  mesmo facendo vertidos os nosos regatos, motivo polo que lembremos, o concello xa foi sancionado en varias ocasións.

Tamén solicitamos en numerosas ocasións o mantemento deste servizo que agora presta a Deputación, pero no que o Alcalde manifestaba que na maioría das fosas non había acceso para os vehículos que fan esta labor ¡¡¡¡

O escrito o que nos referimos amosàmolo a continuación, onde queremos destacar a ausencia do seu nome e sinatura, como acostuma a facer con outro tipo de escritos que son máis "favorables" os seus intereses....e aquí....parece querer esconderse diante desta situación......


A raíz da creación deste novo imposto os recibos seguintes tiñan considerables aumentos....


Neste recibo anterior, ademáis da inclusión xa do CANON DA AUGA, vemos como tamén sube a cota fixa, así como tamén, gracias o goberno de España do Sr. Rajoy a porcentaxe de IVA pasa do 8 o 10% ¡¡¡

Finalmente, e como exemplo recente, un recibo deste 2014 onde podemos observar como a COTA FIXA, séguese incrementando.....

 
A CONCLUSIÓN A QUE SE CHEGA.....

A PESAR DAS NEGACIÓNS POR PARTE DOS NOSOS MANDATARIOS......OS RECIBOS E IMPOSTOS DO NOSO CONCELLO SUBEN ¡¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario