Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 3 de marzo de 2014

Curiosidades sobre subvenciòns concedidas o Concello da Peroxa.

Seguindo coa liña informativa sobre o que acontece no noso Concello de A Peroxa, desta vez vamos expor e explicar o noso punto de vista sobre unhas recentes subvencións concedidas e xustificadas polo Concello.

Tràtase das actividades e actos relacionados con tema de Igualdade que se desenvolveron durante o mes de novembro de 2013.

Con data do 3 de xuño de 2013, publicouse no DOG a través da Secretaría Xeral de Igualdade axudas e subvencións as entidade locais para a promocion da Igualdade.

Entre os requisitos, documentación e outras cuestións que reflexaba a convocatoria estaba por suposto o apartado de Accións e Gastos Subvencionables onde se dividía en dous apartados:

1) Accións de promoción da igualdade entre mulleres e homes
2) Accións de  prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Esta información aparece no seguinte enlace a citada convocatoria publicada...

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130603/AnuncioG0244-290513-0001_gl.pdf

O Concello da Peroxa solicitou as citadas axudas incluidas na convocatoria, tendo que enmendar as solicitudes por algún requerimento de documentación incompleto segundo se publicou no DOG do 14 de agosto de 2013 e que indicamos no seguinte enlace...

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130814/AnuncioG0244-130813-0001_gl.pdf

Finalmente, segundo se publica no DOG do 4 de outubro de 2013 concédenselle o Concello da Peroxa a seguinte subvencións económicas:

Para as accións de promocion de igualdade entre home e mulleres....3.195,32€ para a realización de "actividades para favorecer a coeducación no ámbito familiar e social"...

E para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero....1.152,43€ para a realización da actuación de "prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade"...


Estas actividades segundo se indica no punto sexto desta publicación deberán ter presentado a xustificación dos gastos efectuados como data límite o 30 de novembro de 2013 ¡¡¡¡

Estas axudas concedidas, entre outros o noso Concello, como non, tiveron a súa repercusión na prensa local...

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/10/15_02.htm


A nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello, como sempre, atendendo as súas labores de control dos órganos de goberno e do cumprimento das obrigas e xusficacións correctas nas subvencións solicitadas e concedidas, solicitamos, o acceso ao citado expediente...



Comprobamos que a memoria presentada para obter dita subvención estive en concordancia cos actos que realmente se realizaron, e que lembraredes todos foron publicitados cos seguintes anuncions colocados polo Concello da Peroxa.....




Os actos previstos, como e ben sabido por todos, uns tiveron máis afluencia que outros, pero que queremos destacar e que nos sorprendeu negativamente, pola posible irregularidade na xustificación, e que cando verificamos a xustificación destas axudas no expediente resulta que estàn asinadas as xustificacións das actividades con data do 28 de novembro (lembrade que o derradeiro día era o 30)....¡¡¡¡¡¡ cando no anuncio de actividades había unha programada para ese mesmo sábado día 30 de novembro as 16:30..."Tècnicas de defensa persoal femenina".

Por este motivo solicitamos, tamén por escrito unha xustificación desta decisión....


A resposta por parte do Concello, foi que a actividade do sàbado 30 de novembro foi sen costo algún ¡¡¡¡, que foi totalmente gratuita. 

Para xustificar isto presentan un informe da empresa que realizou tal actividade con fecha do 10 de xaneiro de 2014....¡¡¡¡ (dous meses despois), precisamente, despois de ter pedido nós a explicación pertinente, onde indica que a actividade en cuestión foi realizada....A MAIORES ¡¡¡¡, E DEBIDO A POUCA ASISTENCIA QUE TIVERON OS SEMINARIOS, FIXOSE UN NOVO OBRADOIRO ¡¡¡¡ O DÍA 30 DE NOVEMBRO.

COMO É POSIBLE QUE INDIQUEN QUE FOI A MAIORES DAS PREVISTAS, CANDO XA ESTABA ANUNCIADA DENDE UN PRINCIPIO NOS CITADOS CARTEIS ¡¡¡¡

Se o obxetivo desta derradeira actividade foi para contrarestar a  pouca afluencia nas actividades anteriores, non entendemos como xa se anunciou PREVIAMENTE nos carteis de actividades....¿ xa se sabía que ía haber pouca afluencia antes de comenzar as actividades?..... 

Misteriosa  e pouco creíble xustificación ¡¡¡¡

Curiosamente, no escrito remitido polo Concello, a pesar de solicitalo, non se nos informa da afluencia a cada unha das actividades.

Tamén se nos explica a nosa petición, que a actividade do venres 29 non estaba incluído nesta subvención.

Nesta resposta estamos de acordo coa versión do Concello, xa que están no certo de non pertencer a estas actividades, polo que admitimos o noso erro.

A nosa explicación referíase a actividade programada neste cartel anunciador...



Ese día 29 de novembro a imaxe do colexio as 20:11 era a seguinte........pechado ¡¡¡



SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA SOBRE A ACTIVIDADE MUNICIPAL ¡¡¡¡¡


ESTAS SON AS SITUACIÓNS QUE SE DAN NO TEU CONCELLO......AS CONCLUSIÓNS DÉBELAS SACAR TÍ MESMO....¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario