Asuntos decisivos como é o percorrido da A-76 polo noso Concello, e que afecta dun xeito importante, sobre todo a parroquia de Graíces e os pobos de Gulfariz, Santa Ouxea, Andelo, Fontaíño......
Motivo polo cal convidamos os veciños e veciñas desta parroquia, así como calquer outro interesado neste asunto a asistir a este pleno e coñecer de primeira man a situación, que o noso entender, dende os mandatarios do noso concello non se lle deu a importancia nin a publicidade necesaria para informar a poboación en xeral, e os afectados en particular dos pros e contras desta infraestructura, como por certo, levamos tempo insitindo neste asunto dende a nosa Agrupación Municipal Socialista, que precisamente presenta unha moción sobre este delicado asunto.
Tema tamén importante será o da regulación e prezo do Servizo de Axuda no Fogar.
Trataránse tamén outros asuntos que amosamos a continuación na orde do día da convocatoria:
Como en cada Pleno celebrado ata o de agora, os nosos concelleiros socialistas presentarán iniciativas, propostas e preguntas sobre asuntos que preocupan a veciñanza do Concello.
Presentamos dúas mocións importantes:
A primeira para facilitar e mellorar os servizos no noso concello para a tramitación do DNI
A moción è a seguinte:
Tamén como xa indicamos, outra relacionada co percorrido da A-76
A moción é a seguinte:
Presentamos tamén para mellora dos nosos servizos e promoción do deporte e a petición da veciñanza os seguinte Rogos
No documento seguinte:
Finalmente, preguntamos o Sr. Alcalde por cuestións da actividade municipal, onde destacamos a que se refire as subvencións millonarias que recibiron e están a recibir os seus familiares para os seus negocios particulares, agardemos que aproveite esta oportunidade para explicarlle pùblicamente os veciños e veciñas da Peroxa esta situación.
As preguntas son as que siguen:
POR TODO O QUE EXPUXEMOS, CREEMOS MOTIVO MÁIS QUE SUFICIENTE QUE SI REALMENTE CHE INTERESA O QUE SUCEDE NO TEU CONCELLO, E CHE PREOCUPA A SÚA SITUACIÓN DEBERÍAS DE ACUDIR A PRESENCIA A CELEBRACIÓN DESTE IMPORTANTE PLENO.
REITERAMOS A IMPORTANCIA PARA A VECIÑANZA DA PARROQUIA DE GRAÍCES PARA QUE COÑEZA A REALIDADE DA SITUACIÓN OFICIAL E NON OS "RUMORES DE CANTINA" TAN HABITUAIS EN TEMAS DE VITAL IMPORTANCIA COMO ESTE DO PERCORRIDO DA AUTOVÍA A-76.
AGARDAMOS A TÚA PRESENCIA ¡¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario