Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 30 de enero de 2014

Resumo do Pleno Ordinario do Concello do 21 de xaneiro de 2014

LAMENTABLE ¡¡¡

Este é un dos calificativos máis suaves que se nos ocurre para expresar o que foi o pasado Pleno do Concello onde a actitude do Sr. Alcalde deixou moito que desexar en canto o respeto e dereitos democràticos do traballo dos nosos concelleiros socialistas.

Desenrolouse nun estado de nerviosismo e tensión impropia dunha persoa que leva máis de 33 anos nesta "profesión".

No punto 1 da orde do día aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto 2 expuxose tanto por parte do Sr. Alcalde como do Secretario do Concello as modificacións que se solicitaron para os estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, onde se suprimen dúas entidades que formaban parte do Consorcio e se fusionan agora nunha soa. As modificacións foron aprobadas por unanimidade.

No punto 3 informousenos de que os decretos da Alcaldía estaban a nosa disposición. Asunto que xa foi revisado polos nosos concelleiros con anterioridade a celebración deste pleno.

No punto 4 non houbo escritos nin comunicacións.

No punto 5 de Rogos e Preguntas, coma sempre, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista aportaron as sùas demandas de mellora e preguntas relacionadas coa actividade municipal.

No apartado de Rogos, presentamos as seguintes demandas de mellora para actuacións en diferentes puntos do Concello:


As imaxes que xustifican a petición no noso Rogo nº 1 son as que siguen, e poucas explicacións se precisan:


CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES


CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES


 CARRETERA ENTRE A PEROXA VELLA E GRAÍCES
 
 No Rogo nº 2, amosamos a perigosidade evidente na que está a zona onde se solicita o seu urxente arranxo, mesmo con unha deficiente sinalización.



CARRETERA CARA GULFARIZ NO POBO DAS LAMELAS


CARRETERA CARA GULFARIZ NO POBO DAS LAMELAS

No Rogo nº 3 lamentamos a tardanza dunha solución a esta deplorable imaxe que os nosos mandatarios ven cada mañan dende as oficinas municipais.


BANCO ROTO NA PRAZA DO CONCELLO DA PEROXA


BANCO ROTO NA PRAZA DO CONCELLO DA PEROXA

No Rogo nº 4, trasladamos unha vella petición veciñal de mellora nun espazo público que todavía segue sen ser atendida.


CAMIÑO E ESPAZO PÚBLICO NO POBO DA VILA (TOUBES)

No Rogo nº 5, demandamos actuacións diante dos organismos responsables do arranxo urxente destes desperfectos xa coñecidos polos responsables do Concello e que resultan un grave perigo.


CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO



CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO

CARRETERA A PEROXA-PEARES NO POBO DO FONTAO

En canto o Rogo nº 6 as nosas demandas están máis que xustificadas polo que amosan as imaxes seguintes:


EXPLANADA TRASEIRA DA ESTACIÓN DOS PEARES



EXPLANADA TRASEIRA DA ESTACIÓN DOS PEARES

PONTE SOBRE O BUBAL NOS PEARES

CAMIÑO DE ACCESO A IGREXA DOS PEARES

Esta última imaxe é claro exemplo do abandono o que está sometido este pobo dos Peares, onde o perigo real e visible, e agardemos non haxa unha desgraza persoal para actuar.

Sirvenos tamén de exemplo esta imaxe para comparar o que algúns gobernantes do PP noutros concellos da provincia se preocupan por situacións semellantes a que os seus compañeiros nos teñen nos Peares, así como noutros moitos pobos do Concello.

No seguinte enlace unha noticia semellante a nosa petición....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/15/pp-pide-concello-carballeda-vallas/947938.html

Apliquemonos pois aquí a petición que o propio PP fai noutros lugares semellantes de perigo ¡¡¡

O Rogo nº 7 está fundamentado no estado de abandono e deterioro da sinalización existente:

SINALIZACIÓN NO CRUCE DE BESTEIROS

O mesmo ocorre coa petición do noso Rogo nº 8, onde falta a sinalización do pobo de Vilasusá:

AUSENCIA DE CARTEL INDICADOR DO POBO DE VILASUSÁ

Finalizamos co Rogo nº 9 onde a veciñanza demanda unha mellora do estado deficiente no que se atopa o lavadoiro de Goiàs, de moi difícil acceso nos moitos días de choiva...

LAVADORIO DE GOIÁS

AS RESPOSTAS A ESTAS PETICIÓNS DE MELLORA SOLICITADAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS A TRAVÉS DOS ROGOS EXPOSTOS FOI EXPRESADA POLO SR. ALCALDE "QUE NOS DABAN AS GRACIAS POR TRANSMITIR ESTAS DEFICIENCIAS, PERO QUE ELES NON VIVÍAN NO POLO NORTE E XA SABÍAN DELAS", TAMÉN ENGADIU QUE "ALGÚNS DELES XA ESTÁN REALIZADOS, OUTROS EN VÍAS DE SOLUCIÓN E ALGÚN NON CORRESPONDÍA O CONCELLO".

TAMÉN MANIFESTOU QUE SE IRÁN ARRANXANDO CANDO HAXA CARTOS ¡¡¡¡¡


Aquí preguntamos por cal non correspondía o Concello, e respostou que "os que afectaba o pobo dos Peares que eran competencia do Consorcio". 
Lembramoslle que o noso Concello formaba parte e tiña representación no citado Consorcio polo tanto debe dar traslado das citadas deficiencias o òrgano competente.


No apartado de Preguntas, a nosa Agrupación Socialista formulou as seguintes:



A RESPOSTA A PRIMEIRA PREGUNTA NON TEN DESPERDICIO........MANIFESTOU TEXTUALMENTE O SR. ALCALDE QUE "O QUE TIÑAMOS QUE FACER É MONTAR NÒS UNHA EMPRESA PARA CREAR POSTOS DE TRABALLO E DEIXAR EN PAZ AS QUE ESTÁN XA MONTADAS"...........E QUE SÓ ESTABAMOS PARA TOCAR O CARALLO ¡¡¡¡¡

ESTE É O ESPIRITU DEMOCRÁTICO E A FALTA DE RESPETO POLA NOSA LABOR DE REPRESENTANTES DA VECIÑANZA QUE AMOSA O SR. ALCALDE, UN TEMA PARA REFLEXIONAR SERIAMENTE.....

A nosa pregunta estaba relacionada con esta noticia de prensa recentemente publicada e da que descoñecíamos cales ían ser os obxetivos....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/12/05/doce-concellos-presentan-planes-impulsar/926884.html

Na resposta a segunda pregunta o Sr, Alcalde manifestou "que unha persoa contratada polo Concello arranxa os espacios naturais, pistas e o que haxa que facer".

Referíamonos a este cartel colocado na praza do Concello...



O Sr. Alcade respostounos na terceira pregunta, "que si nos referíamos os pinos e as distancias as estradas, que lle indicaramos quen era o que estaba a cumprir esta normativa".....o noso portavoz puxo o exemplo do Concello tamén popular de Cenlle, amosandolle un recorte da prensa local, o que nos respostou "que esas noticias de La Región tiñan pouca credibilidade".....indicamoslle se eso mesmo o aplicaba para a súa versión do tema da calefacción do Colexio que él publicou neste xornal....o que non respostou. Indicamoslle tamén da ordenanza que dispuña o citado Concello de Cenlle o respecto, cuestión que manifestou...."mirareino".

O bando que se colocou por todo o Concello era o seguinte....



A nova de prensa a que nos referimos era a seguinte.....

http://www.laregion.es/noticia/272883/cenlle/obliga/talar/pinos/proximos/carreteras/

Todo un exemplo a seguir ¡¡¡


Na pregunta cuarta respostou que o número actual de empadroados no Concello é de 2009 persoas.

Na pregunta quinta, indicou que o Concello editara 1000 exemplares dos calendarios, pagados con cargo as arcas municipais e onde o seu custe fora de 1700€, non sabía se con iva ou sen iva incluído ¿? ¡¡¡¡

Opinamos que este é un gasto totalmente innecesario nos tempos que corren, onde día tras día  e como podedes comprobar nas respostas os Rogos, os veciños e veciñas do Concello ven como se lle negan obras fundamentais e necesarias por falta de cartos......¿?

En cambio permítense o despilfarro desta cantidade de cartos na edición duns calendarios para repartir entre a veciñanza como lavado de cara, e como disculpa para "aparecer" polo pobos do Concello.

Os calendarios supoño que serán xa coñecidos por todos....



A resposta a pregunta sexta, foi realmente decepcionante: manifestando "que a campaña non foi moi positiva, houbo pouca colaboración. Respostanos que todavía está todo AMONTOADO sen repartir porque neste momento non temos traballadora social e ainda non se fixo o reparto ¡¡¡¡
Remata indicando que o Concello da Peroxa non aportou nada.....tamén se permite preguntarnos si nòs como oposición sí o fixéramos, o que respostamos que a nivel político NON pero sí a título individual, tanto de alimentos como de xoguetes.

Este era o cartel que anunciaba a campaña....




TRISTE RESPOSTA A ESTA PREGUNTA, E TODAVÍA MÁIS TRISTES OS ARGUMENTOS, O RECOÑECER QUE TODAVÍA ESTÁN TANTO ALIMENTOS COMO XOGUETES A DATA DO PLENO SEN REPARTIR ENTRE OS MÁIS NECESITADOS (calificativo tal como indicaba o anuncio das redes sociais do Concello).

CONTRASTA CLARAMENTE ESTA RESPOSTA A ESTA PREGUNTA COA ANTERIOR, ONDE CHOCA FRONTALMENTE E PON DE MANIFESTO AS PRIORIDADES DO CONCELLO......GASTAN DO DIÑEIRO DE TODOS E TODAS PRETO DE 2.000€ NUNS CALENDARIOS E POLA CONTRA NON HAI APORTACIÓN ALGÚNHA A UNHA SOLIDARIA CAMPAÑA, QUE POR CERTO NON É DE RECIBO QUE TODAVÍA ESTÉN AS COLABORACIÓNS DA VECIÑANZA SEN ENTREGAR OS SEUS DESTINATARIOS.......LAMENTABLE ¡¡¡¡

Finalmente, en resposta a pregunta sèptima, unha vez máis facendo uso da sùa demagoxía, culpou a o goberno anterior da Xunta de Galicia, e máis concretamente o PSOE de que esta obra non se vaia a acometer, xa que foron eles quen se quedaron cos cartos dela ¿??¿?.......

Lembramoslle que en xaneiro do 2012 presentaramos un Rogo solicitando a mellora desta vía, moi castigada polo paso dos anos e que precisa urxentemente unha mellora no asfaltado, na sinalización e na seguridade vial.....

O citado rogo fora o seguinte:


Tamén lle recordamos como indicamos na propia pregunta a súa resposta emitida no Pleno Ordinario do 28/02/2012 onde se tratara o asunto....e que podedes comprobar na seguinte imaxe sacada literalmente da acta do pleno indicado....



UNHA VEZ MÁIS QUEDA DE MANIFESTO QUE PARECE NON DARSE CONTA QUE ALGÚNS TEMOS MEMORIA......., E AS DECLARACIÓNS DOS PLENOS PODEN SER DOCUMENTOS QUE SE VOLVAN NA SÚA CONTRA......

Para rematar este pleno, solicitamos facerlle dúas preguntas orais, o que respostou...."QUE NON ACEPTABA MÁIS PREGUNTAS PORQUE TEÑO A BOCA SECA   ¡¡¡

Precisamente unha das preguntas sí a fixemos igualmente, sin obter resposta algunha, onde lle preguntamos si se retractaba das súas palabras os nosos concelleiros onde se nos faltaba claramente o respeto. O non dar resposta indicamos o Secretario que exixiamos que as palabras empregadas constaran literalmente na acta do pleno.


SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DO QUE OCORRE NO TEU CONCELLO ¡¡¡






No hay comentarios:

Publicar un comentario