Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 28 de enero de 2014

Para cando....?

A principios do mes de outubro de 2013 publicouse na web da Deputación de Ourense, a adxudicación da obra de arranxo da carretera cara Barra de Miño dende o cruce de Lamagrande.

O prazo de execución fixado no citado decreto era de 4 meses, prazo que se está a incumprir xa que está a piques de rematar e as obras previstas cun orzamento de 58.000, a travès dos Plans Provinciais todavía non deron comenzo.

Este é o decreto da adxudicación:


No Pleno Ordinario do mes de marzo de 2013 os membros da nosa Agrupacion Municipal xa levamos o asunto a tratar para acadar a mellora definitiva desta vía, como tamén buscar solucións pendentes o resto do seu trazado como indicamos na pregunta nº 4 que amosamos a continuación:



A situación e demandas de mellora que solicitabamos atendían as imaxes seguintes...


 

 AGARDEMOS POLO TANTO, UN COMENZO DAS OBRAS TAN NECESARIAS NESTA DETERIORADA VÍA, TANTO NO SEU TREITO SEN REMATAR, COMO NAS ANOMALÍAS DO TRAZADO ACTUAL ¡¡¡


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario