Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 9 de enero de 2014

Baile de cifras ¿?...e a obra.... IMCOMPLETA ¡¡¡¡




Completamos con este artigo o que foi a nosa publicación do pasado 28 de decembro, días dos Santos Inocentes e no que indicamos o seguinte:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/12/inocentada-no-concello-da-peroxa.html

Ademáis do evidente incumprimento do proxecto e memoria inicial desta obra, agora tamén publicaremos o "sospeitoso" baile de cifras do orzamentos desta obra dun elevado custo económico.

No ano 2012 publicouse a convocatoria anual das axudas europeas para o Desenvolvemento Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que podedes accesder no enlace seguinte:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120423/AnuncioO90-130412-0001_gl.pdf

A citada convocatoria recolle entre outras condicións, o obxetivo das subvencións concedidas:

1. Fomento de actividades turísticas.
2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
3. Conservación e mellora do patrimonio rural.

A obra realizada no Campo de fútbol do Marco, na Peroxa é dificil de encadrar en algunha destes puntos segundo o noso punto de vista, e sobre todo tendo en conta as moitísimas deficiencias nos SERVIZOS BÁSICOS QUE TEMOS EN TODO O CONCELLO ¡¡

Nas pàxinas dende a  14791 ata a 14795 atoparedes as normas e obxeto destas axudas.....onde se comproba o amplo abano de posibilidades que encadrarían nas necesidades urxentes e reais que o noso Concello da Peroxa precisa.

Posteriormente con data do 17 de outubro de 2012 publicaronse as subvencións concedidas os concellos beneficiarios, así como as obras a realizar e o seu orzamento como comprobades no seguinte enlace na páxina 39498 onde se lle concede o noso da Peroxa unha axuda de máis de 111.000€ para un orzamento de 127.118€ ¡¡¡¡ (lembrademos desta cifra porque variará considerable e sospeitosamente....).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121017/AnuncioO90-091012-0001_gl.pdf

Voltando as bases da convocatoria inicial, no seu punto D) Tipo e intensidade da axuda.......INDICA QUE AS OBRAS POR PROMOTOR NON SUPERARÁN OS 150.000€ ¡¡¡ (O promotor é o propio Concello da Peroxa), que CURIOSAMENTE, logo de varios meses de retraso de inicio ¿? das obras coloca o seguinte cartel a carón da obra que se vai realizar:


PROMOTOR: Concllo de A Peroxa
INVESTIMENTO: 153.813,55€......superando os 150.000€ fixados e moi lonxe dos 127.118€ inicialmente orzamentados ¡¡¡¡

 En posteriores documentos emitidos polo propio concello a través das actas de Xuntas de Goberno Local, Decretos, etc,,,,,sempre aparece a cantidade de 153.813€, sen explicar nin publicar nada onde expliquen este incremento inxustificados dende os inciais 127.000 ¡¡¡

INCUMPRENSE REITERADAMENTE OS PRAZOS DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACION FIXADOS POLAS BASES DA CONVOCATORIA QUE FIXABA COMO DATA LÍMITE O 30 DE XUÑO DE 2013.....e todos os veciños e veciñas da Peroxa poideron comprobar como ata o mes de novembro non se remataron as obras ¡¡¡¡

As publicacións oficiais desta obra co NOVO ORZAMENTO realizanse tamén no Boletín Oficial da Provincia de Ourense como se observa na páxina 11 do enlace seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=55&fecha=20130307

AGORA DASE UN PASO MÁIS.......CARA UN NOVO ORZAMENTO....ESTE EN PALABRAS DO PROPIO SR. ALCALDE MANUEL SEOANE QUE PUBLICA NA PRENSA A ADXUDICACION DESTA OBRA E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS........POR UN VALOR DE 157.000€ ¡¡¡ 

http://www.laregion.es/noticia/263378/peroxa/invierte/157000/euros/mejoras/campo/futbol/


Nesta noticia de prensa o Alcalde fai referencia a financiación, onde o Concello da Peroxa aportará o 15% dos 157.000€ que èl manifesta costa a citada obra, o que equivaldría a 23.550€.

Pois para refrescarlle a súa xa moi fráxil memoria, lembramos que na previsión de Inversións dentros dos pasados orzamentos 2013 do Concello contemplaba unha partida para esta obra de 57.459,66€, COMO SEMPRE BASTENTE LONXE A REALIDADE DAS SÚAS "PREVISIÓNS" ¡¡¡

 Tamén indica que a aportación da Deputación sera do 10% da obra, polo tanto duns 15.700 €.

No seguinte enlace da publicación da subvención para esta obra por parte da Deputación a través do BOP na súa páxina 3 indica que a citada subvención foi de 20.000€ ¡¡¡¡

https://www.depourense.es/upload/sub_perfil/211.pdf 

UN "BAILE" DE CIFRAS QUE NON SE PARECEN EN NADA A REALIDADE DO REALMENTE ORZAMENTADO AS CANTIDADES QUE O SR. ALCALDE PUBLICA ALEGREMENTE NA PRENSA.....ESO SÍ.....NON SE OLVIDOU DE CONTAR OS ASENTOS DA GRADA...QUE FIXOU EN 250.....ASÍ COMO TAMPOUCO INDICAR QUE "NON LEVARÁ TECHUMBRE" ¡¡¡¡¡ 

Esqueceuse de engadir que tampouco leva calefacción, polo que opinamos que o proxecto podería estar ben para un campo nas Illas Canarias, pero para o clima da Peroxa, deixa moitas deficiencias, a pesares do elevado custo económicol

Para que vos fagades unha idea....., e tamèn unha comparativa:

Segundo o proxecto realizado e xustificado a superficie da obra é de 476.05 metros, e o orzamento final segundo manifestou o Alcalde de 157.000€ polo que nos sae o metro construído a.....329€ ¡¡¡¡



 
Se comparamos os prezos dunha vivenda en Ourense, podemos observar a desproporción dunha obra que non leva nin teito....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/01/10/precio-medio-vivienda-nueva-situa-ourense-1635-euros-m2/612964.html

Como curiosidade e para refrescar a memoria con noticias "curiosas" sobre o noso Concello....lembradesvos desta noticia.........xa fai 8 anos da súa publicación e a situación que ofrecía e prometía o Alcalde era ídícila......a realidade.......xa a coñecedes:

SEN PARQUE EMPRESARIAL........E POR SUPOSTO, TRISTEMENTE....SEN EMPRESAS ¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/14/3546357.shtml


Ante o constante incremento inxustificado no orzamento desta obra, e a non coincidencia nas cantidades subvencionadas polas distintas administracións, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, na súa labor de control, trasladamos os nosos representantes na Deputación as seguintes preguntas para que foran respostadas e xustificadas polo propio Presidente da Deputación Provincial de Ourense:

Nas imaxes seguintes amosamos os documentos presentados e as respostas "oficiais":






POLO QUE SE PODE COMPROBAR TANTO COA DOCUMENTACIÓN OFICIAL COMO POLAS MANIFESTACIÓNS DOS NOSO MANDATARIOS.....NON HAI UNHA CANTIDADE QUE COINCIDA.....E ESA É A NOSA LABOR......QUE A VECIÑANZA COÑEZA, ANALIZE E TOMA AS CONCLUSIÓNS PERTINENTES SOBRE ESTAS CUESTIÓNS.

Para rematar este artigo indicar, que podemos estar máis ou menos de acordo coa inversión realizada nesta obra, xa que segundo o noso punto de vista non consideramos neste intre, tal e como están os Servizos e Infraestructuras básicas do noso Concello (onde lembramos unha vez máis que máis do 60% dos pobos e parroquias do Concello todavía non contan co servizo de saneamento e alcantarillado, obrigatorio para cada concello) acometer esta obra dun custe tan elevado. Sobre todo tendo en conta que un dos obxetivos principais das subvencións europeas (AGADER) son a dinamización do rural, para acadar o fixación de poboación e investir en proxectos de crecemento e fomento do emprego como poden ser nos sectores vitivinícolas, agricultura, gandería, turismo, etc.


O QUE DENDE LOGO É INADMISIBLE É "XOGAR" DESTE XEITO COS CARTOS QUE SAEN DOS PETOS DA VECIÑANZA DO CONCELLO A TRAVES DOS SEUS IMPOSTOS E ONDE ESTAS "VARIACIÓNS" NOS ORZAMENTOS INCIALMENTE PREVISTOS NESTA E TAMÉN NOUTRAS OBRAS SIMILARES NOS PARECE DIGNO DE SER INFORMADO AOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario