http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/18/sergas-cubre-plaza-centro-salud/950159.html
Noticia agradable despois das demandas veciñais....
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/19/vecinos-o-irixo-preocupados-plaza/950700.html
Un exemplo que ben poderíamos tomar no noso Concello da Peroxa onde a situación de desamparo por parte do Sergas e coa complicidade do Concello mantèn o noso Centro de Saùde da Peroxa nunha máis que precaria situación, xa exposta para a busca de solucións por parte dos nosos concelleiros...
Trasladamos o problema o Parlamento de Galicia...
A resposta foi a seguinte:
A prensa local fíxose eco da nosa demanda...
No Pleno Ordinario do mes de setembro de 2013 tratamos o asunto que preocupa a veciñanza...
A resposta do Sr. Alcalde foi "que se están a facer negociacións"...
As solucións e as respostas non chegaban e novamente no Pleno de Novembro preguntamos como "andaban as negociacións", o que o Sr. Alcalde respostou......"seguimos niso" ¡¡¡
A situación real e actual é de todos coñecida.....seguimos cun só médico ¡¡¡
Polo exposto, e vendo que noutros concellos se atopan e dan solucións as demandas da veciñanza, preguntámonos se non vai sendo hora de despertar e loitar polos servizos que nos corresponden para unha atención sanitaria digna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario