Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 21 de enero de 2014

O NOSO Colexio

Destacamos en maiúsculas e reiteramos a palabra "noso" porque tristemente parece que dende algún grupo reducido e achegado o "poder" se está esquecendo de que este è o Colexio Pùblico do Concello da Peroxa, para uso e disfrute de toda a veciñanza que así o considere, no cual moitas xeracións nos formamos nese centro, ou como se denominaba antes....Grupo Escolar.., e non é un centro particular duns poucos.

Insistimos, que cando usamos a palabra "noso", os membros da Agrupación Municipal Socialista, responsables deste blog e deste artigo, traballamos e loitamos para garantir o seu futuro, non só para o alumnado actual, senón para o que poida matricularse en vindeiros cursos.

A nosa labor na defensa deste centro é para garantir os dereitos e unhas comodidades dignas os seus usuarios, tanto profesorado como alumnado. Misión, entre outras moitas, para as que fomos escollidos, lembramos, libre e democráticamente nas pasadas eleccións municipais por 400 veciños e veciñas do Concello, pero a diferencia de outros grupos de goberno, tratamos de ocuparnos e preocuparnos pola cidadanía en xeral, sen mirar nin marxinar a ninguén pola súa cor política, labor que por certo, nos sentimos orgullosos e útiles a veciñanza do Concello que cada día son máis os que estan a recoñecernos o noso traballo.

Como ben é sabido por todos, levamos tempo denunciando e solicitando solucións as moitas e graves problemáticas que ten este Centro Escolar, por moito que se intente impor a "lei do silencio", por parte dos responsables municipais, non moi acostumados a que ninguén lle airee e denuncie públicamente a súa incompetencia.

Lamentablemente, a través e baixo o amparo dunha rede social do Concello da Peroxa (recordemos, o Concello tamén é de todos, ainda que pareza polo xeito de gobernalo un cortixo particular), atopamonos con comentarios fora da lugar, mesmo permitíndose críticas a vida persoal das persoas (e agora falo a título individual como Toño do Amido), onde estou aberto, como non podía ser doutro xeito, a crítica sobre a xestión dos asuntos como cargo pùblico do Concello, pero non a miña vida privada onde manifesto que EU PERSOALMENTE O QUE FAGA COA EDUCACIÓN DA MIÑA FILLA E UN PROBLEMA EXCLUSIVAMENTE MEU E DA MIÑA PARELLA, E POR SUPOSTO QUE A LEVAREI O CENTRO ESCOLAR QUE DECIDAMOS.

Seguramente decisións particulares de cada pai e cada nai, o igual que outros moitos casos do Concello escolleron libremente outros centros polos motivos que fosen....particularmente no meu caso por cuestións e responsabilidades laborais do pai e da nai, que afortunadamente, non como outros, non quixemos agardar a que os responsables municipais nos tivesen que "colocar".

Sinceiramente, creo que deberían "preocuparlle" máis outros casos de sobra coñecidos onde incluso fillos e fillas dos propios traballadores municipais ou cercanos colaboradores elexiran outos centros diferentes o NOSO da Peroxa, traballos por certo, acadados con respecto o resto da veciñanza por "mèritos superiores" que descoñecemos e moitos dos veciños e veciñas da Peroxa hoxe tamén nas largas lista de desemprego se preguntan o porqué dos privilexiós dalgúns.

A pregunta que moitos nos facemos é.....¿opinan como pais e nais.....ou como empregados municipais?

Como ben dixen con anterioridade, acepto e trato de tomar nota das crìticas como o cargo que represento, e en canto a varias opinións que se nos tilda de faltos de información temos que respostar o seguinte:

Como xa indicamos en ocasións anteriores todas as noticias que publicamos na prensa teñen o seu fundamento e xustificación documental a disposición de todos aqueles que a queiran consultar. As información son completamente "oficiais" das que non temos motivo algún polo que dubidar.

A información da falta de calefacción no centro tanto agora como no mes de novembro obtivemola tanto de pais e nais que nos voltaron a dar as súas queixas na busca dunha solución, como tamén contrastada con sendas reunións coa dirección do Centro Escolar, así como coa inspectora de Educación, coa cal nos reunimos os 3 concelleiros socialistas. Creo que neste punto ninguén discrepará sobre a súa falta xa que è o propio Concello que recoñece esta carencia facéndose cargo da factura do gasoil ata en dúas ocasións, así como os propios pais mercando estufas.

O asunto da supresión da profesora de apoio tamén é consultada tanto a dirección do centro escolar como a Inspectora de Educación que nos confirman esa situación.

Finalmente, e sobre o asunto que màis revuelo causou como foi o da dudosa potabilidade da auga, tamén è proporcionada por varios pais que confirman esa situación, onde están a facilitar o centro auga embotellada. Como nos casos anteriores tamén fomos a consultarllo a dirección do centro que o ratificou e mesmo nos poidemos comprobar esta situación nun dos grifos. Así como tomando as pertinentes mostras para facer os nosos propios analises da auga.

A ùnica negativa a información que buscabamos para contrastar este punto veu por parte do Concello da Peroxa onde a este portavoz que lles escribe se lle negou o acceso ao último analise existente nas oficinas municipais, motivo polo cal fixemos a petición por escrito para poder ter acceso a él como representantes públicos da veciñanza que somos, e que como indicamos sempre xustificamos documentalmente:


Lembramos tamén por si alguén non coñecía esta problemática do Colexio que xa foi tratada por este mesmo blog no artigo seguinte:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/12/irregularidades-no-colexio-da-peroxa.html

No día que publicamos esta nova non tiñamos a resposta "oficial" plasmada na acta do Pleno polo que agora si dispoñemos dela e a publicamos para lectura e coñecemento da veciñanza....



Para continuar argumentando as nosas noticias contrastadas e publicadas na prensa invitamosvos a que leades o que se publicou esta semana na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-calefaccion-agua-potable/949427.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/01/20_03.htm

Ata a prensa nacional faise eco da nosa información...

http://www.europapress.es/galicia/noticia-psoe-denuncia-colegio-peroxa-ourense-vuelve-estar-calefaccion-sigue-agua-potable-20140116150911.html

http://www.20minutos.es/noticia/2031135/0/

A voz de Galicia xa lle deu o seu toque "persoal":

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/16/alertan-abandono-colegio-blanco-torres-peroxa/00031389870726808675392.htm

A que lle engadiu outra nova relacionada....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-tendra-remodelado-poder-asumir-gastos/0003_201401O17C10992.htm

Aquí parece que a nosa información sobre o problema da calefacción está confirmado polo propio Alcalde, onde indicaba, como tamén fixemos nós que fora o Concello o que correra cos gastos, cando é unha incompetencia do Servizo Territorial de Educación en Ourense, e que está a repercutir nos petos dos veciños e veciñas da Peroxa que pagamos dos nosos impostos o que debería estar pagando a Xunta, o que temos que engadir o aumento no gasto de enerxía electrica de cando se teñen que encender as estufas, xa que o gasto eléctrico si lle corresponde o Concello, polo tanto dobre gasto, ainda que sexa neste caso xustificado polo benestar dos usuarios do Colexio, pero agardemos a que sexa reintegrado pola Consellería.

Tamén fala o Alcalde dunha reunión cos representantes de Educación, máis preocupados de buscar responsables desta grave situación económica que de buscar solucións ¡¡¡¡¡ por certo reunión a que asistiu como non, o propio Alcalde e algún pai escollido por él mesmo....¿porqué non se lle permitiu asisitir a todos os pais e nais que así o desexaban?....

Nesta noticia tamén se fala de obras de remodelación para poder asumir os gastos. A este argumento temos que recordar porquè non se aceptou no seu día a proposta de ubicar a gardería dentro deste recinto escolar, para aforrar e compartir gastos??? que outros intereses o levaron a negar esa proposta???? Agora igual se bota de menos non ter tomado esa decisión.

O periódico La Región dalle o total protagonismo o Concello e a réplica do Sr. Alcalde....

http://www.laregion.es/pdf.php?idnoticia=275206

Falase dunha dèbeda do curso anterior....polo tanto o problema non é novo, e tempo para buscarlle solución tiveron. Lembramos tamén que as contas aprobanse no Consello Escolar onde hai representantes dos pais e nais e tamén unha concelleira do Concello da Peroxa, que por certo, cobra 60€ por cada asistencia as citadas reunións, e por estes motivos polos que reiteramos que o problema é antigo e coñecido por todos.

O Alcalde indica que non están sen calefacción.....agora NON, pero estiveron dende o comenzo do curso en setembro ata novembro sin ela, e agora varios días antes da nova carga do gasoill

Tamén informa o Alcalde de que están facendo "xestións" coa Xefa Territorial....xestións eternas parecen porque reiteramos que o problema xa ben do curso pasado, unhas solucións que non chegan nunca e os perxudicados son sempre os mesmos.....docentes e alumnado.
O ùnico que se está a facer e tapar a neglixencia dos responsables de Educaciòn da Xunta en Ourense.

Matiza e nega sobre o tema da auga o Sr. Alcalde que se esté a consumir auga embotellada no Centro.
Tamén informa de que se realizan periódicamente todos os analisis por parte de Sanidade........PERO NON ERA A FARMACEÚTICA COMO INDICA NA ACTA DO PLENO ONDE SE TRATOU ESTA PROBLEMÀTICA ???
Neste punto tamén temos que matizar que nòs mesmos solicitamos os servizos de Sanidade en Ourense para realizar as nosas propias analises pero tristemente este servizo foi outros dos perxudicados polos recortes do Sr. Feijoo, presidente da Xunta, polo que deixou de existir na nosa cidade.

E tamén certifica que a auga da Peroxa é das mellores da Provincia. Con respecto a esta última manifestación, recordaremoslle a súa fráxil memoria a seguinte noticia....


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html

A noticia anterior é do 24 de febreiro de 2011, polo que pretende vendernos que nestes dous anos pasamos dos últimos postos os primeiros....????¿¿¿¿ TODO UN RÈCORD ¡¡
Algúns temos memoria Sr. Alcalde ¡¡¡
Según se indica na noticia a propia Consellería INVESTIGABA  o noso Concello da Peroxa por "INCUMPLIR LA NORMATIVA VIGENTE SOBRE ABASTECIMIENTO DE AGUA, AL NO HACER LOS ANÁLISIS REGLAMENTARIOS¡¡¡¡¡¡¡

Para rematar co tema da auga e as noticias relacionadas publicamos a seguinte onde se negan as nosas informacións......

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/19/gestora-servicio-agua-peroxa-aclara/950707.html

Agradecemos esta nova onde o xestor da agua manifesta ter analíticas que demostran a potabilidade da auga, da cal nos alegramos polo ben de todos.
 Pero quédanos a dùbida que tamén indica que "o luns se dirixirá a Sanidade a facer outros análisis". ¿Para garantir as sùas manifestacións ou porque realmente tamén dubida?

Acùsanos de causar "alarma social", pois recordamoslle que non fomos nos quen publicamos que èramos un dos 5 concellos INVESTIGADOS por Sanidade.

Nega que se beba auga embotellada no Colexio....terá que cambiar de fontes informativas ¡¡¡¡

Tamén hai outra noticia para refrescar memorias....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html

Aquí nesta noticia ponse de manifesto que en algún momento "se olvidou" das súas obrigas.

Esta noticia entre outras pon de manifesto e argumenta, como sempre facemos, os seus incumplimentos e onde curiosamente o Sr. Alcalde sae sempre na defensa da empresa PRIVADA diante dos intereses pùblicos da veciñanza.

Un exemplo desta posición "sospeitosa" e recente do Alcalde podemola atopar no pobo de Gulfariz, onde se poñía de parte da empresa diante dos dereitos dos veciños, xa que pretendía unificar tódolos contadores da auga na entrada do pobo, como por certo, fixo en case todo o Concello, incumprindo a normativa legal sobre ese asunto, e chegando a argumentar nun pleno o plantexar nós esta situación "QUE NON ÌA ANDAR LENDO OS CONTADORES POR CADA CASA POLO MOITO TEMPO QUE LLE ÍA LEVAR......" ,,,,,lamentable¡¡¡¡¡ de parte de quen está?....¿dos dereitos da veciñanza? ou ¿dos intereses dunha empresa particular?

Finalmente, e diante da loita da defensa dos seus dereito da veciñanza deste pobo os contadores puxeronse individuais en cada domicilio segundo marca a lei...


E non a chapuza e incumprimento de normativa que fixo por todo o Concello....


Como remate a este interesante artigo indicamos e comunicamos as moitas accións que dende esta Agrupación Municipal se levan feito na defensa do Colexio, para garantir o seu futuro e na búsqueda de iniciativas para fomentar o incremento de alumnos.

Presentamos unha Moción para axudas de material escolar...

REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP


Outra contra o copago do Comedor...

REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP

Argumentaba o Sr. Alcalde que votaban en contra porque no Colexio da Peroxa "ninguén ía pagar un can", cuestión que todavía non verificamos, pero o que sí perdemos foi a cociña no centro escolar e agora a comida é servida por un servizo de catering, coa correspondente pérdida de calidade do servizo.

Estas mocións entre outros rogos e preguntas sobre o tema e situación do Colexio Pùblico da Peroxa, engadidas a outras que faremos próximamente para fomentar e aumentar a matriculación de novos alumnos/as no Colexio son motivo e xustificación máis que suficiente para amosar o noso interese polo futuro e polos problemas existentes no NOSO Centro Escolar, independentemente de onde teña cada un os seus fillos e fillas escolarizados ¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO¡¡




8 comentarios:

  1. Dende a dirección do centro queremos deixar claro que non houbo ningunha reunión con grupo socialista no presente curso. Os tres membros da oposición, como así se presentan, achegáronse ao colexio sen avisar un día que a directora estaba reunida coa inspectora e pediron información sobre a calefacción, respostóuselles e marcharon tras 5 minutos. O resto das veces foron chamadas telefónicas con non sei ben que fin xa que eran para contrastar informacións co centro que filtrarán previamente à prensa. Dicir que na última chamada informamos de que si tiñamos calefacción dende o lúns, e de que o tema do auga era un absurdo posto que ainda que saise con óxido ou limpa, nos centros non se lles da auga do grifo para previr males. Cada neno que traia unha botelliña como en tódolos coles. Foron os pais nunha reunión do anpa os que decidiron traer botellas para aforrar.
    Por outra banda o catering trae botellas de auga e a calidade da comida é moi boa. Eu como no comedor cos nenos e aseguroo!!!
    Xa por último informar de que a partir de agora se vos respostará por escrito para que non se manipule a información. E dar as grazas ao concello, especialmente a Manolo, pola rapidez e disponibilidade que ten siempre.

    ResponderEliminar
  2. no solo hay el problema del colegio hay muchos mas y en todos los pueblos que solo hay gente mayor y nadie mira por ellos , le quitan la mitad del alumbrado , los caminos intransitables y los arboles cayendo encima de las casas y los tendidos electricos , daros un paseo por esos pueblos y eschar a la gente , no vale solo ir cuando vengan las elecciones poreque al final lo que demostrais es ser todos iguales, mucho bla bla bla y poco hacer , enseguida decies presenta un escrito en el ayuntamiento , para eso no os necitamos a ninguno , luego no vengais a prometer si no vais a cumplir las palbras las lleva el viento como se va a llevar muchas cosas (las casas caidas con peligro para los viandantes, caminos intransitables, arboles a punto de caer etc etc .).SEÑORES DEJENSE DE TONTERIAS Y PONGAN MANOS A LA OBRA PERO POR TODOS LOS PUEBLOS IGUAL , NO SOLO POR UNOS PREVILEGIADOS YA ESTA BIEN DE TONTERIAS .

    ResponderEliminar
  3. Bos días, por suposto que aquí se publican todos os comentarios, dixemos que das críticas tomamos nota, e ademáis cada un é libre de expor as súas opinións sempre que sexa con respeto, cuestión que lamentamos non suceda igual en outros lugares "públicos" onde se borran os comentarios e opinións que non son favorables.
    En primeiro lugar agradezco a Patricia a súa versión dos feitos, xa que coincido en case todo o exposto por ela, con algunha matización breve: pódeselle chamar reunión, xuntanza ou visita, pero como ti ben dis estivemos no Colexio para interesarnos polo problema exposto. Informo que os membros da oposición no Concello chámanse Grupo Municipal, neste caso do partido socialista, polo que non entendo que máis presentación necesitábamos. As chamadas telefónicas para confirmar a versión do Centro foron sempre moi anteriores a calquer publicación. Como ti ben dis informousenos de que xa se dispoñía de calefacción pero non así na semana anterior, polo tanto o problema está ahí, onde ti mesma nos detallaches a situación na que se atopaban os cativos e mesmo as problemáticas do profesorado. Con respecto o tema da auga confirmas, cousa que che agradezo, que si se consume a auga embotellada cuestión negada tanto polo Alcalde como polo encargado do servizo da auga. O catering por suposto que non vou negar a calidade do catering, e sobre todo tendo en conta que mesmo teño a parella traballando nesa empresa, que por certo tamén a miña filla come a diario esa mesma comida. Respeto a decisión de respostar por escrito as nosas consultas, que tamén as faremos polo mesmo medio. Discrepo para rematar no tema da tùa expresión "manipulación da información", acusación sen fundamento xa que a nosa información transmitida a prensa baseábase na falta de calefacción, que se recoñece dende todos os estamentos, o supresión dun docente e que no Colexio se estaba a beber a auga embotellada como ti ben dis...."para previr males". Agradezo unha vez máis a túa versión, ainda que decepcionado no tono das túas manifestacións, moi diferentes a amabilidade tanto presencial como telefónica que amosaches cando consultamos contigo as situacións. Quedamos a túa enteira disposición. Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Esta resposta é para o compañeiro "Anònimo":
    Claro que hai un montón de problemas en cada pobo, pero agora o tema a tratar tocaba no colexio. Coñecemos e compartimos a túa versión sobre a situación dos nosos pobos, ainda que discrepo que só vamos nas eleccións, non sei de onde eres, pero o que sí che garantizo e que poucas persoas teñen feito tantos quilòmetros polos pobos nos últimos dous anos que levamos nesta misión coma mín (por certo, costeando os gastos por suposto de meu propio bolsillo), labor e compromiso que facemos con agrado escoitando e coñecendo de primeira man as súas necesidades, onde damos traslado o goberno municipal e os asuntos se tratan no Pleno que por desgracia é ata onde a nosa labor pode chegar, non temos outros medios máis que enumerar as deficiencias dos pobos e solicitar o seu arranxo, cuestión que por suposto debería facer tamén calquer veciño ou veciña, reclamar os seus dereitos e servizos, como ti ben dís, pero discrepo contigo de que vaiamos prometendo nada, só ofrecemos a nosa colaboración que é como comprenderas, e che repito ata onde podemos chegar. A nosa labor máis importante e da que máis orgullosos nos sentimos e de dar voz as demandas da veciñanza e facilitar informacións da realidade que pasa no seu Concello, oculta durante décadas, por certo Concello levado a esta situación polos mesmos que superan de largo os 30 anos de goberno municipal. Non comparto polo tanto a tan famosa frase "todos iguais"....para nada¡¡ a nós non podes todavía xulgarnos polas accións de goberno xa que nunca tivemos ocasión de demostralo. Finalizo agradecendo a túa opinión e ofrecendo a nosa humilde colaboración. Saudos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. estamos iempre con lo mismo, llevan 30 años gobernando ( pero no gracias a mi voto que nunca lo llevaron) soy socialista cien por cien y me crispa los nervios muchas cosas, la gente mayor que es la que hay en los pueblos no lee internet, popor lo tanto de todo lo que hace ese señor tendran que enterarse por otros medios, no van al Ayuntamiento a leer los bandos, solo se enteran en el medico de boca a boca y ya sabeis com o va eso , por lo tanto algo habra que hacer , un saludo y no queria ofender

      Eliminar
    2. As opinións xamaís serán unha ofensa, poden ser favorables ou contrarias, pero nuna ofensivas. O debate de ideas enriquecenos a todos. Coincido que é dificil chegar a todos, pero ese mesmo boca a boca é o que tratamos de que a xuventude faga cos seus maiores, que non se resigne a ter sempre o mesmo. Nos fixemos un esforzo tanto económico como persoal de cada concelleiro na edición de xa dous boletíns resumen anual sobre a actividade que levamos a cabo no Concello, así como outras noticias de interes para a poboación que repartimos pobo por pobo e casa por casa e que está a ter unha grande acollida e a xente agradece a información facilitada. Logo só queda que como dixen, cada un saque as súas propias conclusións e actúe e consecuencia. Novamente gracias polas túas aportacións.

      Eliminar
  5. Pois eu saco as miñas conclusións despois de ver o que pasa pola Peroxa estes dias: conseguistes unificar a todo o mundo en contra das vosas engañosas publicacións, os pais, polo que vexo o profesorado do colexio, o fontaneiro, e os veciños e por non falar da mala imaxe que colle o colexio e o concello con estas cousas que son unha publicidade pésima.
    Deberiades dedicarvos a apoiar e non a facer unha guerra e crear unha tensión que non é boa para nadie e que polo que vexo estase volvendo na vosa contra.

    ResponderEliminar
  6. Pois son moi respetables, pero discrepo no de enganosas...¿Faltou por duas veces a calefacción sí ou non? ¿Seguimos sen profesora de apoio sí ou non? ¿Dudouse dende o centro da auga e consumese embotellada sí ou non? Polo demáis supoño que teremos en contra os que sempre estiveron, nin máis nin menos. Nos apoiamos o Concello en todo o que é apoiable, aceptamos e compartimos a obriga de correr cos gastos do gasoil para a calefacción ata unha solución que xa tarda en exceso. Mesmo fomos "colaboradores" directos no curso pasado para que os alumnos disfrutaran das actividades extraescolares previstas, ainda fora do prazo de execución das mesma, a petición do Sr. Alcalde, que contou co noso apoio. Considero que cando hai un problema tamén é preciso porlle solución e senón tamén estamos para denuncialo públicamente, cousa pouco habitual ate o de agora.
    Estos mesmos que poñen o grito no ceo, con máis ou menos acerto, son os mesmos que desaparecen cando hai publicacións que tamén afectan negativamente o Concello e non saen a defendelo como que se concedan subvencións millonarias para negocios particulares de familiares dos nosos gobernantes, que se constrúan embarcadoiros e se poña en funcionamento un catamarán polo miño que fará parada preto dos "negocios" do Sr. Alcalde.....En fin....máis do mesmo ¡¡¡¡

    ResponderEliminar