Destacamos en maiúsculas e reiteramos a palabra
"noso" porque tristemente parece que dende algún grupo reducido e achegado o "poder" se está esquecendo de que este è o
Colexio Pùblico do Concello da Peroxa, para uso e disfrute de toda a veciñanza que así o considere, no cual moitas xeracións nos formamos nese centro, ou como se denominaba antes....Grupo Escolar.., e non é un centro particular duns poucos.
Insistimos, que cando usamos a palabra
"noso", os membros da Agrupación Municipal Socialista, responsables deste blog e deste artigo, traballamos e loitamos para garantir o seu futuro, non só para o alumnado actual, senón para o que poida matricularse en vindeiros cursos.
A nosa labor na defensa deste centro é para garantir os dereitos e unhas comodidades dignas os seus usuarios, tanto profesorado como alumnado.
Misión, entre outras moitas, para as que fomos escollidos, lembramos, libre e democráticamente nas pasadas eleccións municipais por 400 veciños e veciñas do Concello, pero a diferencia de outros grupos de goberno, tratamos de ocuparnos e preocuparnos pola cidadanía en xeral, sen mirar nin marxinar a ninguén pola súa cor política, labor que por certo, nos sentimos orgullosos e útiles a veciñanza do Concello que cada día son máis os que estan a recoñecernos o noso traballo.
Como ben é sabido por todos, levamos tempo denunciando e solicitando solucións as moitas e graves problemáticas que ten este Centro Escolar, por moito que se intente impor a "lei do silencio", por parte dos responsables municipais, non moi acostumados a que ninguén lle airee e denuncie públicamente a súa incompetencia.
Lamentablemente, a través e baixo o amparo dunha rede social do Concello da Peroxa (recordemos, o Concello tamén é de todos, ainda que pareza polo xeito de gobernalo un cortixo particular), atopamonos con comentarios fora da lugar, mesmo permitíndose críticas a vida persoal das persoas (e agora falo a título individual como Toño do Amido), onde estou aberto, como non podía ser doutro xeito, a crítica sobre a xestión dos asuntos como cargo pùblico do Concello, pero non a miña vida privada onde manifesto que EU PERSOALMENTE O QUE FAGA COA EDUCACIÓN DA MIÑA FILLA E UN PROBLEMA EXCLUSIVAMENTE MEU E DA MIÑA PARELLA, E POR SUPOSTO QUE A LEVAREI O CENTRO ESCOLAR QUE DECIDAMOS.
Seguramente decisións particulares de cada pai e cada nai, o igual que outros moitos casos do Concello escolleron libremente outros centros polos motivos que fosen....particularmente no meu caso por cuestións e responsabilidades laborais do pai e da nai, que afortunadamente, non como outros, non quixemos agardar a que os responsables municipais nos tivesen que "colocar".
Sinceiramente, creo que deberían "preocuparlle" máis outros casos de sobra coñecidos onde incluso fillos e fillas dos propios traballadores municipais ou cercanos colaboradores elexiran outos centros diferentes o NOSO da Peroxa, traballos por certo, acadados con respecto o resto da veciñanza por "mèritos superiores" que descoñecemos e moitos dos veciños e veciñas da Peroxa hoxe tamén nas largas lista de desemprego se preguntan o porqué dos privilexiós dalgúns.
A pregunta que moitos nos facemos é.....¿opinan como pais e nais.....ou como empregados municipais?
Como ben dixen con anterioridade, acepto e trato de tomar nota das crìticas como o cargo que represento, e en canto a varias opinións que se nos tilda de faltos de información temos que respostar o seguinte:
Como xa indicamos en ocasións anteriores todas as noticias que publicamos na prensa teñen o seu fundamento e xustificación documental a disposición de todos aqueles que a queiran consultar. As información son completamente "oficiais" das que non temos motivo algún polo que dubidar.
A
información da falta de calefacción no centro tanto agora como no mes de novembro obtivemola tanto de pais e nais que nos voltaron a dar as súas queixas na busca dunha solución, como tamén contrastada con sendas reunións coa dirección do Centro Escolar, así como coa inspectora de Educación, coa cal nos reunimos os 3 concelleiros socialistas. Creo que neste punto ninguén discrepará sobre a súa falta xa que è o propio Concello que recoñece esta carencia facéndose cargo da factura do gasoil ata en dúas ocasións, así como os propios pais mercando estufas.
O
asunto da supresión da profesora de apoio tamén é consultada tanto a dirección do centro escolar como a Inspectora de Educación que nos confirman esa situación.
Finalmente, e
sobre o asunto que màis revuelo causou como foi o da dudosa potabilidade da auga, tamén è proporcionada por varios pais que confirman esa situación, onde están a facilitar o centro auga embotellada. Como nos casos anteriores tamén fomos a consultarllo a dirección do centro que o ratificou e mesmo nos poidemos comprobar esta situación nun dos grifos. Así como tomando as pertinentes mostras para facer os nosos propios analises da auga.
A ùnica negativa a información que buscabamos para contrastar este punto veu por parte do Concello da Peroxa onde a este portavoz que lles escribe se lle negou o acceso ao último analise existente nas oficinas municipais, motivo polo cal fixemos a petición por escrito para poder ter acceso a él como representantes públicos da veciñanza que somos, e que como indicamos sempre xustificamos documentalmente:
Lembramos tamén por si alguén non coñecía esta problemática do Colexio que xa foi tratada por este mesmo blog no artigo seguinte:
http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/12/irregularidades-no-colexio-da-peroxa.html
No día que publicamos esta nova non tiñamos a resposta "oficial" plasmada na acta do Pleno polo que agora si dispoñemos dela e a publicamos para lectura e coñecemento da veciñanza....
Para continuar argumentando as nosas noticias contrastadas e publicadas na prensa invitamosvos a que leades o que se publicou esta semana na prensa local:
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-calefaccion-agua-potable/949427.html
http://www.ourensedixital.com/_novas/14/01/20_03.htm
Ata a prensa nacional faise eco da nosa información...
http://www.europapress.es/galicia/noticia-psoe-denuncia-colegio-peroxa-ourense-vuelve-estar-calefaccion-sigue-agua-potable-20140116150911.html
http://www.20minutos.es/noticia/2031135/0/
A voz de Galicia xa lle deu o seu toque "persoal":
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/16/alertan-abandono-colegio-blanco-torres-peroxa/00031389870726808675392.htm
A que lle engadiu outra nova relacionada....
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/17/colegio-peroxa-tendra-remodelado-poder-asumir-gastos/0003_201401O17C10992.htm
Aquí parece que a nosa información sobre o problema da calefacción está confirmado polo propio Alcalde, onde indicaba, como tamén fixemos nós que fora o Concello o que correra cos gastos, cando é unha incompetencia do Servizo Territorial de Educación en Ourense, e que está a repercutir nos petos dos veciños e veciñas da Peroxa que pagamos dos nosos impostos o que debería estar pagando a Xunta, o que temos que engadir o aumento no gasto de enerxía electrica de cando se teñen que encender as estufas, xa que o gasto eléctrico si lle corresponde o Concello, polo tanto dobre gasto, ainda que sexa neste caso xustificado polo benestar dos usuarios do Colexio, pero agardemos a que sexa reintegrado pola Consellería.
Tamén fala o Alcalde dunha reunión cos representantes de Educación, máis preocupados de buscar responsables desta grave situación económica que de buscar solucións ¡¡¡¡¡ por certo reunión a que asistiu como non, o propio Alcalde e algún pai escollido por él mesmo....¿porqué non se lle permitiu asisitir a todos os pais e nais que así o desexaban?....
Nesta noticia tamén se fala de obras de remodelación para poder asumir os gastos. A este argumento temos que recordar porquè non se aceptou no seu día a proposta de ubicar a gardería dentro deste recinto escolar, para aforrar e compartir gastos??? que outros intereses o levaron a negar esa proposta???? Agora igual se bota de menos non ter tomado esa decisión.
O periódico La Región dalle o total protagonismo o Concello e a réplica do Sr. Alcalde....
http://www.laregion.es/pdf.php?idnoticia=275206
Falase dunha dèbeda do curso anterior....polo tanto o problema non é novo, e tempo para buscarlle solución tiveron. Lembramos tamén que as contas aprobanse no Consello Escolar onde hai representantes dos pais e nais e tamén unha concelleira do Concello da Peroxa, que por certo, cobra 60€ por cada asistencia as citadas reunións, e por estes motivos polos que reiteramos que o problema é antigo e coñecido por todos.
O Alcalde indica que non están sen calefacción.....agora NON, pero estiveron dende o comenzo do curso en setembro ata novembro sin ela, e agora varios días antes da nova carga do gasoill
Tamén informa o Alcalde de que están facendo "xestións" coa Xefa Territorial....xestións eternas parecen porque reiteramos que o problema xa ben do curso pasado, unhas solucións que non chegan nunca e os perxudicados son sempre os mesmos.....docentes e alumnado.
O ùnico que se está a facer e tapar a neglixencia dos responsables de Educaciòn da Xunta en Ourense.
Matiza e nega sobre o tema da auga o Sr. Alcalde que se esté a consumir auga embotellada no Centro.
Tamén informa de que se realizan periódicamente todos os analisis por parte de Sanidade........PERO NON ERA A FARMACEÚTICA COMO INDICA NA ACTA DO PLENO ONDE SE TRATOU ESTA PROBLEMÀTICA ???
Neste punto tamén temos que matizar que nòs mesmos solicitamos os servizos de Sanidade en Ourense para realizar as nosas propias analises pero tristemente este servizo foi outros dos perxudicados polos recortes do Sr. Feijoo, presidente da Xunta, polo que deixou de existir na nosa cidade.
E tamén certifica que a auga da Peroxa é das mellores da Provincia. Con respecto a esta última manifestación, recordaremoslle a súa fráxil memoria a seguinte noticia....
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html
A noticia anterior é do 24 de febreiro de 2011, polo que pretende vendernos que nestes dous anos pasamos dos últimos postos os primeiros....????¿¿¿¿ TODO UN RÈCORD ¡¡
Algúns temos memoria Sr. Alcalde ¡¡¡
Según se indica na noticia a propia Consellería INVESTIGABA o noso Concello da Peroxa por "INCUMPLIR LA NORMATIVA VIGENTE SOBRE ABASTECIMIENTO DE AGUA, AL NO HACER LOS ANÁLISIS REGLAMENTARIOS¡¡¡¡¡¡¡
Para rematar co tema da auga e as noticias relacionadas publicamos a seguinte onde se negan as nosas informacións......
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/19/gestora-servicio-agua-peroxa-aclara/950707.html
Agradecemos esta nova onde o xestor da agua manifesta ter analíticas que demostran a potabilidade da auga, da cal nos alegramos polo ben de todos.
Pero quédanos a dùbida que tamén indica que "o luns se dirixirá a Sanidade a facer outros análisis". ¿Para garantir as sùas manifestacións ou porque realmente tamén dubida?
Acùsanos de causar "alarma social", pois recordamoslle que non fomos nos quen publicamos que èramos un dos 5 concellos INVESTIGADOS por Sanidade.
Nega que se beba auga embotellada no Colexio....terá que cambiar de fontes informativas ¡¡¡¡
Tamén hai outra noticia para refrescar memorias....
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html
Aquí nesta noticia ponse de manifesto que en algún momento "se olvidou" das súas obrigas.
Esta noticia entre outras pon de manifesto e argumenta, como sempre facemos, os seus incumplimentos e onde curiosamente o Sr. Alcalde sae sempre na defensa da empresa PRIVADA diante dos intereses pùblicos da veciñanza.
Un exemplo desta posición "sospeitosa" e recente do Alcalde podemola atopar no pobo de Gulfariz, onde se poñía de parte da empresa diante dos dereitos dos veciños, xa que pretendía unificar tódolos contadores da auga na entrada do pobo, como por certo, fixo en case todo o Concello, incumprindo a normativa legal sobre ese asunto, e chegando a argumentar nun pleno o plantexar nós esta situación "QUE NON ÌA ANDAR LENDO OS CONTADORES POR CADA CASA POLO MOITO TEMPO QUE LLE ÍA LEVAR......" ,,,,,lamentable¡¡¡¡¡ de parte de quen está?....¿dos dereitos da veciñanza? ou ¿dos intereses dunha empresa particular?
Finalmente, e diante da loita da defensa dos seus dereito da veciñanza deste pobo os contadores puxeronse individuais en cada domicilio segundo marca a lei...
E non a chapuza e incumprimento de normativa que fixo por todo o Concello....
Como remate a este interesante artigo indicamos e comunicamos as moitas accións que dende esta Agrupación Municipal se levan feito na defensa do Colexio, para garantir o seu futuro e na búsqueda de iniciativas para fomentar o incremento de alumnos.
Presentamos unha Moción para axudas de material escolar...
REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP
Outra contra o copago do Comedor...
REXEITADA COS VOTOS EN CONTRA DOS 8 CONCELLEIROS DO PP
Argumentaba o Sr. Alcalde que votaban en contra porque no Colexio da Peroxa
"ninguén ía pagar un can", cuestión que todavía non verificamos, pero o que sí perdemos foi a cociña no centro escolar e agora a comida é servida por un servizo de catering, coa correspondente pérdida de calidade do servizo.
Estas mocións entre outros rogos e preguntas sobre o tema e situación do Colexio Pùblico da Peroxa, engadidas a outras que faremos próximamente para fomentar e aumentar a matriculación de novos alumnos/as no Colexio son motivo e xustificación máis que suficiente para amosar o noso interese polo futuro e polos problemas existentes no
NOSO Centro Escolar, independentemente de onde teña cada un os seus fillos e fillas escolarizados ¡¡¡
SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO¡¡