Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 31 de enero de 2013

Resumo do "lamentable" Pleno no Concello do 29/01/2013

O calificativo do título deste artigo fai boa referencia o ocurrido no Pleno Ordinario celebrado no Concello de A Peroxa este pasado martes 29 de xaneiro as 12:00.

Lamentable pola actuación de desprezo total cara a nosa labor de CONTROL do goberno municipal por parte do Sr. Alcalde; un pleno que se esperaba curto e tranquilo tornouse nunha batalla dialectica que para nada beneficia os intereses dos veciños e veciñas do Concello.

O Sr. Alcalde cada vez parecen molestarlle máis as nosas peticións de mellora a travès dos rogos e especialmente das preguntas sobre cuestións que afectan o noso Concello, chegando a manifestar en varias ocasión que son feitas con "moi mala intención".

Non sabemos si lle afectou que o pleno se celebrase en horario matinal (escollido por èl), ou que por primeira vez non houbese ninguén no pùblico para observar cal è a sua actitude de reproches e desprezo cara a labor dunha oposición que creemos que estamos a facer unha boa labor, xa que trasladamos as peticións, necesidades e demandas dos veciños, xuntamente con propostas nosas para mellorar a vida neste concello. (Quizàis sexa ese o problema, que se aportan ideas e sobre todo que a información da vida municipal comenza a chegar a toda a poboación).


Na súa primeira intervención o Sr. Alcalde xa comenzou cos seus reproches, calificando a celebración deste pleno ordinario como innecesario, salvo pola "ansiedade" da oposición.
Manifestou que non era "normal" a celebración deste pleno ordinario (que lembramos se fixan por LEI cada dous meses, e mesmo co seu voto favorable no seu día a celebración o derradeiro luns de cada bimestre as 20:00, que posteriormente, por decisión única del mesmo decidiu cambiar e non por data fixa, ainda que respetando a normativa de obligatoriedade cada 2 meses).
O noso portavoz referiuse a que non era por "ansiedade" da oposición senón por NECESIDADE dos veciños e veciñas que se tratasen os seus asuntos no lugar previsto polas leis e simplemente había que respetar as leis e os acordos tomados no seu día.

O Sr. Alcalde seguiu insistindo en que a celebración deste Pleno Ordinario lle costaba o Concello 600€¡¡

O noso portavoz indicoulle que a cuantía por asistencia a plenos de 60€ fixouna él.
Seguía insistindo en que a convocatoria só tiña 4 puntos na orde do día.
Neste punto informamos que igual que ocurríu nos anteriores plenos, parte importante da ausencia de máis puntos da orde do día dèbese a ausencia de propostas, mocións, etc, por parte do goberno do PP que unha vez máis se presentan nun pleno sin nada que aportar nin que tratar.
As ùnicas propostas neste pleno (rogos de mellora e arranxo de deficiencias) e preguntas sobre cuestións que afectas os veciños e veciñas do concello chegan coma sempre dos membros da oposición socialista, exercendo así na súa labor para a que foron escollidos polos votantes do Concello, onde a parte maioritaria dos votantes escolleu os membros do PP para que gobernen, non para que vaian cas mans vacías os órganos de decisión.
Como indicamos con anterioridade parte da nosa labor de control pasa por preguntas o Sr. Alcalde para coñecer as solucións as nosas demandas, esas que tanto lle molestan e que cada día amosa un maíor nerviosismo, xa incluso preocupante.

Para argumentar o exposto informamos que no total dos 8 plenos celebrados nesta lexislatura que comenzou en Maio de 2011, a Agrupación Municipal Socialista a través dos seus 3 concelleiros leva presentado no Concello para o seu control, debate, analise e aprobación o seguinte:

MOCIÓNS: 10
PROPOSTAS: 5
ROGOS: 9
PREGUNTAS: 46
SOLICITUD INFORMACIÓN: 7

Todo perfectamente comprobable neste mesmo blog a través dos menus correspondentes onde se coloca toda a información que queremos facer chegar os veciños e veciñas deste concello para que coñezan a nosa labor.

Pola contra, fronte a este traballo o PP presentou para tratar nos plenos 4 propostas e unha moción.

Tan só a súa proposta de solicitar a Subdelegación do Goberno para pedir máis vixiancia antes os moitos roubos foi apoiada por nós, dada que as outras sempre afectaba negativamente os veciños da Peroxa, como son subidas nas taxas da basura, nos servizos sociais de axuda no fogar, na gardería, na auga.....

Estes reproches sobre a celebración deste Pleno polo seu "custe" están inxustificados xa que como informamos so se limitar a cumplir o que marca a lei, cousa que nos moitos anos anteriores de goberno non se estaba a facer.

Tamén ten a súa gracia que se preocupe polos gastos deste pleno un Alcalde que se atopa no posto 31 dos 315 mellor pagados de Galicia e que lle custa os veciños e veciñas da Peroxa dos seus impostos preto de 30.000€ anuais, por tan só 20 horas a semana de adicación (segun consta na publicación oficial do Boletín Oficial da Provincia).
Que segundo a mesma publicación ten 2 concelleiros con asignación económica polos seus servizos e tamén outro concelleiro que cobra pola súa firma como Tesoureiro 12€ díarios¡¡¡¡¡¡
O que lle supón as arcas municipais según reflexan os orzamentos municipais en anos anteriores uns gastos en DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVIZO case 35.000€ ¡¡¡

UNHA GRANDE DOSIS DE CINISMO E HIPOCRESÍA ¡¡¡¡

Para seguir argumentando informamos que este Alcalde foi quen de crear no Concello un òrgano "NON OBRIGATORIO, NIN NECESARIO", como è a Xunta de Goberno Local onde "se cocen" os asuntos do Concello formada por èl mesmo  e 3 concelleiros que tamèn cobran pola súa asistencia 60€¡¡¡¡¡ e que acordaron celebrar CADA MES ¡¡ o primeiro luns as 13:00 e que en 15' liquidan os asuntos do día, eses que lle pareceron poucos no pleno que estamos a tratar e que segundo podedes ver na imaxe seguinte nestas Xuntas de Goberno non chegan a pasar de 3 ¡¡¡¡¡¡¡


Como curiosidade indicar que aquí tampouco respetan o acordo do día nin a hora, xa que se celebrou as 20:15 e as 20:30 .......XA REMATARON ¡¡¡¡

Xustamente, e que casualidade, que as 20:30 comenzaba o Pleno Ordinario de Setembro ¡¡¡

Como se suele decir nestes caso.....APROVEITARON A VIAXE PARA COBRAR TODO XUNTO¡¡¡

ESTE È O GOBERNO MUNICIPAL QUE TEN O CONCELLO DA PEROXA E A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS SEUS VECIÑOS ¡¡¡¡¡¡¡

Os asuntos tratados nestas Xuntas de Goberno Local a normativa indica claramente que ben se poderían tratar nos Plenos (aforrando así 180€ cada mes os veciños e veciñas da Peroxa), de feito este òrgano so è obrigatorio en Concello se máis de 5.000 habitantes.


ESTA È A FALSA AUSTERIDADE DO SR. ALCALDE E MEMBROS DO GOBERNO DO PP¡¡

A sùa principal preocupación non è aforrarlle cartos os veciños dos seus impostos, senòn seguir gobernando na total ESCURIDADE, FALTA DE TRANSPARENCIA E DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES¡¡¡¡

NON FORON ELEXIDOS POLOS VECIÑOS E VECIÑAS PARA FACER ESTE TIPO DE POLÍTICAS, O CONCELLO DA PEROXA NON MERECE ESTAS ACTUACIÓNS ¡¡¡¡

Unha vez analizada esta situación e informados tod@s da situación real......continuamos cos asuntos do Pleno:

No que se refire os Rogos e propostas de mellora feitas por nós e xa publicadas con anterioridade neste blog, informamos dos seguintes respostas e solución por parte do Sr. Alcalde:

Indicounos que xa coñecía todo o solicitado, do cal nos alegramos, pero non demandamos coñecemento senón arranxos:

No acceso o Recinto Feiral da Peroxa buscará unha solución definitiva, mesmo con cemento cando acaben as choicas.

Nos baches do Amido actuarase cando o tempo o permita.

No deterioro da pista de Forxán segundo èl está todo arranxado, non hai nada que mellorar. Neste punto o noso portavoz negou tales feitos e demandou o seu arranxo.

Na carretera e na ponte deteriorada en Lentomil indicou que se arranxarà cando se acometa a obra pendente de asfaltado a través de subvención pendente de executar.

 Nos desprendementos do acceso a Cidadella afirmou que o pobo ten acceso o mesmo gracias a actuación dende o Concello o mesmo día que se produciron, e que  non se acometerá con urxencia a espera de que sexa a Deputación que o arranxe para que non lle coste nada o concello.

O seguinte punto da orde do día que poñía final a este pleno contestou as nosas preguntas, logo de calficalas como xa dixemos de "moi mal intencionadas" e que mesmo algúnha delas se debería ter evitado facer no pleno e que con unha chamada o seu teléfono teríamos resposta......¿?

1) dende a Subdelegación solicitaron máis presencia a través do cuartel de Tamallancos. No do alumeado afirma que non inflúe e que está todo ben apagado.

2) a súa paga devolveuna as arcas municipais para o "superavit" do Concello, insistindo que entre outros gastos para pagar os Plenos agora que hai tantos¡¡¡¡¡¡ 
Aquí temos que comentar que unha vez máis prefire ter os cartos "sobrantes" en contas bancarias que en atender as moitas necesitades da poboación, nalgúns casos de urxencias sociais.

3) na estructura de goberno resposta que "todos fan de todo" e a maioría "desinteresadamente".
A nosa opinión è que os concelleiros básicamente teñen unha función en èpocas electorais, xa que en moitas das demandas de mellora que nos presentamos e que afectan a pobos nos que residen manifestan sempre descoñecelas......¿?

4) o despremento a carón do Pabellón de Peares vaise subsanar xa.

5) o retraso nas cita indica que se debeu o aumento de traballo na parte inicial do ano por ter que facer traballo administrativo e varios informes anuais. Atende os martes e xoves, baixo cita previa no teléfono do Concello.

6) afirma o Sr. Alcalde que no que respeta as persoas que viviían en duras condicións, uns deles xa está nunha residencia do Concello, tras serlle ofrecido xa con anterioridade. No outra caso no è veciño deste concello e que èl decide levar esa vida así, e vive das axudas dos veciños e veciñas da zona.


A maiores das preguntas por escrito fixemos 3 orais:

1) Preguntamos sobre a definitiva apertura do Parque Infantil e o Sr. Alcalde resposta que leva tempo tentando falar co director de obra para que subsane "deficiencias" (curiosos, antes incluso de inaguralo), que cando teña unha resposta se nos comunicará, pero que de todas formas, neste tempo tampouco é necesario.
Manifestamos que entre as "deficiencias" a arranxar comtemplen a substitución das àrbores xa secas, cansas de agardar....¡¡¡ 

 2) Preguntamos a qué correspondían os 40.000€ (unica aportación da Xunta nos orzamentos 2013 para o noso Concello), que aparecen nos orzamentos da Xunta e que indican para equipamentos de Centros de Saùde no Concello da Peroxa. O Sr. Alcalde manifestou descoñecer ese aportación.

3) Interesamonos polo coñecemento por parte do Sr. Alcalde sobre o estado do local social de Graíces, onde a raíz da construcción dos baños chove dentro e os veciños teñen cubos dende xa fai varios anos. Solicitamos arranxo antes de males maiores e comprometeuse a mirar e solucionar esta demanda.

Ata aquí a nosa analise deste pleno, onde invitamos a tod@s a informarse do exposto e a recapacitar das situacións das que dimos conta.



SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡




 





Interesante convocatoria

No DOG do pasado martes 29 de xaneiro convocase por parte de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obritatoria para maiores de 18 anos.

Unha boa ocasión para recupar "tempo perdido", e obter unha titulación moi necesaria a día de hoxe.

Para màis información, consulta o seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130129/AnuncioG0164-220113-0001_gl.pdf



miércoles, 30 de enero de 2013

Visitamos a parroquia de Vilarrubin

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista seguimos a cumpliar os compromisos e obxetivos adquiridos diante dos nosos veciños e veciñas e esta fin de semana voltamos a ter unha nova ediciòn dos Sàbados coa Veciñanza. Deste vez toca visita a algúns pobos da parroquia de Vilarrubin (que faremos en varias fases debido a sua extension e gran poboación).

Estaremos este sàbado día 2 de febreiro pola tarde nos pobos de Corneda, Ferradal, Rabacido, Outeiriño, Sestelo, Vilarrubin e Touza recollendo as preocupacións e necesidades que nos demanden os veciños.

Este è o cartel que anuncia a nosa visita....



PARTICIPA CONNOSCO DESTA ACTIVIDADE ¡¡

Colabora coas túas iniciativas e suxerencias como xa fixeron veciños e veciñas doutros pobos visitados con anterioridade onde varias das súas demandas xa trasladadas polos nosos concelleiros da oposición o Concello xa foron atendidas e subsanadas.


 


Festas do San Blas 2013 en Carracedo

Esta fin de semana toca disfrutar doutra festa importante no noso Concello, e desta vez gracias o esforzo dunha comisión de festas terá unha actuación estelar o contar con unha das mellores orquestras de galicia, así como, con outros actos que conforman unha espectacular festas.

Este è o cartel:


DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS E VEN A CARRACEDO ¡¡

 

lunes, 28 de enero de 2013

Pleno no Concello

Mañà martes día 29 de xaneiro as 12:00 celebrase no salón de plenos o pleno ordinario correspondente a mes de xaneiro.

Esta é a convocatoria:



Trataranse temas de importancia para os veciños e veciñas do concello, onde unha vez máis as únicas propostas, preguntas e preocupacións pola mellora da situación actual do noso concello saen da nosa Agrupación Municipal Socialista, que leva a pleno as seguinte cuestións:


No apartado de Preguntas, os membros da nosa Agrupaciòn formulan as seguintes, relacionadas con temas de actualidade e preocupacións manifestadas por veciños e veciñas do concello:

Nas seguintes imaxes as preguntas feitas que agardamos sexan resoltas nos pleno polo Sr. Alcalde:





No que respecta a pregunta 1:

Este acordo de petición de máis vixiancia para evitar esta lacra de roubos foi aprobada por todos no pleno pasado....e así se publicou na prensa local:


Na pregunta 2:

Seguimos agardando 2 meses despois pola información da Alcaldía de explicar a qué adicou a renuncia a sua paga extra, continuando coa súa politica de falta de transparencia e ocultación da información os veciños e veciñas do Concello.

Na pregunta 3:

Coñecemos o nome dos concelleiros de Urbanismo e de Servizos Sociais porque se publicaron os seus nomes tras acordar por parte do goberno do PP de adxudicarlle aportación económica polo seu "traballo",, como tamén a través da prensa da concelleira de Cultura, pero descoñecemos do resto de concelleiros cales son as súas adicacións e funcións neste goberno.

Mediante este acordo ubicamos a Jose Manuel Rodriguez Blanco en Urbanismo e a Jose Manuel Rodriguez Feijoo en Servizos Sociais.....


A través desta publicación na prensa sabemos que a Concelleira de Cultura e Fernanda Fernandez Fiuza:



Na pregunta 4:

Esperamos unha resposta e plazo para subsanar esta grave e perigosa anomalía:


 
Na pregunta 5 agardamos coñecer o funcionamente deste Servizo básico para os veciños e cales son os motivos deste retraso nas citas de atención.

Na pregunta 6 esperamos que dende a Alcaldía e os Servizos Sociais do Concello se teña xa posto solución a un problema dunhas graves necesidades das condicións de vida de dous veciños deste concello.

Neste enlace seguinte refirese a unha persoa "sin teito".....

http://www.laregion.es/noticia/237987/denuncia/contra/parroco/de%C3%A2%E2%82%AC%C2%A9os/peares/cerrar/local/

Completaremos este apartado de preguntas por escrito con algunha outra oral.

Tamén se tratarán no pleno os Rogos que presentamos para mellora de deficiencias detectadas:

Este è o listado de peticións que fan os nosos membros da Agrupación Socialista no concello:



Argumentamos estas peticións coma sempre coas imaxes reais da situación actual, agardando solucións urxente por parte da Alcaldía.

 ( Accesos o Recinto Feiral da Peroxa)


 ( Baches no Amido)

( Estado de deteriro da carretera no Amido)

( Situación lamentable da pista de acceso a Forxán)

 ( Barrizal e desprendementos de parte da carretera en Lentomil)


( O regato fundiu parte da carretera en Lentomil)


( Grave desprendemento no acceso a Cidadella, dificultando o acceso os vehículos o pobo)

Tamén no apartado de escritos solicitamos información sobre as cuestións de legalidade nos asuntos tratados e tramitados dende o Concello con responsabilidade do Secretario municipal.



Pola importancia dos asuntos a tratar e de interese para todo o Concello invitàmosvos a participar da vida política municipal asistindo aos plenos, así como manifestando que con rapidez seredes coma sempre informados dos acordos que se tomen nos temas anteriormente expostos.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR, E MÁIS INFORMADO ¡¡

 

viernes, 25 de enero de 2013

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 26 e 27 de xaneiro de 2013

A actividade deportiva està composta maioritariamente polos econtros dos equipos do concello nas súas respectivas competicións, pero tamén contaremos con actividade no mundo da bici de montaña.


Os equipos representativos do concello disputarán os seguintes encontros:   

S.P. CELANOVA - A PEROXA C.F : Domingo 27 as 16:00 no campo de Celanova.

ATL. PEROXA - SALAMONDE C.F: Domingo 27 as 16:15 no campo do Marco.
 
C.D. CENLLE - A PEROXA C.F "B" : Domingo 27 as 16:15 no campo de Cenlle.

E.M.F ARENTEIRO "B" - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 26 as 18:00 na Uceira.

A PEROXA C.F ALEVIN - C.D. VELLE "B": Sàbado 26 as 12:00 no campo do Marco.

C.F MONFORTE "B" - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN : Sàbado 26 as 17:00 no Luis Bodegas de Monforte de Lemos.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - NOVO RIBEIRO:  Sàbado 26 as 16:00 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - SP. MANZANEDA F.S: Sàbado 26 as 19:30 no pabellón de Peares.




A PEROXA F.S. MASCULINO - REGUENGA F.S: Sàbado 26 as 20:30 no polideportivo da Peroxa.
 
CALDELAO F.S.F. - A PEROXA F.S. FEMININO : Domingo 27 as 12:30 no pabellón de Castro Caldelas.



APOIA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡


Como ben indicamos a actividade complementase co "2º Curso Pilotaxe XC Enduro BTT" que se celebra os días 26 e 27 de xaneiro de 2013 na Peroxa.

Màis información no seguinte enlace:

http://bttaperoxa.singletrackgalicia.com/archivos/249

Este è o cartel anunciador da proba:




jueves, 24 de enero de 2013

Execución de obras dos Plans Provinciais 2011

Logo dun retraso que parecía interminable, completaronse as obras pendentes dos Plans Provinciais 2011 no noso concello, concretamente as obras no pobo de Abertesga e accesos a Outeiro.

Obras con certa dose de polémica e parte de incumplimento polo Concello e o seu Alcalde diante dos veciños por un proxecto que non se executou como estaba previsto, e que foi modificado para non ter que devolver os cartos da subvención obtida.

Solventados parte dos problemas plantexados polos veciños púxose fin a este proxecto que non deixou satisfeitos a tódolos veciñas polas moitas deficiencias que presenta a obra unha vez rematada, xa que non atende as demandas reais necesarias para subsanar os problemas de acceso as vivendas do pobo.

O cartel que anunciaba esta actuación è o seguinte:


Este cartel "rehabilitado" de outras actuacións pasadas no Concello sembrou de dùbidas esta actuación o considerar (con razón) os veciños que os cartos que de orzamentaron para este proxecto non se executaron na súa totalidade.

Lamentar tamén que non fosen capaces nin de poñer o ano correctamente........indica ano 2002 ¿?

Parte desta obra realizouse no centro do pobo para facilitar o acceso a vivenda dunha veciña, onde indicamos que non obtivo solución satisfactoria, posto que a mellora do acceso estaba previsto por outro lugar onde permitira o acceso a vehículos o domicilio, obxetivo que no se acadou.



Continuàbase a obra coa mellora dos accesos a Outeiro, onde existe unha vivenda pendente de rehabilitación por parte dos donos que demandaban esta actuación, pero polo que poidemos observar tamén esta actuación se quedou incompleta.

Esta era a imaxe anterior as obras no seu primeiro tramo....


E esta imaxe despois das obras neste mesmo lugar....


Non existen grandes diferenzas, limpeza de maleza e pouco máis ¡¡

Agora a seguinte imaxe amosa a segunda parte deste camiño, onde se acometeu a maior actuación. Asì era orixinalmente.....

E agora o seu aspecto despois da mellora.....




Unha das demandas máis frecuentes dos veciños diante desta actuación refírense ao estado de dificil acceso que quedou en algúns lugares as fincas, con restos acumulados da obra.....


Tamén observamos como algúns "remates" podían ser mellorables.....

 
A citada falta de entendemento e acordos cos veciños fixo que esta actuación quedase...."incompleta", entendendo dende o noso punto de vista que este tipo de actuacións deberían ser consensuadas e acometidas unha vez obtidos os permisos pertinentes por parte de tódolos afectados e invertir realmente os cartos públicos en proxectos de futuro e non en "parches"....¡¡

(estreitamento da vía que dificulta o acceso a vehículos)

 
(acabouse o cemento.......)


Finalmente a imaxe da outra "obra" que formou parte deste proxecto modificado e que non estaba prevista inicialmente......

 
 

CREEMOS DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL QUE "ACTUACIÓNS" COMO ESTAS DEBERÍAN DE FACER RECAPACITAR O NOSO ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS QUE A INVERSIÓN DOS CARTOS DOS VECIÑOS DEBE DE SER CON CRITERIO E ACTUACIÓNS REALMENTE DE MELLORA E NON POR CAPRICHOS E PROMESAS PERSOAIS.

IGUALMENTE INVITAMOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ABERTESGA E DOUTROS POBOS DO CONCELLO A ANALIZAR, REFLEXIONAR E PENSAR SI ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS POR PARTE DO SR. ALCALDE SON REALMENTE O QUE O NOSO CONCELLO DEMANDA NESTES TEMPOS DE AXUSTES E RECORTES ECONÓMICOS.


Seguiremos informando ¡¡

 

 
 

martes, 22 de enero de 2013

Efectos do temporal no Concello

Estamos a pasar unhas datas complicadas climatolóxicamente falando, diante dun inverno duro, con choivas contínuas, fortes ventos e mesmo hoxe con neve.

Estas condicións climáticas deixan os seus devastadores efectos en complicacións para as nosas carreteras e instalacións, así como desperfectos importantes, nalgúns casos moi perigosos para os veciños e veciñas do Concello.

Nas seguintes imaxes un resumen dos desperfectos que este xa longo temporal deixou nas nosas terras, que polo ben de tod@s agardemos sexan arranxados coa urxencia necesaria, e que en algúns dos casos máis perigosos xa trasladamos esa petición por escrito as oficinas municipais para que teñan constancia das mesmas.


(CASETA DO BUS NA PEROXA)


(DERRUMBE DO MURO NA ENTRADA DO PABELLÓN DOS PEARES)


(DESPRENDEMENTO DE ROCAS NA CARRETERA DA CIDADELLA)


(BARRIZAL E DERRUMBE DE PARTE DA CARRETERA EN LENTOMIL)


(POSTE DO ALUMEADO PUBLICO CAIDA NA PEROXA TRAS UN ACCIDENTE DUN VEHÍCULO POLO ESTADO RESBALADIZO DO ASFALTO)


(DETERIORO DOS ACCESOS O RECINTO FEIRAL DE A PEROXA)




lunes, 21 de enero de 2013

Festa do San Vicente 2013 en Graíces ¡¡

Este vindeiro sábado 26 de xaneiro comenza a tempada anual de festas no noso Concello coa celebración da tradicional festa na honra o patrón en San Vicente de Graíces.

Festa con actos relixiosos, gastronómicos e festivos de interese.

ACUDE A GRAICES E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡


Discrepancias.....¡¡

Nestas semanas pasadas observamos na TV e leímos na prensa local noticias sobre as discrepancias que manteñen algúns veciños de Peares co seu párroco pola problemática existente en canto o uso do local social existente nos baixos da igrexa.

Como en todo problemática sempre existen dùas versiòns perfectamente diferenciadas, ainda que agardemos polo ben de todos non vaia a màis e se chegue a un acordo cordial.

Nos seguinte enlaces e imaxe a repercusiòn na prensa local:

http://www.laregion.es/noticia/237825/disputa/entre/vecinos/parroco/peares/local/social/


http://www.laregion.es/noticia/237987/denuncia/contra/parroco/de%C3%A2%E2%82%AC%C2%A9os/peares/cerrar/local/

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/01/09/vecinos-peares-dicen-cura-agravo-division-pueblo/737863.html






jueves, 17 de enero de 2013

Orzamentos da Xunta 2013 no noso Concello

TRISTES......¡¡

......e escasos.....¡¡


Calificativos que reflexan o nulo interès que Sr. Nuñez Feijoo presidente da Xunta ten polo que predica "a súa terra".

Aparecen unhas miserables partidas para mellora e contruccións de camiños de 17.288€ a repartir entre 9 concellos ¡¡


Tamén, e xa por segundo ano consecutivo unhas partidas para Equipamentos e actuacións en centros de Saude do Concello (A Peroxa e Peares), que non se investiron no exercicio anterior por unha suma total de preto de 35.000€ que agardemos se executen neste exercicio 2013.



Lamentamos e botamos en falta orzamento para a construcción prometido do "veciño" Feijoo no seu pobo dos Peares, polo que comtemplamos como neste ano tampouco se acometerá.

Lonxe quedan as promesas recibidas "entre bágoas" por moitos dos veciños e veciñas dos Peares por parte de SAN FEIJOO, como calificaban algúns o presidente da Xunta, ese mesmo que está a afogar os servizos existentes no Concello con recortes (Servizos Sociais, Sanidade, Educación......) e pola falta total de inversións.

 
(NOTICIA DE PRENSA DE FAI XA MÀIS DE 2 ANOS)


Unha imaxe que tardará moito en facerse realidade.



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡
 



Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 19 e 20 de Xaneiro de 2013

Os equipos representativos do concello disputarán os seguintes encontros:

A PEROXA C.F - C.D ALLARIZ: Domingo 20 as 16:00 no campo do Marco.

C.D. CALDELAO - ATL. PEROXA: Sàbado 19 as 16:15 n campo de Castro Caldelas.

A PEROXA C.F "B" - CRESPOS C.F: Sàbado 19 as 18:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F XUVENIL - CIDADE DE OURENSE: Sàbado 19as 10:30 no campo do Marco.

C.D. LA PURISIMA - A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 19 as 11:00 no Campus Universitario.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.D.C. SANTA TERESITA: Sàbado 19 as 12:30 no Marco.

COSTELA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 19 as 16:00 en Taboadela.

OS PEARES F.S - BAR EN XOGO/KARLASCA: Sàbado 19 as 20:00 no pabellón de Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - ACEITES ABRIL CARBALLIÑO: Sàbado 19 as 18:00 no polideportivo da Peroxa.


DISFRUTA E APOIA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

miércoles, 16 de enero de 2013

Subvencións recibidas no Concello de A Peroxa

Nestas pasadas semanas recibiuse no noso Concello de A Peroxa subvencións de determinados organos da Xunta de Galicia.

No DOG do pasado 2 de xaneiro publicase a aportación da Consellería de Traballo e Benestar unha cuantía de case 17.000 para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, desempeñada esta labor desde as oficinas municipais.

Màis información no seguinte enlace ( o noso Concello na páxina 21):

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130102/AnuncioCA05-211212-0003_gl.pdf

Tamèn no día de onte 15 de xaneiro se publicou no DOG na súa paxina 1161 unha cuantía de 16.747 euros que a Consellería de Medio Rural aporta o noso concello por "cederlle" o vehículo motobomba para a defensa contra incendios forestais.

Agardemos contar este verán con máis medios e máis àxiles na defensa do incendios que nestes dous anos anteriores xa que asolaron os monte do noso Concello.

Màis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130115/AnuncioG0165-070113-0004_gl.pdf


Seguimos informando ¡¡

DONACIÓN

No pasado ano 2012 fíxose por parte dos membros da corporación municipal do Concello de A Peroxa unha donación voluntaria o colectivo de Aspanas en A Peroxa para contribuir o seus sustento económico.

Aportación que consistìa en donar o percibido por cada concelleiro por asistir a plenos.

Colaboramos con esta iniciativa, ante unha organización que xenera postos de traballo aquí no noso Concello, a parte da importante e crucial labor social que fai na sociedade.


martes, 15 de enero de 2013

....De volta ¡¡ e xa con novidades.

Logo do merecido "descando" polas festa do nadal e reis, estamos xa de volta con tod@s vos para seguir neste novo ano na nosa liña informativa sobre canto sucede no teu concello.

Comenzamos este ano reflexando unha vez máis, a través neste caso do concello, mediante os seus bandos dunha proposta presentada pola nosa Agrupación Municipal Socialista e aprobada polo pleno para facilitarlle os trámites con Tràfico os nosos veciños e veciñas.


Asimesmo informamos da recente convocatoria de cursos de Galego para adultos publicada no DOG do luns 7 de xaneiro na súa páxina 483, con data para solicitalos ata o 25 de xaneiro de 2013.

No seguinte enlace tedes a información completa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130107/AnuncioG0164-020113-0001_gl.pdf

Un ano máis reiteramos a nosa colaboración ante calquer dúbida sobre calquer tema ou mesmo para axudar na súa tramitación diante da administración correspondente como xa fixemos con varios veciños e veciñas no pasado ano con varias tramitacións de axudas ou subvencións.

XA COÑECES OS NOSOS DATOS DE CONTACTO........AVÍSANOS ¡¡