Referímonos a feira galego de Turismo: TUREXPO GALICIA 2013, onde o noso Concello ía participar para amosar as nosas bondades como concello, como destino turísco paisaxístico, artesanal e gastronómico.
Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello desprazaronse o citado evento para disfrutar deste evento e fomentar este tipo de actuacións por parte do Concello, das cales levamos tempo reclamando se realicen, pero non lonxe, senón no propio concello, como xa solicitamos a través de diferentes actividades que divulguen o noso patrimonio: Carreira Popular, Andaina, Festa da Carne, publicidade e actividades relacionadas co Sendeirismo.....entre outras.
Temos que conseguir que os visitantes e posibles inversores veñan o Concello e o coñezan de primeira man, e non en folletos obsoletos.
Ata o de agora nada de nada, nin unha soa actividade proposta.
Temos que recoñecer que nos sorprendeu grata e positivamente nun principio esta participación nesta feira, onde dende o principio pensamos que estaríamos no Stand da Ribeira Sacra, do cal formamos parte do seu Consorcio de Turimo.
A nosa sorpresa foi que estabamos na da Mancomunidade de Concellos Santa Àgueda¡¡¡¡¡¡
Observamos tamén que o resto de Concellos da Mancomunidade non participaron nin con persoal, nin con case ningún tipo de publicidade dos seus concellos, tan só algúns folletos de casas rurais.....
Consultados varios artesáns do noso Concello, así como outro tipo de empresarios da hostelería ou gastronomía, descubrimos que so algúns deles foran "invitado" a participar en tal evento.....SORPRENDENTE E LAMENTABLE¡¡¡
PODEMOS AFIRMAR POLO TANTO, QUE CREEMOS QUE SE ESTÁ A USAR O NOME DO CONCELLO DA PEROXA PARA CERTOS "USOS" PERSOAIS PARA PUBLICITAR NEGOCIOS PARTICULARES, TANTO EN EVENTOS DESTE TIPO COMO NA REITERACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS ENCAMIÑADOS A BENEFICIAR SEMPRE AOS MESMOS.
As imaxes dos productos do noso concello expostos neste evento parecen confirmar esta afirmación...
No seguinte enlace, información completa desta feira do Turismo Galego:
http://www.turexpogalicia.com/index.php?lang=gl
SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario