O listado que amosamos a continuación indica o número de reclamacións vía Arbitraxe que se fixeron por parte de moitos dos nosos veciños estafados e enganados por unha oficina sita na Peroxa, que nunca estivo a altura das circunstancias e poñendo trabas en todo momento os afectados, e tamén o escaso número de resolucións favorables que se dictaron.
Queremos indicar que neste listado non aparecen TOD@S os que son, xa que moitos dos nosos veciños e veciñas, por motivos varios e incomprensibles non quixeron nin queren a día de hoxe amosarse públicamente como afectados e non presentaron ningún tipo de reclamación, guiados tamén por consellos contradictorios dende a propia oficina.
AGORA QUE XA ESTAMOS MOI PRETO DUNHA DATA NEGATIVA, COMO PODE SER ESTE MESMO VENRES, ONDE SE ANUNCIE POR PARTE DO GOBERNO DO PP A QUITA QUE LLE VAI CORRESPONDER OS MILES DE AFECTADOS, SEGUIMOS SOLICITANDO A COLABORACIÓN DE TODOS/AS PARA RECLAMAR O QUE NOS FOI ROUBADO.
A LOITA TEN QUE CONTINUAR ATA QUE POIDAMOS OS NOSOS CARTOS RECUPERAR ¡¡¡
DENDE ESTA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA UNHA VEZ MÀIS, COMO XA FIXEMOS DENDE O PRIMEIRO DÍA, SEGUIREMOS INFORMANDO E PELEXANDO POR LOITAR POR UNHA SOLUCIÓN CONTRA ESTA ESTAFA MASIVA.
ESTAFA DA QUE MOITOS FOMOS VÍCTIMAS E CON PERFILES MOI DIVERSOS PERO CEBÁNDOSE CRUELMENTE EN VARIOS DOS NOSOS MAIORES, VECIÑOS E VECIÑAS DESTE CONCELLO DE A PEROXA, OS QUE UNHA VEZ MÁIS LLE OFRECEMOS A NOSA COLABORACIÓN E AXUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario